Vida Láctea

Vida Láctea Somos unha empresa de tempo libre que leva 21 anos xa traballando a carón da mocidade, o emprendemento e a creatividade.

🌿 Hoxe Vida Láctea participa no Curso de Guías de Parques Nacionais.Estamos a participar nesta formación, continuando as...
05/10/2026

🌿 Hoxe Vida Láctea participa no Curso de Guías de Parques Nacionais.

Estamos a participar nesta formación, continuando así coa nosa aposta pola formación continua, a educación ambiental e o coñecemento dos nosos espazos naturais protexidos.

Unha oportunidade para seguir aprendendo, compartir experiencias e adquirir novas ferramentas que nos permitan desenvolver actividades cada vez máis responsables, seguras e integradas no territorio.

🏞️ Seguimos formándonos para seguir facendo do medio natural un espazo de aprendizaxe, respecto e participación.

Natureza pnillasatlanticasdegalicia

Rematando setembro, comezamos a voltar unha ollada atrás dun verán intenso. O Campo de Voluntariado do  e Xuventude Gali...
29/09/2026

Rematando setembro, comezamos a voltar unha ollada atrás dun verán intenso. O Campo de Voluntariado do e Xuventude Galicia voltou neste 2026. Despois dun ano de parón, regresamos con máis ilusión ca nunca 💙

👥 13 voluntarias e voluntarios
🌱 4 proxectos vinculados aos ODS
🏡 24 h de limpeza e acondicionamento
🎙️ 26 h de podcast
🎥 30 h de vídeo promocional
🥾 Rutas, actividades náuticas e visitas polo territorio
⛪ E moitas experiencias compartidas!

Unha edición para coidar, descubrir e poñer en valor Samos, creando comunidade e mirando cara ao futuro. 💫

Grazas a todas as persoas que fixeron posible este regreso. Samos 2026, feito! 🙌

🌱 E se a túa próxima idea nacese no rural?Buscamos mozos e mozas de 18 a 30 anos con ganas de coñecer xente, compartir i...
25/09/2026

🌱 E se a túa próxima idea nacese no rural?

Buscamos mozos e mozas de 18 a 30 anos con ganas de coñecer xente, compartir ideas e facer cousas novas no rural.

💚 Se che gusta o rural.
🤝 Se che apaixona axudar.
💡 Se che encanta innovar.
🚀 Se tes unha idea e queres convertela nun proxecto —ou xa tes unha e queres darlle un empurrón—.

LIRES pode ser o teu sitio.

Non fai falta ter experiencia, nin chegar cun proxecto perfecto. Chega con ganas. Nós poñemos o espazo, as ferramentas, o acompañamento e unha comunidade coa que empezar a construír.

📅 7 de outubro | 20:30 h
🥪 Reunión de lanzamento + petisco
📲 Inscríbete escaneando o QR do cartel

O rural necesita ideas. Pode que a seguinte sexa a túa. 🌿

E este é o formulario para anotarse, animádevos!!!
https://forms.gle/4Xyo2NJum1ZA1dTg9

E así, case sen darnos conta... chegamos ao final deste verán! ☀️Durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro no C...
21/09/2026

E así, case sen darnos conta... chegamos ao final deste verán! ☀️

Durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro no Campamento de Verán do foron semanas cheas de xogos, risas, aventuras e momentos que queremos gardar para sempre. Tivemos días de saídas e paseos, xogos e diversión, manualidades, experimentos, e moitas, moitas sorpresas! Pero o máis importante é que nos levamos un verán cheo de momentos compartidos, novas amizades e recordos que nos acompañarán durante moito máis tempo.

Grazas a todos os peques por encher cada día coa súa ilusión, enerxía e sorrisos. E grazas tamén ás familias por confiar sempre en nós e acompañarnos un verán máis. 🫶

Grazas por formar parte desta aventura. Vémonos na próxima! 💛

🌞

🏠 ¿La vivienda ha hecho tu vida más difícil? Tu experiencia importa.¿Pagas más de lo que puedes permitirte por tu vivien...
07/09/2026

🏠 ¿La vivienda ha hecho tu vida más difícil? Tu experiencia importa.

¿Pagas más de lo que puedes permitirte por tu vivienda? ¿Vives en un espacio frío, masificado o inseguro? ¿No tienes una vivienda estable? 🏡

El proyecto EU-CIEMBLY te invita a participar en una Asamblea Ciudadana Europea online sobre vivienda, un espacio para compartir experiencias, escuchar diferentes perspectivas y contribuir al debate sobre posibles soluciones a nivel europeo. 🇪🇺

💻 ¿Qué implica participar?
Tres sesiones online de aproximadamente 2,5 horas:
📅 16 de noviembre
📅 19 de noviembre
📅 3 de diciembre de 2026

🎁 30 € en vales por cada sesión, hasta un máximo de 90 €, además de un certificado de participación.

🌍 La Asamblea se desarrollará en español, inglés, alemán, griego y portugués. No necesitas conocimientos especializados: solo tu experiencia y tu voz.

👉 Regístrate aquí: https://methodsinnovation.questionpro.com/eu-ciembly
⏰ Inscripciones abiertas hasta el 31 de octubre de 2026.
💙 Ayúdanos a difundir esta oportunidad: comparte esta publicación con personas de tu entorno cuya experiencia con la vivienda pueda aportar una perspectiva importante.

Más información sobre el proyecto: https://www.eu-ciembly.eu/

Último día do campa de Area 🏝 de Xuventude Xunta de Galicia  Dende aquí queremos dar as grazas a todos os participantes ...
05/09/2026

Último día do campa de Area 🏝 de Xuventude Xunta de Galicia
Dende aquí queremos dar as grazas a todos os participantes e as participantes por crear este verán momentos únicos.

Unha aperta moi grande a tod@s 💚

30/08/2026
Comezamos o Surf na Mariña +18! 🌊🏄‍♀️🏄‍♂️A aventura xa está en marcha na Devesa, en Ribadeo, e estes días veñen cargados...
27/08/2026

Comezamos o Surf na Mariña +18! 🌊🏄‍♀️🏄‍♂️

A aventura xa está en marcha na Devesa, en Ribadeo, e estes días veñen cargados de mar, deporte, natureza e novas experiencias. 🌿🌊

E, como non podía ser doutro xeito, comezamos facendo surf! 🏄‍♂️🔥 Unha primeira toma de contacto coas ondas para aprender, desfrutar e vivir a Mariña dun xeito diferente.

Pero isto só acaba de comezar… Nos vindeiros días agárdannos tamén bodyboard, xogos deportivos na praia, rutas e visitas pola contorna, veladas temáticas e moitos momentos para compartir. 🙌

Cinco días por diante para desconectar da rutina, coñecer xente nova, superar retos e, sobre todo, g***r do verán en Galicia a pé de mar. ☀️🌊

Todo listo na Mariña.
Que comece a aventura! 💙🏄

25/08/2026

O campo de voluntariado Xuventude é Camiño de en Palas de Rei, chegou ó seu fin. Neste video amosámovos un pequeno resumo do acontecido e vivido nestes días. Deica o año que ven!!! e CamiñoPalasderei

💚 E así chegamos ao final…Parece que foi onte cando comezabamos a primeira quenda e, case sen darnos conta, hoxe toca de...
24/08/2026

💚 E así chegamos ao final…

Parece que foi onte cando comezabamos a primeira quenda e, case sen darnos conta, hoxe toca despedir a última. Remata a 4ª quenda e con ela pechamos un verán inesquecible en Os Chacotes de Xuventude Xunta de Galicia

Foron días de xogos, aventuras, veladas, risas, algunha que outra trasnada, pouco sono e, sobre todo, moitísimos momentos que quedarán para sempre con nós.

E detrás de cada un deles estiveron os nosos monitores e monitoras, acompañando, coidando, animando e conseguindo que cada día fose especial. Nesta última quenda volveron demostrar que ser moni é moito máis que organizar actividades: é estar aí, compartir, escoitar e facer que cada neno e nena leve para casa un anaco de Chacotes. 💚

Grazas a todas as persoas que formastes parte deste verán: participantes, familias, equipo de cociña, persoal e, por suposto, a todos os monitores e monitoras que deixastes a vosa pegada en cada quenda.

Pechamos as portas por este verán, pero levamos a mochila ben cargada de historias, amizades e recordos.

Ata a próxima, Chacotes! 💚

Dirección

RÚA PINTOR CORREDOIRA, 4
Santiago De Compostela
27002

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Vida Láctea publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir