29/10/2021
👋 Ola! O meu nome é Xoel Rodríguez e son alumno titor da Facultade de Ciencias da Comunicación.
📉 Nesta ocasión diríxome a vós, compañeiros e compañeiras, para falarvos dunha cuestión que, de seguro, aínda non coñecedes, pero que é moi importante tanto para a Facultade como para nós mesmos. Trátase do descenso no que se denomina “taxa de eficiencia”.
🔎 Que é esta taxa?
Esta taxa é unha relación entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación e o número total de créditos nos que se matriculou.
❗ Por que é relevante?
Porque se trata dun indicador da calidade do noso título. Aínda que se atopa arredor do 90% no Grao de Xornalismo, é certo que se ven producindo un descenso continuado da mesma, un feito que ten repercusións directas sobre a calidade.
💪 Como podemos mudar isto?
É moi simple. Convén que, no momento de matricularse, prestemos máis atención e valoremos dun modo realista e obxectivo as nosas necesidades, escollendo unha cantidade de créditos máis adaptada ás nosas circunstancias.
🎓 Lembrade, por último, que calidade e o recoñecemento que teñan os nosos títulos dependen directamente das accións que tomamos todos e todas os membros da Facultade. Un saúdo!