Citop Galicia

Citop Galicia

Compartir

Colegio de Ingenieros Técnicos de Obras Públicas de la Zona Galicia

14/08/2026

📢 OFERTA LABORAL | Reforza Consultoría Técnica busca Técnico/a de Estruturas en Pontevedra
🏗️ofrécese posto presencial a xornada completa para Enxeñeiro/a en estruturas de edificación e obra civil.
📌 Posto: Técnico/a de Estruturas
📌 Localización: Pontevedra
📌 Condicións: Contrato fixo, paquete salarial competitivo e xornada intensiva flexible de mañá.
📐 Principais tarefas: Cálculo de solucións estruturais, elaboración de planos/modelos dixitais, informes periciais, geotecnia e patoloxía estrutural.
🎓 Requisitos: Titulación en Enxeñería Civil, Ing. Técnica Industrial, Ing. Industrial ou Arquitectura, con dominio de software CAD e cálculo de estruturas. (Valoraranse coñecementos en BIM e redactado de memorias).
📧 Envía o teu currículum vítae a [email protected]

Photos from Citop Galicia's post 28/07/2026

Finalizamos o curso "Descarbonización Industrial e Tecnoloxías de Captura, Transporte, Almacenamento e Uso do CO₂: Unha Visión Atlántica", e non queriamos facelo sen dar as grazas a todas as persoas que o fixeron posible.

Grazas aos organizadores, relatores, asistentes e colaboradores polo voso tempo, implicación e ganas de compartir coñecemento. Foi un pracer contar con profesionais comprometidos co reto da descarbonización e xerar un espazo de aprendizaxe, intercambio de ideas e colaboración.

Queremos facer unha mención especial a Rodrigo López Piquin, representante de CITOP, pola súa participación como relatora nunha das sesións do curso, compartindo a súa experiencia e contribuíndo ao enriquecemento deste encontro.

Esperamos que este curso fose tan enriquecedor para vós como o foi para nós.

28/07/2026

📢 CONVENIO COLEXIAL |
Beneficios en aloxamentos para colexiados
Ofrecemos a todos os colexiados/as da Zona de Galicia un 12% de desconto en toda a cadea Eurostars Hotel Company.
🔹 Vantaxes: Sen gastos de xestión, pago directo no hotel a máis de 280 destinos a a túa disposición.
🔹Solicitude de código: Contacta ca secretaría da Zona de Galicia para obter o teu código promocional exclusivo.
🔹Reservas: En eurostarshotels.com unha vez dispoñas da túa clave.
Contacta connosco e empeza a planificar a túa próxima estancia 📲

Photos from Citop Galicia's post 15/07/2026

O CITOP Galicia, representado polo tesoureiro José Manuel Piñeiro, acompañou este sábado 11 de xullo aos novos enxeñeiros civís no acto de graduación da Escola Politécnica Superior de Lugo. Un orgullo compartir este momento e celebrar o talento que vén impulsando o futuro da enxeñaría na nosa terra

Photos from Citop Galicia's post 22/06/2026

🔵 Éxito rotundo no II Simposio de Innovación Tecnolóxica e Profesional en Santiago de Compostela! 🔵

O pasado sábado 20 de xuño, o Hotel Oca Porta do Camiño converteuse no punto de encontro da enxeñería e o ámbito profesional da nosa comunidade. Unha xornada magnífica para debater sobre os avances técnicos e os retos de futuro que afrontamos na rexión.

🏆 Recoñecemento ao compromiso: Premios á Excelencia

O momento máis emotivo chegou coa entrega dos Premios á Excelencia e ao Compromiso Profesional. Nesta edición, o galardón correspondente ao noso Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas da Zona de Galicia foi outorgado a D. Alfredo Montero Vaz, en recoñecemento á súa impecable traxectoria e á súa constante implicación co prestixio da profesión.

🤝 O premio foi entregado en man polo noso decano en Galicia, D. José Fernández Parajes.

Este encontro reafirma a importancia da innovación e a cooperación para seguir avanzando xuntos.

Moitísimas grazas a todos os que nos acompañastes neste día tan especial! 🦺🏗️

22/05/2026

Próxima cita en Burgos! O sábado 20 de xuño celebramos a Asemblea Xeral Nacional do CITOP.

Xuntarémonos no Fórum Evolución Burgos (o Palacio de Congresos) para repasar todo o traballo do ano do Colexio e tratar os puntos clave do día.

Se tedes pensado ir, acordádevos de que o prazo límite para inscribirse e reservar hotel cos prezos especiais que nos deixan remata o 10 de xuño.

Deixamos por aquí os enlaces directos para telo todo a man:

🌐 Información xeral na web: 👉 https://ingenieros-civiles.es/actualidad/actualidad/1/2098/convocada-asamblea-general-del-colegio-de-ingenieros-tecnicos-de-obras-publicas

📝 Formulario para apuntarse á Asemblea: 👉 https://forms.cloud.microsoft/pages/responsepage.aspx?id=CweZ1Tur8EioqA1G-y0DSOCWH65SWn5IiO5QvqP4SYRUQTg1Tk01SlRGQUlFRzhBNVkzVlZQNlZYVi4u&route=shorturl

📋 Dossier completo (hoteis, ceas e actividades): 👉https://ctpmedia.s3.dualstack.eu-central-1.amazonaws.com/colegio/archivos/DOSSIER-19.05.2026.pdf

⚠️ Aviso: Se tedes algunha intolerancia ou alerxia alimentaria, por favor, avisade antes do 15 de xuño a [email protected] para que o poidamos organizar co cátering.

Vémonos en Burgos! 🛠️🏢

15/05/2026

📢 OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2026

CASA47 (Entidade Estatal de Vivenda) acaba de publicar unha nova convocatoria de emprego

Están a reforzar os seus equipos técnicos para o desenvolvemento de novas actuacións urbanísticas en todo o territorio e buscan incorporar:

🔹 2 prazas de Enxeñería Técnica de Obras Públicas / Grao en Enxeñería de Obras Públicas (ou equivalencias nivel 2 MECES / nivel 6 Marco Europeo).

É unha moi boa oportunidade para integrarse na administración pública. O requisito indispensable é contar coa titulación (ou cumprir as condicións para a súa obtención) antes de que remate o prazo de presentación de solicitudes.

No seguinte enlace tedes toda a información, os detalles dos requisitos e o acceso directo ás bases da convocatoria:

👇 Bases e inscrición aquí:
https://www.casa47.es/w/casa-47-publica-una-nueva-convocatoria-de-empleo-p%C3%BAblico-para-incorporar-38-profesionales-con-distintos-perfiles

09/04/2026

Comunicado: Certificado da Renda 2025 📑
Informamos a todos os colexiados e colexiadas que xa está dispoñible para a súa descarga o certificado de cotas colexiais correspondente ao exercicio 2025.

Como sabedes, a Campaña da Renda 2025 decorre entre o 8 de abril e o 30 de xuño. Queremos lembrarvos que o importe da cota colexial é deducible na vosa declaración, sempre que esteades a exercer a profesión.

Importante: Esta dedución non adoita aparecer por defecto no borrador, polo que debedes incluíla manualmente para beneficiarvos dela.

Descarga o teu certificado aquí:
👉 Acceso ao Certificado Renda 2025 https://ingenieros-civiles.es/empleo/acceso.php?log=/servicios/certificado2025.php


Se tes calquera dúbida ou precisas asistencia técnica coa descarga, non dubides en contactar coa secretaría do Colexio.

30/03/2026

Traballa con total liberdade e respaldo! 🛡️👷‍♂️

Como colexiado do CITOP, contas co respaldo das franquicias MAPFRE e ALKORA en cada un dos teus proxectos. O noso Seguro de Responsabilidade Civil Profesional 2026 é un dos máis robustos do sector:

🔹 3,5 Millóns de euros de límite de indemnización.
🔹 0€ de franquía (porque a túa tranquilidade non ten prezo).
🔹 Defensa xurídica e penal incluída.
🔹 Cobertura mundial para os teus proxectos internacionais.

Lembra: a póliza ampara danos privados, materiais e patrimoniais derivados da túa actividade profesional.

🔗 Para máis información preme no enlace
https://ingenieros-civiles.es/servicios/servicios?id=75

16/03/2026

Visita técnica ás obras do acceso ferroviario ó Porto Exterior da Coruña
do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas.
CITOP de Galicia organizou recentemente unha xornada técnica para coñecer o avance das obras do acceso ferroviario a Punta Langosteira. A visita estivo integrada por diversos colexiados da zona, encabezada polo decano, José Fernández Parajes, e a vocal da Xunta de Goberno da Coruña, Verónica García Castiñeiras.

A xornada contou co asesoramento experto dos responsables directos do proxecto, quenes detallaron os fitos desta infraestrutura estratéxica executada por Adif, Dolores Salorio, Directora de obra, Carlos Balado: Xefe de obra e xerente da UTE (Sacyr-Cavosa-Taboada Ramos Construción) e José Antonio Brieva: Representante da asistencia técnica (UTE Saitec e Galaicontrol).

Durante o percorrido, analizouse o desenvolvemento dos dous túneles que definen o trazado, especial atención recibiu o Túnel 1, peza crave da enxeñería do proxecto, xa que representa o 55% da lonxitude total do tramo de 6,7 km que servirá de nexo entre o Porto Exterior e o Eixo Atlántico.

Esta infraestrutura, vital para a competitividade loxística da rexión, finánciase integramente a través dos fondos Next Generation da Unión Europea, dentro do Plan de Recuperación.

As obras, baixo a execución de Adif AV/AV, son o resultado do convenio de colaboración subscrito polo Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible, Portos do Estado e a Autoridade Portuaria da Coruña, consolidando así unha aposta firme pola mobilidade sostible e a eficiencia no transporte de mercadorías.

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Santiago de Compostela?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Teléfono

Página web

Dirección


Plaza Europa
Santiago De Compostela
15707

Horario de Apertura

Lunes 08:45 - 14:15
Martes 09:00 - 14:00
Miércoles 09:00 - 14:00
Jueves 09:00 - 14:00
Viernes 09:00 - 14:00