30/07/2026
A profa. Silvana Longueira Matos impartíu a conferencia de apertura das “XII Xornadas de Innovación Educativa” na Universidade de Valencia
O martes 21 de xullo a profesora Silvana Longueira Matos foi a encargada de impartir a conferencia de apertura das XII Xornadas de Innovación Educativa na Universidade de Valencia cunha conferencia titulada Educar per a un futur sostenible: la incorporació de la sostenibilitat en les titulacions universitàries. Fonte: Grupo TEXE.
A profa. Silvana Longueira Matos impartíu a conferencia de apertura das “XII Xornadas de Innovación Educativa” na Universidade de Valencia
O martes 21 de xullo a profesora Silvana Longueira Matos foi a encargada de impartir a conferencia de apertura das XII Xornadas de Innovación Educativa na Universidade de Valencia cunha conferenci…
29/07/2026
O GI-TeXe leva colaborando con AGARESO desde hai catro anos, unha das entidades de referencia no ámbito da comunicación para o cambio social en Galicia. Esta colaboración resulta especialmente valiosa para o noso grupo, xa que favorece espazos de reflexión e diálogo enriquecedores, ao tempo que nos permite manter un contacto directo coa realidade social e educativa, así como cos desafíos e temáticas emerxentes que están a marcar a práctica educativa na actualidade.
Neste caso presentamos unha infografía derivada da colaboración do curso 2025-2026 que xerou novas discusións sobre a Educación para a Cidadanía Global, a infodemia, a educación dixital e mediática dentro do grupo, co noso alumnado, co equipo técnico da entidade e co alumnado e o profesorado dos Centros Educativos de Educación Secundaria onde se desenvolve o proxecto EpDLab en Galicia.
Grazas pola oportunidade!
Para máis información: https://texe.gal/epdlab/
28/07/2026
Nelly Fortes González acada a máxima cualificación Cum Laude na defensa da súa tese de doutoramento sobre a colaboración entre institucións artísticas e escolas
A investigadora Nelly Fortes González, membro do grupo de investigación Terceira Xeración, defendeu con éxito a súa tese de doutoramento titulada Formatos de colaboración entre institucións artísticas e escolas. Un estudo interpretativo dende a pedagoxía das artes, obtendo a máxima cualificación académica de Sobresaliente Cum Laude. A investigación constitúe unha achega relevante ao campo da educación artística ao analizar e interpretar os diversos modelos de colaboración que se desenvolven entre centros educativos e institucións artísticas e culturais....
Nelly Fortes González acada a máxima cualificación Cum Laude na defensa da súa tese de doutoramento sobre a colaboración entre institucións artísticas e escolas
A investigadora Nelly Fortes González, membro do grupo de investigación Terceira Xeración, defendeu con éxito a súa tese de doutoramento titulada Formatos de colaboración entre inst…
29/06/2026
Silvana Longueira e Marcos Pequeño participarán mañá no encontro “Experiencias de innovación docente y universitaria en el cumplimiento del ODS 4: Derecho a la educación de calidad” que se celebrará en liña
O encontro ten como propósito crear un espazo de diálogo e intercambio entre equipos docentes universitarios, grupos de investigación e innovación educativa, así como estudantado, organizacións da sociedade civil e cidadanía en xeral comprometidas co dereito a unha educación de calidade, inclusiva e equitativa, en consonancia co Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable 4 (ODS 4) e cos dereitos dixitais. As persoas participantes compartirán as súas experiencias, proxectos, boas prácticas e iniciativas relacionadas coa investigación aplicada, a innovación educativa, as metodoloxías de aprendizaxe con compoñente comunitario e as accións de mobilización cidadá polo dereito humano á educación....
Silvana Longueira e Marcos Pequeño participarán mañá no encontro “Experiencias de innovación docente y universitaria en el cumplimiento del ODS 4: Derecho a la educación de calidad” que se celebrará en liña
O encontro ten como propósito crear un espazo de diálogo e intercambio entre equipos docentes universitarios, grupos de investigación e innovación educativa, así como estudantado, organizacións da…
16/06/2026
Marcos Pequeño Goris presenta dúas investigacións sobre cidadanía global no XIX Seminario Internacional de Educación Ambiental.
Do 10 ao 12 de xuño de 2026 tivo lugar o XIX Seminario Internacional de Investigación en Educación Ambiental e Educación para o Desenvolvemento Sostible: Acción educativa para conectar natureza e benestar. Nel, o noso compañeiro Marcos Pequeño Goris presentou dúas comunicacións: “A Educación para a cidadanía global en Galicia. Unha análise diacrónica do estado da cuestión” e “Educación para o desenvolvemento sostible e a cidadanía global. Unha ollada desde a pedagoxía”. A primeira das comunicacións refírese a un estudo sobre a ECG en Galicia. Fonte: Grupo TEXE.
Marcos Pequeño Goris presenta dúas investigacións sobre cidadanía global no XIX Seminario Internacional de Educación Ambiental.
Do 10 ao 12 de xuño de 2026 tivo lugar o XIX Seminario Internacional de Investigación en Educación Ambiental e Educación para o Desenvolvemento Sostible: Acción educativa para conectar natureza e …
01/06/2026
A profesora e compañeira do Grupo TEXE Silvana Longueira Matos estará entre as panelistas do conversatorio en liña “Educación ambiental para la sustentabilidad: retos y perspectivas”
Participa en el conversatorio en línea "Educación ambiental para la sustentabilidad: retos y perspectivas" que se realizará dentro de las actividades de la Semana del Medio Ambiente 2026 en el marco de la celebración del 🌳🐻🌳
📆 2 de junio de 2026
⏰ 13:00 horas
🏫 Facebook live UANL Sustentable
¡Participa y comparte!
29/05/2026
Actividade de fin de curso co alumnado de ópera do IV Ciclo do Campus de Lugo
O xoves 28 de maio, dentro do marco da materia “A ópera dos séculos XVII-XXI: teatro e cine”, coordinada e impartida polas docentes D.ª María González Blanco e D.ª Lusine Grigoryan Zohrabyane pertencente ao plan de estudos do Diploma Sénior en IV Ciclo no Campus de Lugo, levamos a cabo como actividade de fin de curso unha charla e concerto de órgano na Catedral de Lugo....
Actividade de fin de curso co alumnado de ópera do IV Ciclo do Campus de Lugo
O xoves 28 de maio, dentro do marco da materia “A ópera dos séculos XVII-XXI: teatro e cine”, coordinada e impartida polas docentes D.ª María González Blanco e D.ª Lusine Grigoryan …
08/05/2026
O "VIII Congreso Internacional de Estudios del Desarrollo (CIED)" celebrarase en Santiago de Compostela do 28 ao 30 de octubro de 2026
https://texe.gal/viii-congreso-cied/
06/05/2026
Esta semana celébranse as XII Xornadas de Educación para a Cidadanía Global (ECG) na Facultade de CC da Educación da USC
O venres 8 de maio en formato en liña a través da plataforma MSTeams haberá unha sesión plenaria no marco das XII Xornadas de Educación para a Cidadanía Global coorganizadas polo Grupo TEXE xunto coa Campaña Mundial Pola Educación (Galicia) e a ONGD Ecos do Sur. Nesta sesión diferentes entidades presentarán o seu marco de traballo e algunhas das actividades que están a desenvolver....
https://texe.gal/esta-semana-celebranse-as-xii-xornadas-de-educacion-para-a-cidadania-global-ecg-na-facultade-de-cc-da-educacion-da-usc/
28/04/2026
Stefany Sanabria e Marcos Pequeño participaron no 13º Congreso Internacional de ApS(U) celebrado en Bilbao
Os días 22, 23 e 24 de abril tuvo lugar o Congreso Internacional de ApS(U), celebrado en Bilbao. No encontro participaron os nodos compañeiros Stefany Sanabria e Marcos Pequeño presentado as experiencias de Aprendizaxe-Servizo que están a desenvolver o Grupo de Investigación Terceira Xeración coa Campaña Mundial pola Educación e con Ecos do Sur. Fonte: Grupo TEXE.
Stefany Sanabria e Marcos Pequeño participaron no 13º Congreso Internacional de ApS(U) celebrado en Bilbao
Os días 22, 23 e 24 de abril tuvo lugar o Congreso Internacional de ApS(U), celebrado en Bilbao. No encontro participaron os nodos compañeiros Stefany Sanabria e Marcos Pequeño presentado as exper…