Universidade de Santiago de Compostela

Universidade de Santiago de Compostela 🎓 Perfil oficial da Universidade de Santiago de Compostela. A USC nótase. 📍 Santiago e Lugo

✨ Moitas grazas a todas as persoas que vos achegástedes ao relatorio que a Premio Nobel de Física en 2023, Anne L´huilli...
05/10/2026

✨ Moitas grazas a todas as persoas que vos achegástedes ao relatorio que a Premio Nobel de Física en 2023, Anne L´huillier, ofreceu para toda a cidadanía no marco do Programa ConCiencia, da USC e o Consorcio de Santiago

Nunha tarde inesquecible, a profesora L´huillier falou ante centos de persoas sobre ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’.

👩‍🎓 A Premio Nobel de Física en 2023 Anne L'Huillier xa está en Compostela, onde este venres 2 de outubro, ás 19.30 hora...
01/10/2026

👩‍🎓 A Premio Nobel de Física en 2023 Anne L'Huillier xa está en Compostela, onde este venres 2 de outubro, ás 19.30 horas, ofrecerá unha conferencia aberta ao conxunto da cidadanía no marco do Programa ConCiencia da USC e o Consorcio de Santiago. Baixo o título ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’, o relatorio, de acceso libre ata completar a capacidade do espazo, desenvolverase no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23).

A profesora L'Huillier iniciou a súa estadía en Compostela mantendo unha xuntanza coa reitora Rosa M. Crujeiras, así como un encontro cos medios de comunicación no que repasou a súa traxectoria científica e diversas cuestións de actualidade que afectan ao mundo da ciencia, entre elas, o acceso das mulleres á investigación.

🗞️ https://www.usc.gal/gl/programa-conciencia/novas/anne-lhuillier-nobel-fisica-mulleres-querian-dedicar-ciencia-expulsadas-sistema

🏅 A Premio Nobel de Física en 2023 Anne L'Huillier visita esta semana Compostela no marco do Programa ConCiencia da Univ...
28/09/2026

🏅 A Premio Nobel de Física en 2023 Anne L'Huillier visita esta semana Compostela no marco do Programa ConCiencia da Universidade de Santiago de Compostela e o Consorcio de Santiago

📅 2 de outubro
⏰ 19.30 h
📍 Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23)
📣 Conferencia ‘O mundo dos átomos á escala de tempo do attosegundo’
🤗 Aberta ao conxunto da cidadanía. Agardamos por ti!

🗞️ https://www.usc.gal/gl/programa-conciencia/novas/premio-nobel-fisica-2023-anne-lhuillier-visita-semana-compostela-marco-programa-conciencia

25/09/2026

🟣 “Estes premios representan unha maneira diferente de facer universidade e son un reflexo da sociedade que queremos e do papel que esta universidade debe ter”. Con estas verbas definiu a reitora Rosa M. Crujeiras os Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación.

O acto de entrega de galardóns desenvolveuse este venres 25 no Salón Nobre do Colexio de Fonseca e no transcurso do mesmo a reitora destacou que este é o “recoñecemento da Universidade de Santiago de Compostela e do Concello de Santiago ao labor desenvolvido por persoas que incorporan a perspectiva feminista á docencia e á investigación, contribuíndo así ao avance cara un coñecemento máis inclusivo, máis plural e máis comprometido coa comprensión crítica das desigualdades e coa construción dunha sociedade máis xusta”.

🎼 Nace ‘Sons de Peto’, un ciclo para explorar outras maneiras de escoitar, compartir e vivir a música na Igrexa da Unive...
24/09/2026

🎼 Nace ‘Sons de Peto’, un ciclo para explorar outras maneiras de escoitar, compartir e vivir a música na Igrexa da Universidade.

🗞️ https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/nace-sons-peto-ciclo-explorar-outras-maneiras-escoitar-compartir-vivir-musica-igrexa-universidade

🎶 Nace ‘Sons de Peto’, un ciclo que levará á Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela unha programación de formatos reducidos pensada para explorar outras maneiras de escoitar, compartir e vivir a música na Igrexa da !

➡️ O ciclo basearase en propostas acústicas e semiacústicas, cunha capacidade máis reducido do habitual e unha especial atención á relación entre as persoas creadoras e o público. ‘Sons de Peto’ convida artistas da escena galega a presentar os seus traballos desde perspectivas diferentes ás habituais e a experimentar con outros modos de interpretar e compartir as súas creacións. O resultado son propostas pensadas para favorecer unha escoita máis próxima e directa e para poñer en valor, ao mesmo tempo, a singularidade arquitectónica e acústica da Igrexa da Universidade. O nome do ciclo toma como referencia a idea dos libros de peto e trasládaa ao ámbito musical: actividades e concertos de dimensión reducida que permiten establecer unha relación máis directa entre o que acontece no escenario e as persoas que o comparten.

📆 A primeira programación do ciclo inclúe o concerto de Abril, o mércores 7 de outubro ás 20.30 horas; o obradoiro de canto con Guadi Galego ‘Pélago. Contos oníricos’, o sábado 17 de outubro, de 10.30 a 14.00 horas; e o concerto de Laura LaMontagne ‘A vida fóra dos versos’, o mércores 11 de novembro ás 20.30 horas. O obradoiro de canto con Guadi Galego será de balde, con inscrición previa a través da web da USC, no apartado de Cultura, ata o 2 de outubro.

➕ Info na ligazón ás novas da nosa bio

🌍 A USC reforza a súa proxección europea.Dende o pasado mes de xullo, a USC coordina a Rede de Oficinas Europeas da CRUE...
24/09/2026

🌍 A USC reforza a súa proxección europea.

Dende o pasado mes de xullo, a USC coordina a Rede de Oficinas Europeas da CRUE (Rede OE), unha das cinco redes de traballo da Comisión Sectorial de I+D+i de CRUE Universidades Españolas.

Unha responsabilidade que impulsa a participación das universidades españolas nas iniciativas europeas de I+D+i e fortalece a súa conexión co ecosistema europeo de ciencia e innovación 🔬

Dirección

Praza Do Obradoiro, S/N
Santiago De Compostela
15707

Teléfono

+34881810000

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Universidade de Santiago de Compostela publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Universidade de Santiago de Compostela:

Atajos

Compartir

Categoría