09/10/2026
🌉 [VI Diálogos interculturais: "Construíndo pontes"]
💬 IDENTIDADE DOCENTE, RELACIÓNS ÉTNICO-RACIAIS E CRISE CLIMÁTICA
🌱 Como constrúen as/os educadoras/es ambientais as respostas educativas á crise climática en contextos socioambientais diversos? De que xeito as identidades étnico-raciais, de xénero ou de traxectoria docente inflúen nas respostas educativas a dita crise?
🔎 O Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental SEPA-interea ten o pracer de anunciar a celebración da VI edición dos nosos Diálogos Interculturais "Construíndo Pontes". Nesta ocasión contaremos coa participación de Flavia Costa Lima Dubberstein, investigadora predoutoral brasileira que está a realizar a súa tese de doutoramento sobre a relación entre as identidades étnico-raciais docentes coas súas prácticas educativas ante a dacrise climática no marco do Programa de Equidade e Innovación en Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
📍 A actividade terá lugar o próximo mércores 14 de outubro de 16h a 18h na Sala Frei Martín Sarmiento da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida - Módulo A). Tamén se está a prever a posibilidade de seguir a actividade a distancia por streaming (para máis información sobre esta modalidade, atención ás nosas redes sociais nos próximos días!).
✨ Convidámosvos a asistir e a dialogar connosco sobre estas temáticas de investigación tan suxerentes.
🙋♀️Breve biografía da ponente:
Pedagoga cun Máster en Educación pola Universidade Federal do Espírito Santo (UFES) e actualmente investigadora predoutoral no Programa de Doutoramento en Equidade e Innovación en Educación da Universidade de Santiago de Compostela, Flavia Costa Lima Dubberstein suma máis de 18 anos de traxectoria na docencia e na xestión pública. Actualmente traballa como Asesora de Xestión Escolar de Tempo Integral na Secretaría Municipal de Educación do municipio de Vila Velha (Espírito Santo, Brasil), rede onde tamén coordinou a área de Estudos Africanos, Afro-brasileiros e Indíxenas. É autora de literatura infanto-xuvenil, consultora de materiais didácticos e mentora de carreira na área do maxisterio, motivada polo propósito de construír unha educación pública ecuánime e antirracista.