05/09/2026
Comeza setembro, remata o verán e inicia unha nova tempada de... Ben, de todo!
A depresión postvacacional pode ser dura, pero non todo é malo!
Volven ás clases de impro a Subterránea da man de Pedro Placer García-Rodeja onde se tocan todos os paus: dende a interpretación e a dramaturxia espontánea ata a reacción e a escoita!
A primeira clase é de proba, mais advertimos que é aditiva! E o que avisa non é traidor!
Contacta connosco se queres experimentar o xogo e a liberdade escénica en estado puro, ou se simplemente queres máis información!
Contacto: Pedro Placer +34 686 52 08 37
Foto: Carlota Mosquera
Diseño gráfico: Diego Salgado