A Casa do Rock

A Casa do Rock A Casa do Rock é unha empresa de formación e produción musical. A nosa filosofia principal é que se pode aprender sen deixar de disfrutar da música.

Dispoñemos dunha escola de música moderna especializada en rock, estudio de gravación, tenda de instrumentos, alugamos backline, concertos didácticos e organizamos eventos musicais. Dispoñemos dunha escola de música moderna especializada en música rock, un estudio de gravación, unha tenda de instrumentos musicais, selo discográfico, unha formación de profesores para concertos didácticos e organizamos eventos musicais. Naceu co obxectivo de ofrecer unha formación de calidade e os servizos necesarios para axudar ós músicos afeccionados, a labrarse unha carreira no mundo da música. Ademáis somos o primeiro centro oficial RockSchool en Santiago, podendo así ofertar unha titulación homologada a nivel europeo para completar os teus estudios musicais.

🎙️ A nosa Helena está rematando as voces do seu novo disco no Estudio A Casa do Rock.Seis temas propios, moi emotivos, c...
29/09/2026

🎙️ A nosa Helena está rematando as voces do seu novo disco no Estudio A Casa do Rock.

Seis temas propios, moi emotivos, cheos de sentimento e cunha historia detrás de cada canción. ❤️‍🔥

Esta semana rematamos a gravación das voces e xa queda menos para que poidades escoitar todo o que estamos preparando 🎶

Proximamente, máis novidades. Estade atentos, porque isto promete! 🔥

15 anos dan para moita música 🎸🥁Moitas grazas a La Voz de Galicia por facerse eco da nosa historia destes 15 anos de A C...
26/09/2026

15 anos dan para moita música 🎸🥁

Moitas grazas a La Voz de Galicia por facerse eco da nosa historia destes 15 anos de A Casa do Rock.

Comezamos con 30 alumnos e hoxe somos unha comunidade de máis de 900 alumnos e alumnas. Medramos moito, pero mantendo a mesma esencia: aprender, tocar, compartir e g***r da música.

Grazas a todas as familias, alumnado, profesorado e equipo que formastes e formades parte desta historia. ❤️

📰 Podes ler aquí a reportaxe completa:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2026/09/26/casa-do-rock-celebra-curso-quince-anos-trayectoria/0003_202609S26C10992.htm

Seguimos facendo canteira! 🤘

Somos Equipo A Casa do Rock


La Voz de Galicia A Casa do Rock

Clases de música en A Casa do Rock. Prepárate para el título oficial RockSchool o disfruta aprendiendo tu instrumento. Guitarra, bajo, batería, piano, canto. ¡Para todas las edades!

24/09/2026

🎛️ Hoxe abrimos as portas do noso estudio!

Ás 20:00 h, nos Estudios A Casa do Rock en Bustelo (Teo), facemos unha xornada de portas abertas do curso de Produción Musical, que comeza este mes de outubro ata xuño.

Se che interesa aprender sobre gravación, edición, mestura e produción musical, podes achegarte hoxe, coñecer o estudo e descubrir como será o curso.

🎙️ E lembra: o noso estudo de gravación tamén está dispoñible para bandas, artistas e proxectos que queiran gravar a súa música.

📍 Bustelo, Teo
🕗 Hoxe ás 20:00 h

📲 https://acasadorock.com/producion_musical/

A Casa do Rock — tamén detrás dos micros. 🎚️

💍 Cásasenos Roque! ❤️Onte quixemos darlle unha pequena sorpresa antes do gran día… e parece que o pillamos totalmente de...
23/09/2026

💍 Cásasenos Roque! ❤️

Onte quixemos darlle unha pequena sorpresa antes do gran día… e parece que o pillamos totalmente desprevido 😂

Xuntámonos parte do equipo para celebralo con el, botar unhas risas e brindar polo que vén.

E, por suposto, non podía faltar a sesión de estilismo nupcial… Mirade que guapo estaba o noivo! 😂🌹

Roque, desfruta moitísimo deste día e desta nova etapa.
De parte de todo o equipo de A Casa do Rock, parabéns aos dous! ❤️

🎒🎶 VOLTA AO COLE… E VOLTA Á MÚSICA!Na tenda de A Casa do Rock xa estamos preparados para comezar o curso a tope. 🤘🌈 Ukel...
14/09/2026

🎒🎶 VOLTA AO COLE… E VOLTA Á MÚSICA!

Na tenda de A Casa do Rock xa estamos preparados para comezar o curso a tope. 🤘

🌈 Ukeleles de todas as cores, tamaños e para todos os niveis, perfectos para iniciarse na música, levar ás clases ou simplemente empezar a tocar e pasalo ben.

Pasa pola nosa tenda e atopa o teu.
Porque a volta ao cole… con música mola moito máis! 🎸

11/09/2026

🎸 PORTAS ABERTAS · BAIXO ELÉCTRICO 🤘

Este curso en A Casa do Rock queremos poñer en marcha un novo grupo de iniciación ao baixo eléctrico.

Se sempre tiveches ganas de aprender a tocar o baixo, este é o momento: ven probar unha clase gratuíta con Juan, o noso profe de baixo, e descubre como traballamos na escola.

⚡ Non necesitas experiencia previa.
⚡ Grupo de iniciación.
⚡ Mércores ás 20:00 h.
⚡ Prazas limitadas e proba con cita previa.

Baixo, música e tocar en grupo desde o principio. Porque o baixo non sempre está diante… pero cando falta, nótase. 😎

📲 Reserva a túa proba:
WhatsApp: 628 119 982
Teléfono: 881 979 660
✉️ [email protected]

Escríbenos e vén probar! 🤘

🎸 PORTAS ABERTAS EN A CASA DO ROCK 🤘Este setembro abrimos as portas para que veñas probar, coñecer a escola e descubrir ...
10/09/2026

🎸 PORTAS ABERTAS EN A CASA DO ROCK 🤘

Este setembro abrimos as portas para que veñas probar, coñecer a escola e descubrir novas formas de vivir a música.

🎸 Grupo de guitarra iniciación
→ Martes 20:30
→ Venres 20:00

🎸 Grupo de baixo iniciación
→ Mércores 20:00

🎤 Coro
→ Luns 20:00

🎛️ Produción musical
→ Xoves 20:00

🎭 Teatro musical
→ Mércores 16:30
→ Xoves 17:00
→ Xoves 18:00

🎶 Iniciación á música · 3 a 6 anos
→ Venres 17:00–17:30

📅 Probas con cita previa. Escríbenos e organizamos a túa para que veñas probar sen compromiso!

📲 WhatsApp: 628 119 982
☎️ Escola: 881 979 660
📩 [email protected]
🌐 www.acasadorock.com

🔥 15 anos facendo música. Agora tócache probar a ti!

08/09/2026

Facer unha foto de equipo en A Casa do Rock é case máis complicado que montar un festival 😂

Que se pasan coches, que aparecen peregrinos, que somos unha tropa, que nunca conseguimos estar TODOS á vez… Pero aí estamos! 🤘

Arrancamos o curso 2026/27, celebramos 15 anos de A Casa do Rock e facémolo como máis nos gusta: xuntándonos, con pinchos, risas, reunión de equipo e moitas ganas de pasalo ben.

Non estamos todos na foto, pero si somos todos parte deste EQUIPAZO. ❤️

Temos por diante un curso moi especial e pinta espectacular.

Moita música, moitas risas e moito rock & roll.

🔥 Imos a por todas, equipo!

🎸 BUSCAMOS BAIXISTAS PARA OS NOSOS COMBOS!Queres tocar nunha banda de verdade? Temos prazas dispoñibles para baixistas n...
06/09/2026

🎸 BUSCAMOS BAIXISTAS PARA OS NOSOS COMBOS!

Queres tocar nunha banda de verdade? Temos prazas dispoñibles para baixistas nos combos de A Casa do Rock.

🔥 PRAZAS DISPOÑIBLES:

🎸 Luns · 19:00–20:00 → Adultos
🎸 Mércores · 19:00–20:00 → Adolescentes
🎸 Mércores · 21:00–22:00 → Adultos
🎸 Xoves · 20:00–21:00 → Adolescentes
🎸 Venres · 19:00–20:00 → 18–20 anos

Ensaios semanais, repertorio en grupo e concertos en directo durante o curso.

⚡ Se tocas o baixo e queres formar parte dunha banda, esta é a túa oportunidade.

📍 A Casa do Rock · Santiago de Compostela
📲 WhatsApp: 628 11 99 82
☎️ Teléfono: 881 979 660
✉️ [email protected]

👉 Matrícula curso 2026/27:
acasadorock.com/matricula-26-27/⁠

06/09/2026

Dirección

Rosalía De Castro Nº 33
Santiago De Compostela
15701

Horario de apertura

Lunes 09:30 - 14:00
16:00 - 19:00
Martes 09:30 - 14:00
16:00 - 19:00
Miércoles 09:30 - 14:00
16:00 - 19:00
Jueves 09:30 - 14:00
16:00 - 19:00
Viernes 09:30 - 14:00
16:00 - 19:00

Teléfono

+34881979660

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando A Casa do Rock publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a A Casa do Rock:

Atajos

Compartir

Categoría