28/07/2026
Grazas a unha gran equipa directiva, un claustro exemplar, ANPAS, As Asambleas e a parte que nos toca. Está claro que unidas conseguimos avanzar.
📚✅ La Xunta asigna un nuevo profesor y un orientador al Instituto Alexandre Bóveda de Vigo para atender al alumnado del próximo curso
➕ Más info, en comentarios
23/07/2026
Loitando polo IES Alexandre Bóveda de Vigo.
El Claustro del IES Alexandre Bóveda denuncia la «insuficiente» dotación de profesorado por parte de la Xunta y advierte de la disminución de la calidad educativa
La consellería solo autoriza uno de los tres profesores solicitados y niega la segunda plaza de Orientación, lo que obliga al centro a eliminar una de las cinco líneas de 3º de la ESO
14/07/2026
STEG apoia as Ensinanzas Artísticas. Non aos recortes no CMUS Superior de Música de Vigo.
13/07/2026
Non aos recortes e eliminación do horario de tarde no CMUS Superior de Música de Vigo. Todo o apoio desde STEG.
Los músicos inundan las calles de Vigo en protesta por las medidas de la Xunta
La comunidad educativa del Conservatorio Superior de Música de Vigo saldrá a la calle el próximo martes 14 de julio a las 11:00 horas | Cadena SER
09/07/2026
Onte asistimos, a convite do BNG, ao último pleno do Parlamento de Galicia, onde a deputada Cris Fernández Davila preguntou ao conselleiro Román Rodríguez polas instrucións para a realización de actividades complementarias durante o curso que vén, unha nova volta de p***a á censura nos centros educativos. A neutralidade ideolóxica, tal e como a entende o goberno do PP, non afecta ás charlas do Exército ou das forzas de seguridade do Estado onde se fai apoloxía da extrema dereita. Porén, as actividades de sensibilización sobre o xenocidio en Palestina ou a estrela na bandeira da exposición sobre Begoña Caamaño, si poñen en risco o dereito á educación. A neutralidade é a escusa para impoñer a ideoloxía do PP, e as instrucións unha forma de promover a autocensura do profesorado. Desde o STEG chamamos ao profesorado a rebelarse contra este intento de poñer barreiras ao pensamento crítico.
30/06/2026
O STEG está presente en Madrid no encontro da Internacional da Educación xunto a máis de 50 países para debater sobre a Intelixencia Artificial no ensino e nas nosas vidas 🌍💻.
Non debemos esquecer que a IA pode reforzar prexuízos de xénero, nacionais e raciais, entre outros, e que está deseñada para ser adictiva, ameazando con aumentar a fenda educativa ⚠️📉.
Fronte á automatización acrítica, defendemos o pensamento crítico e o labor insubstituíble do profesorado 🧠👩🏫👨🏫.
19/06/2026
📢 O profesorado do IES de Melide mobilízase en defensa da educación pública.
Denuncian anos de recortes que provocan máis alumnado por aula, menos profesorado, redución de apoios á diversidade, dificultades na FP e limitación de programas esenciais para a convivencia e a inclusión.
Tamén critican a falta de investimento real e a censura sufrida tras a retirada dun decálogo que explicaba as necesidades do centro.
💚 A comunidade educativa reclama recursos suficientes para garantir unha educación pública de calidade, inclusiva e con dereitos para todo o alumnado.
✊ Menos discursos e máis recursos.
📚 Adiante coa educación pública!
Partillamos o seu manifesto:
www.steg.gal
17/06/2026
FP SI, PERO NON ASÍ
O STEG denuncia a falta de planificación da oferta da FP básica nos IES de Carral e ROU de Vigo.
www.steg.gal
17/06/2026
SÚMATE POLO ENSINO PÚBLICO!
Concentración HOXE ás 18:30 en MELIDE.
09/06/2026
📢 O profesorado galego leva meses mobilizándose en defensa do ensino público. Tras seis xornadas de folga e múltiples accións reivindicativas, o STEG considera inaceptable o acordo asinado por outras organizacións sindicais coa Consellería.
🗳️ Logo de consultar á súa afiliación, o Secretariado Nacional do STEG acordou convocar unha folga indefinida a partir do 9 de setembro, sempre e cando conte co apoio das Asembleas Abertas do Profesorado e aberta á incorporación doutras organizacións sindicais.
✊ Porque a situación do ensino público require respostas á altura: máis recursos, mellores condicións laborais e unha atención digna para todo o alumnado.
📅 O 25 de xuño celebrarase a Asemblea Xeral das Asembleas Abertas do Profesorado. Participa e fai escoitar a túa voz.