24/04/2025
Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela
A Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela inicia a súa andaina como espazo de form
24/04/2025
30/08/2024
Vén de facerse publico o programa teatral completo que se desenvolverá no curso académico 2024 - 2025: convocatorias dos diferentes espazos, contidos, datas, proceso de mnatrícula, etc.
https://auladeteatrodausc.com/
Se tes algunha dúbida podes dirixirte ao enderezo: [email protected]
Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela PUBLICADO O CALENDARIO DO PROGRAMA TEATRAL PARA O CURSO ACADÉMICO 2024 – 2025 Poblicado o 30 Agosto, 2024 por auladeteatrodausc877782331 Vén de facerse publico o programa teatral completo que se desenvolverá no curso académico 2024 – 2025: convocatorias dos diferentes espazos, contidos, dat...
17/06/2024
Calendario inicial do programa teatral para o curso académico 2024 - 2025. Presentación, probas de acceso, matrícula.
Xoves 19 de setembro
PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DA AULA DE TEATRO PARA O CURSO ACADÉMICO 2024 – 2025.
Hora: 20,00h
Lugar: Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño (Campus Vida – Auditorio da Universidade)
Encontro aberto a todas as persoas interesadas na actividade teatral, desde a formación ata a produción escénica. Presentaremos o programa a desenvolver durante este curso académico e poderás preguntar e resolver calquera dúbida que teñas ao respecto do traballo a realizar: probas de acceso, matrículas, contidos, profesorado, etc.
Luns 23, martes 24 e mércores 25 de setembro
PROBAS DE ACCESO
Hora: desde as 18,00h
Lugar: Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño (Campus Vida – Auditorio da Universidade)
Durante estes tres días podes acudir a esta convocatoria onde o que facemos é realizar unha serie de exercicios e entrevistas para coñecer o perfil das persoas que se presentan e o seu interese específico (iniciarse na arte dramática, avanzar en coñecementos, etc.) e así poder suxerirlles os espazos onde mellor poden estar: compañía de teatro, escola de teatro e/ou cursos de iniciación ao teatro.
Non precisas ter experiencia previa.
Luns 30 de setembro
Inicio da matrícula na Escola de Teatro e nos Cursos de Iniciación ao Teatro.
Unha vez confirmada a admisión nos diferentes espazos poderás formalizar a túa matrícula desde o 30 de setembro ata o 7 de outubro no enderezo electrónico [email protected]
Luns 7 de outubro
Inicio da actividade teatral nos diferentes espazos: Compañía de Teatro, Escola de Teatro e Cursos de Iniciación ao Teatro
(Foto: A muller que tiña medo e marchou vivir ao Carrefour / 2018 - 2019)
09/04/2024
Este próximo martes 16 de abril presentamos o exercicio final do segundo trimestre dos alumnos de 1º de Interpretación da nosa escola de teatro.
22/03/2024
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Localización
Categoría
Contacto la escuela/facultad
Teléfono
Página web
Dirección
Casa Da Balconada, Rúa Nova, 6
Santiago De Compostela
15782