28/09/2026
🩸 CAMPAÑA DE DOAZÓN
Os días 29 e 30 de setembro, a unidade móbil de Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará no Campus Santiago Norte, diante da entrada principal da Facultade de Enfermería.
📅 Martes 29 e mércores 30 de setembro
🕘 09:30–14:30 h | 15:30–21:00 h
📍 Entrada principal da Facultade de Enfermaría
A doazón de sangue é un alento de vida para mellorar a saúde de 30.000 doentes cada ano.
💙 Contamos coa participación de toda a comunidade universitaria!
ℹ️ Para doar sangue:
• Hai que almorzar e, despois de xantar, esperar 2 horas.
• Non esquezas levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar.
• Informa ao médico se estás a tomar algún medicamento.
• Non fagas unha comida copiosa antes de doar.