28/03/2024
Boaas🌟🌟🌟
Boas compañeiras! Acabamos de aterrar do Acampamento de Primaveira 💐; pero antes de desvelarvos todos os detalles desta nova aventura vamos ensinarvos os recordos do Nadal de Aventureiras e Pioneiras en Manzaneda ❄️❄️⛰
➡️ As Pioneiras quedamos marabilladas coa paisaxe de montaña e coa súa vila e historia medieval: visitamos o antigo cárcere e camiñamos ata a aldea abandoada de Prada pero, sobretodo falamos moito coa veciñanza. Contáronnos sobre a figura do Pandingueiro, sobre o entroido e os cambios da vila nos últimos anos! Con toda esta información decidimos montar e grabar un podcast! Podcast que como xa vos anunciamos anteriormente está xa dispoñible!!!!🥳🤩 Correde a escoitálo se aínda non o fixestes!🥰✨
➡️ As Aventureiras investigamos a contorna montañosa e a vila; fixemos un roteiro moi bonito no que aprendimos un montón de cousas. Ademáis axudamos a comunidade coa decoración do espazo do centro de día 🥰🥰 deste modo, estivemos en contacto e aprendendo coa veciñanza. Para rematar e deixar os nosos recordos para a posteridade comezamos a grabar a nosa propia curta; en breves esperamos poder compartila con todas!! 😄
Boa Estrela e estate atenta! Enseguida compartimos novas aventuras!!✨✨✨💚💚
13/03/2024
ATENCIÓN COMPAÑEIRAS ‼️🌟🌟
Nunha semaniña comeza a primavera 🌿💐🌸🌼☘️ e iso só pode traer boas novas!
O comezo da primavera significa que o campamento ⛺️ de SetePortas cada vez está máis preto!
Reservade as datas nas vosas axendas ✍️ e vinde pasar momentos inesquecibles todas xuntas 🥰
Toda a info ℹ️ no cartaz da publicación.
👀Calquera dúbida contactade con nós ☺️☺️
Boa estrela 🖐🏾🌟🌟🌟🌟
12/02/2024
Booass!!🌟
Hoxe traémosvos algunhas das fotos que mostran parte dos recordos deste ACAMPAMENTO DE INVERNO das Pícaras e das Insurras en Abellá! 🏕✨
Foi un acampamento onde puidemos aprender máis sobre a contorna e sobre as actividades que se realizan na zona.
- Tivemos a oportunidade de visitar unha granxa da zona para coñecer o seu funcionamengo e os procesos que se levan a cabo nela 🐄
- Visitamos o museo de Frases onde incrementamos os nosos coñecementos sobre a cultura e a forma de vida que se levana hai uns anos, á vez que desfrutamos dunha merenda tradicional proporcionada polo propio museo 🍫🥖
- Realizamos un roteiro 🏃🏽♀️🏃🏽 logo de visitar a granxa ecolóxica de Xanceda 🐮, na que nos explicaron aspectos moi interesantes como o seu funcionamento e orixe e visitamos aos animais que se atopaban nela.
- Tamén nos divertimos cos diversos xogos e as distintas veladas 🌌
04/12/2023
BOAS Compañeiras !!! ✨
Achegase o acampamento de Inverno ❄️ 🏞🏕.
Esperámosvos con moitas ganas e ilusión, animádevos porque o vamos pasar xeniaaal! 🥰⭐️💫
Boa estrela!!🌟
18/10/2023
Boooooooas 🌟🌟🌟🌟🌟
Co Acampamento de Outono ás portas; recordade esta finde de semana (Venres, Sábado e Domingo) en 📍 Gandarío , A Coruña!
Dende Seteportas Altair queremos lembrar con todas vós as nosas memorias sobre o último Acampamento de Verán en Xove!⛺️⛺️
Algunas das cousas que fixemos foros as seguintes ⬇️⬇️
- Saída a Sargadelos e a cooperativa de Burela.
- Visita ao Barco Museo en Burela.
- Roteiro a praia de Esteiro.
- Pícaras e Incurras investigamos sobre as baleeiras e culminamos o projeto fazendo unha balea na praia.
- Exposición das Pioneiras e Argonautas en base a memoria dos vecinos de Morás e Vilachá, a cal, foi exposta no centro social de Morás.
Foi xenial! 🥰🥰🥰✨✨
🔵⚪️ Actividade subvencionada pola Consellería de Politica Social e Xuventude , a través da dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado Xuventude Galicia
Aquí as fotiños e recordos deste verán 🌞🌞✨⬇️⬇️⬇️⬇️
08/06/2023
🔡 MÉTODOS | Fai unhas semanas desde Altair Galiza puxemos a vosa disposición os métodos pedagóxicos Altair. No Método Xeral concéntranse toda a base educativa do noso proxecto. Ademais, tamén podedes acceder aos métodos dos diferentes grupos de idade.
Podes consultalo aquí:
Quen somos - Altair Galiza
Altair Galiza é unha asociación que forma parte do movemento internacional Altair de educación nos tempos libres
25/05/2023
ALTAIR✨ Compromiso de servizo á comunidade
Achégate aos encontros na Facultade de Filoloxía e no Medusa para coñecer o noso proxecto
Desde Altair vemos necesario recuperar o sentimento comunitario a través do proceso educativo nos tempos libres
Expoñeremos como se estruturan a Altair e os seus agrupamentos e amosaremos algúns proxectos audiovisuais realizados no último tempo polas altaíres de Compostela.
Agardámoste! Boa estrela! 🌟
16/01/2023
Boas!✨
Hoxe traemos lembranzas do acampamento de Inverno das Argonautas! ❄️⛺️Desta vez fomos coñecer as terras do Incio! Camiñamos ata a aldea da Ferrería, escoitamos a súa historia da boca das veciñas e probamos as augas férreas para coller forzas para a volta….
E o máis importante: tiveron lugar unhas Xornadas Altair no Incio, moi completas!🤩 As Argonuatas organizaron xogos para as crianzas da zona. Que ben o pasaron, familias incluídas! Despois, como sabiamos ben que o Incio é terra de músicas, montamos unha foliada coa participación da veciñanza: primeiro pasarrúas e despois xuntanza nun dos bares da vila. Foi un encontro ben lindo!🥁
Agradecemos inmensamente ao Concello do Incio a súa boa disposición en todo momento e, sobre todo, grazas á veciñanza, que nos acolleu con moito cariño desde o minuto un do acampamento. Voltaremos, sen dúbida!🥰
Boa estrela!✨🌟
09/01/2023
🌧️ ACAMPAMENTO DE INVERNO PÍCARAS E INSURRAS
😊 Vimos de celebrar un acampamento moi especial polo concello de Vila de Cruces. Son moitas as lembranzas, aventuras, xogos, cancións, camiñadas e proxectos que nos traemos ⛏️💧
🏞️ Lugares como o poboado mineiro de Fontao, o taller de Eferro Zocos, o mosteiro de Carboeiro, o río Deza ou a área recreativa da Carixa forman parte xa da nosa MEMORIA ⭐
🔨 Neste acampamento aprendemos moito da historia de Vila de Cruces a través de diferentes oficios históricos ou artesanais. Así conseguimos ser mineiras, zoqueiras, incluso xoieiras que transformaron o volframio en preciosas xoias e até houbo quen abriu a súa propia carpintaría!
Seguimos adiante! Fortaleza asociativa, beleza construtiva
Boa estrela! ✨🖐️
17/11/2022
Hai algo máis dun mes celebramos o noso ACAMPAMENTO DE OUTONO nos Cachotes, en Palas de Rei! 🌰🌰🌰
Facendo memoria, lembramos os brilés sen descanso con desquite infinito e a nosa camiñada até as Torrentes do Mácara. Tamén nos empapamos da realidade da contorna e coñecemos algúns lugares e proxectos comunitarios e autoxestionados como A Casa das Augas ou o Festival Agrocuir da Ulloa. Até nos convertemos en auténticas Irmandiñas ao asalto do Castelo de Pambre!!!🏰🏰🏰
BOA ESTRELA! 🌟🌈
Actividade subvencionada por Xuventude Galicia Altair Galiza
10/11/2022
A QUE ANDAN AS ARGONAUTAS DE SETEPORTAS? 🤔🤔🤔
A pasada fin de semana, as Argonautas marcharon de durmida a Palas de Rei, onde Seteportas realizou o seu último acampamento. Nel, descubriron A Casa das Augas e non dubidaron en voltar semanas máis tarde para botar unha man. Alí, neste espazo comunitario, colaboraron coas tarefas de mantemento e ata construíron un pequeno valado! 👷🏻♀️🧱👷🏻♀️
Ademais, este sábado colaboraron coa Asociación Amigos peludos de Teo no centro comercial das Cancelas. Arrecadaron unha manchea de comida para os animais do seu refuxio!
Bo traballo, Argonautas! BOA ESTRELA! 🌟⭐🌟
24/10/2022
QUERES SER EDUCADORX VOLUNTARIX EN SETEPORTAS? 🌟🏕️
A comunidade seteportiana non para de medrar e precisamos novxs educadorxs!
Gustaríache coñecer máis ou formar parte de Seteportas? Achégate aos encontros desta semana co estudantado da USC nas Facultades de Ciencias da Educación.
Expoñeremos como se estruturan a Altair e os seus agrupamentos, conversaremos con crianzas e familiares participamentes e amosaremos algúns proxectos audiovisuais realizados no último tempo polas altaíres de Compostela.
AGARDÁMOSTE! BOA ESTRELA! 🌟