Xosé Morgan

Xosé Morgan

Compartir

Xornalista e Profesor

GaliciaDigital 05/12/2024

GaliciaDigital GaliciaDigital es una plataforma en Internet formada por 25 portales dedicados a todo tipo de temas relacionados con Galicia. En octubre de 2012 recibe más de 35.000 visitas diarias en el conjunto de sus portales.

Photos 27/02/2023

Francisco Ríos, autor do Libro de Estilo de La Voz de Galicia, estivo hoxe no Auditorio para explicarlle ao alumnado de Redacción Informativa (1º de Xornalismo) e Órganos e Sistemas de Regulación (4º de Xornalismo) o funcionamento e papel deste tipo de documentos 📚

Photos 24/02/2023

Onte tivemos unha conexión moi especial na FaCom. O alumnado da materia "Redacción informativa", do Grao en Xornalismo, puido conversar con Marcos Méndez Moreira, correspondente galego en Kiev.

Marcos conectou por videoconferencia para explicarlles a súa experiencia cubrindo o conflito da invasión de Ucraína. Traballa para canles de televisión coma a TVG ou Telecinco, entre outras, e foi alumno de Doutoramento da nosa Facom.

Photos 16/02/2023

O alumnado das materias de "Audiencias e medios de comunicación" e "Programación e Audiencias" (2º e 3º de Xornalismo respectivamente) recibiu hoxe a visita de tres investigadores da Universidad de Málaga.

Pedro Farias, Bernardo Gómez Calderón e Francisco Javier Paniagua viñeron presentar o seu proxecto de investigación: “El uso informativo de las redes sociales por parte de los jóvenes españoles: consumo incidental de noticias, condicionantes tecnológicos y credibilidad de los contenidos periodísticos” (Ministerio de Ciencia e Innovación, PID2019-106932RB-I00).

Grazas pola visita!


Photos 03/02/2023

Pódeche interesar!

O Ayuntamiento de Don Benito vén de convocar a XXIII edición do Premio Nacional de Xornalismo "Francisco Valdés", que inclúe unha modalidade para estudantado de Xornalismo ou Comunicación.

💡 Traballos escritos e audiovisuais de temática cultural ou social e en castelán
🏆 Premios de 1000€ na categoría de estudantado
📅 Prazo de presentación de traballos: 12 de marzo ás 14:00
ℹ️ Toda a información aquí: https://my.mtr.cool/ioobaolhvn

Photos 01/02/2023

Atención, alumnado de doutoramento!

Xa está aberto o prazo de presentación de propostas para o "IV Doctorial AE-IC: Taller iberoamericano de investigación en comunicación", que este ano se celebrará no 📍 Campus A Xunqueira (Pontevedra) da Universidade de Vigo, entre o 15 e o 16 de xuño.

Este Doctorial aspira a impulsar e dar visibilidade a investigadorxs emerxentes na súa etapa de doutoramento, así como a crear un espazo no que poidan expoñer as súas investigacións e enriquecerse a partir dos comentarios e investigadorxs seniors.

📅 Presenta a túa proposta antes do 31 de marzo
👥 30 prazas
💰 30€ socixs AE-IC | 50€ non socixs
ℹ️ Toda a información, aquí https://ae-ic.org/iv-doctorial-ae-ic-taller-iberoamericano-de-investigacion-en-comunicacion/

Photos 27/01/2023

A Asociación de Amigos de Otero Pedrayo vén de convocar o I Premio de Oratoria en Formato Podcast "Ramón Otero Pedrayo", dirixido a alumnado galego de entre 15 e 25 anos.

Este premio busca incentivar a expresión correcta e as habilidades comunicativas a través da expresión oral e da oratoria a través de técnicas actuais para a sociedade dixital.

💡 Os podcasts tratarán preferentemente sobre temas ligados ao universo de Otero Pedrayo (medio natural, paisaxe, sostibilidade, etnografía, tradición oral...).
👅 O idioma empregado deberá ser o galego.
🗣 Participación individual
🏆 Os premios inclúen un ordenador portátil, productos de Coren, e ata 500€ en metálico.
📅 Envío das pezas entre o 10 de febreiro e o 25 de xullo.

Tes toda a información aquí: https://my.mtr.cool/rmtxyujxsw

Photos 13/01/2023

Entre o profesorado tamén temos boas novas que destacar! 🎉

Ricardo Rodríguez, profesor asociado da FaCom, é o novo director de contidos de Radio Galicia Cadena Ser. Colle o relevo da xornalista Aida Pena tras a súa xubilación.

Parabéns e sorte no novo posto!

Fonte da 📸: Ricardo Rodríguez.

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Santiago de Compostela?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Dirección


Santiago De Compostela