Centro Xove da Almáciga

Centro Xove da Almáciga Espazo cultural adicado á mocidade de Santiago de Compostela, no que ofertamos formación de balde, espectáculos e moito máis.

03/10/2026

🎨 AÍNDA HAI PRAZAS!
No Laboratorio Creativo Comunitario seguimos creando! 💙
Un espazo aberto á creatividade, á participación e ao encontro, onde as ideas das persoas participantes son as protagonistas.
✨ Crear
🧩 Experimentar
🤝 Compartir
💡 Propoñer
🎨 Dar forma ás ideas
📍 TRIXCA · Centro Xove
🗓️ Luns | 16:00–17:30 h
E si… aínda quedan prazas! 👀
Se che apetece formar parte, inscríbete e ven crear con nós
📩 Máis info e inscricións: [email protected]

🎬 CINE DE VERÁN · Unha noite de cine, conversa e músicaO vindeiro 19 de agosto ás 19:00 h, no Centro Xove de Creación Cu...
18/08/2026

🎬 CINE DE VERÁN · Unha noite de cine, conversa e música

O vindeiro 19 de agosto ás 19:00 h, no Centro Xove de Creación Cultural, temos unha noite para compartir, conversar e desfrutar do cine.

Comezaremos cunha conversa con Verónika Araúzo, para compartir experiencias e achegarnos a distintas vivencias dentro da diversidade LGTBIQ+.
Despois teremos o visionado da peli.

E para pechar a noite, teremos música en directo con Paula Ferraz. 🎶

📅 19 de agosto
🕖 19:00 h
📍 Centro Xove de Creación Cultural

Unha proposta para xuntarnos, compartir realidades e desfrutar xuntes dunha noite de verán.

Agardámosvos!

Un xoves calquera no mes de Xullo no Centro Xove…quen dixo que no verán a mocidade para????
30/07/2026

Un xoves calquera no mes de Xullo no Centro Xove…quen dixo que no verán a mocidade para????

🌱 HERDANZA VIVA | Agosto no Centro Xove🌱Este mes de agosto poñemos en marcha Herdanza Viva, un programa interxeracional ...
16/07/2026

🌱 HERDANZA VIVA | Agosto no Centro Xove🌱

Este mes de agosto poñemos en marcha Herdanza Viva, un programa interxeracional en colaboración con .ohorreo pensado para crear espazos de encontro entre persoas de diferentes idades, onde compartir coñecementos, experiencias e maneiras de entender a comunidade.

Ao longo do mes desenvolveremos dúas actividades:

🗺️ **MAPEANDO**
📅 Todos os luns | 🕔 17:00 – 19:00 h

Un laboratorio de participación no que exploraremos Compostela dende unha ollada diferente. A través de paseos, observación, fotografía e cartografía colaborativa, construiremos mapas que recollan historias, espazos de encontro, patrimonio, lembranzas e lugares con significado para a comunidade.

🌿 **HORTA**
📅 Todos os mércores | 🕔 17:00 – 19:00 h

Un espazo para aprender e compartir arredor da horta ecolóxica. Coidaremos os cultivos, coñeceremos técnicas de cultivo sostible e intercambiaremos saberes tradicionais relacionados coa terra, as plantas e a alimentación.

📌 Importante:A sesión de Horta da semana do eclipse adiántase ao **martes 11 de agosto**, no mesmo horario (17:00 – 19:00 h).

🚀 Arrancamos o luns 3 de agosto!

📩 Inscricións abertas ata o 30 de xullo
Envíando un correo a [email protected]✨ Porque a mellor forma de conservar a nosa herdanza é compartila.

🚀 VOLVE O LANZADEIRA DO CENTRO XOVE! 🎸🔥O 18 de xullo celebramos unha nova edición do Festival Lanzadeira Centro Xove, un...
10/07/2026

🚀 VOLVE O LANZADEIRA DO CENTRO XOVE! 🎸🔥
O 18 de xullo celebramos unha nova edición do Festival Lanzadeira Centro Xove, un evento que naceu en 2021 para dar visibilidade ao talento das bandas emerxentes do Centro Xove e que, ano tras ano, foi medrando ata converterse nun escaparate da creación musical da mocidade.
Nesta edición, ademais, celebramos o X aniversario do Centro Xove cun Lanzadeira máis especial e ambicioso ca nunca.
🎤 Sobre o escenario estarán:
⚡ .ofisial
⚡
✨ , como artista convidado, sumándose á celebración tras o seu paso polo programa de residencias do Centro Xove.
📍 Praza do 8 de Marzo
🗓️ Sábado, 18 de xullo
🕗 A partir das 20:00 h
🎟️ Entrada de balde
Vén descubrir a música que se está a crear en Compostela e acompáñanos nesta noite tan especial para celebrar dez anos de cultura e mocidade.
💥 Agardámoste!

08/06/2026

Este venres a arranca "A Xurista Culturista".
Sigue a nosa canle de Youtube para estar ao tanto das novas☺️

02/06/2026

"Compréi unha guitarra eléctrica e tintineaba todo. Miña nai dixo: Para o faiado!"

e .ofisial no novo podcast do Centro Xove. En xuño programas completos.

01/06/2026

"Non caias na presión externa, impresiónate ti".

e .musica no podcast do Centro Xove. En xuño programas completos.

#

🎙️

Hai historias que cruzan fronteiras, que sobreviven ao tempo e que precisan ser contadas ✨A autora e directora portugues...
25/05/2026

Hai historias que cruzan fronteiras, que sobreviven ao tempo e que precisan ser contadas ✨
A autora e directora portuguesa Patrícia Portela chega ao Centro Xove cun obradoiro creativo arredor das historias de contrabando, emigración, exilio e liberdade que marcaron a fronteira entre Galicia e Portugal.
Un espazo aberto a persoas de todas as idades onde compartir relatos, memorias, vivencias e imaxinarios colectivos para crear, entre todas, unha narrativa común que mesture realidade e ficción.
Este encontro forma parte de Os Passadores, un proxecto escénico que conecta pasado e presente para reflexionar sobre as fronteiras, a identidade e a liberdade.
Dende o Centro Xove parécenos especialmente fermoso poder acoller procesos así: espazos onde a cultura serve tamén para escoitarnos, reconstruír memoria e crear comunidade.
📍 CSC de Caramoniña: 3, 4, 5 e 6 de xuño
🕰 De 16 a 19h
🎟 Actividade aberta a participación

Dirección

Proxecto Vagalume, 2
Santiago De Compostela
15703

Horario de apertura

Lunes 16:00 - 22:00
Martes 10:00 - 14:00
16:00 - 22:00
Miércoles 10:00 - 14:00
16:00 - 22:00
Jueves 10:00 - 14:00
16:00 - 22:00
Viernes 10:00 - 14:00
16:00 - 22:00
Sábado 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Centro Xove da Almáciga publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Centro Xove da Almáciga:

Atajos

Compartir

Categoría