Esculca Grupo de Investigación

Esculca Grupo de Investigación Asemade, conta con varios Bolseiros e Persoal Contratado. Interésanos especialmente a optimización das relacións entre a Universidade e a Escola.

O Grupo de Investigación ESCULCA, radicado na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida), está rexistrado no Catálogo de Investigadores e Grupos de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela co Código GI-1790. Está integrado por Profesores de distintas Facultades (Ciencias da Educación, Filosofía e Psicoloxía) da USC, docentes doutras Universidades, e aínda doutros niveis do sistema educativo. Temos, pois, unha vocación de traballo interdisciplinar como corresponde á natureza epistemolóxica e praxeolóxica dos contidos e temáticas que definen o noso labor no eido da educación en xeral e da pedagoxía en particular: procesos motivacionais en educación, educación intercultural, xestión socio-educativa da inmigración, aprendizaxe cooperativa, pedagoxía da sociedade civil, pedagoxía laboral, antropoloxía cultural e dinámicas educativas, políticas educativas. Trátase dun grupo ben consolidado no marco universitario e educativo en xeral como amosan os resultados acadados xa sexa a través de publicacións, de proxectos logrados en convocatorias competitivas, de premios recibidos, de teses de doutoramento, de contratos asinados con organismos e institucións, de organización e participación en congresos, seminarios e simposios, de estadías e intercambio con universidades doutros países, etc. Desde logo, a organización de actividades de I+D é un ámbito no que o Grupo ESCULCA está a investir maiores esforzos, grazas ao apoio recibido de Fundacións, do Ministerio de Educación e Ciencia, ou da mesma. A dimensión teórica e reflexiva presente, como é lóxico, nun grupo de investigación pedagóxica, fortalécese a cotío coa importante vertente práctica do labor que realizamos a prol da mellora dos procesos educativos dentro e fora da escola, para o que contamos coa magnífica colaboración de docentes, pedagogas, educadores sociais e psicopedagogos ao longo da xeografía galega. Por iso, a pertenza ao noso grupo de investigación está aberta a quen desexe participar das inquedanzas que nos moven, que poden resumirse en dúas palabras: equidade e calidade na educación.

Hoxe no Día Internacional da Educación Social, o CEESG fixo entrega dun dos premios de TFG á Laura Malvar. O seu traball...
02/10/2026

Hoxe no Día Internacional da Educación Social, o CEESG fixo entrega dun dos premios de TFG á Laura Malvar. O seu traballo foi dirixido pola profa. Patricia A. Ruido, menbro do GI-Esculca.

Acaba de publicarse na Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, indexada en Scopus e recoñecida co...
29/09/2026

Acaba de publicarse na Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, indexada en Scopus e recoñecida co Selo de Calidade FECYT, o artigo “Identidad étnica y satisfacción vital en la adolescencia migrante: Un análisis en perspectiva socioeducativa”.

O traballo está asinado por Kateline de Jesus Brito-Tavares, Miguel A. Santos-Rego e Alexandre Sotelino-Losada, os tres membros do GI-ESCULCA, e analiza os procesos de identidade, aculturación e benestar na adolescencia migrante, achegando claves de interese para a intervención socioeducativa.

🔗 Artigo completo:

Identidad étnica y satisfacción vital en la adolescencia migrante: Un análisis en perspectiva socioeducativa Barra lateral del artículo PDF Publicado: 29-09-2026 Contenido principal del artículo Kateline de Jesus BRITO-TAVARES+− Miguel A. SANTOS-REGO+− Alexandre SOTELINO-LOSADA&pl...

O pasado 25 de setembro, o GI Esculca presentou o xogo “Come sano, come sostenible“, no pazo de Fonseca no marco da Noit...
28/09/2026

O pasado 25 de setembro, o GI Esculca presentou o xogo “Come sano, come sostenible“, no pazo de Fonseca no marco da Noite Europea das Persoas Investigadoras (European Researchers’ Night), iniciativa promovida pola Unión Europea.
Neste evento, compartiuse espazo co Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) para que as persoas que visitaran os stands puidesen xogar. Asemade, tivo lugar a presentación oficial do xogo coa presenza da reitora e a conselleira do Mar na tenda da Universidade de Santiago de Compostela.

O pasado 24 de setembro, tivo lugar a reunión inicial do proxecto Erasmus+ “HEART. Educación Superior contra el Racismo ...
25/09/2026

O pasado 24 de setembro, tivo lugar a reunión inicial do proxecto Erasmus+ “HEART. Educación Superior contra el Racismo y los Discursos de Odio: Competencia Intercultural y Contranarrativas para Campus Inclusivos“.
O obxectivo desta primeira reunión online foi a presentación de todos os socios do proxecto, a explicación dos procesos administrativos da USC e o cronograma coas tarefas a realizar.

Na tarde de onte, a nosa compañeira Fátima Doval presentou o seu libro “Ni frágiles, ni idiotas” na libreria Follas Nova...
25/09/2026

Na tarde de onte, a nosa compañeira Fátima Doval presentou o seu libro “Ni frágiles, ni idiotas” na libreria Follas Novas de Santiago de Compostela. Esta é unha obra para desmentir mitos e coñecer a realidade da adolescencia actual desde unha perspectiva crítica.

O próximo día 25 de setembro, ás 18:00 h., o GI Esculca presentará o xogo “Come sano, come sostenible“, no pazo de Fonse...
24/09/2026

O próximo día 25 de setembro, ás 18:00 h., o GI Esculca presentará o xogo “Come sano, come sostenible“, no pazo de Fonseca no marco da Noite Europea das Persoas Investigadoras (European Researchers’ Night), iniciativa promovida pola Unión Europea.
Neste evento, compartirase espazo co Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) para que as persoas que visiten os stands podan xogar e farase a presentación oficial coa presenza da reitora e a conselleira do Mar na tenda da Universidade de Santiago de Compostela.

Na xornada de onte quedou inaugurado o curso «Participación, Educación e Inclusión na Sociedade de Acollida» organizado ...
18/09/2026

Na xornada de onte quedou inaugurado o curso «Participación, Educación e Inclusión na Sociedade de Acollida» organizado entre o Concello de Xinzo de Limia e o GI-Esculca da USC, baixo a dirección do profesor Alexandre Sotelino Losada. Esta formación de 90 horas contará con 4 módulos formativos e a entrega dun traballo de conxunto.

18/09/2026

A formación, organizada polo Concello coa Universidade de Santiago de Compostela, prolongarase ata o 10 de outubro e outorga un diploma acreditativo ...

Dirección

Santiago De Compostela
15782

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Martes 09:30 - 14:00
16:00 - 20:00
Miércoles 09:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Jueves 09:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 14:00
16:00 - 20:00

Teléfono

+34881813890

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Esculca Grupo de Investigación publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Esculca Grupo de Investigación:

Atajos

Compartir