Escola de Altos Estudos Musicais

Escola de Altos Estudos Musicais

Compartir

Formando e perfeccionando aos futuros profesionais da música desde 1997.

20/08/2026

🎓 EAEM + RFG: un mesmo proxecto para impulsar o futuro da música en Galicia.

Dende 1997, a Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) traballa na formación e perfeccionamento dos futuros profesionais da música 🎻

Un proxecto estreitamente ligado á Real Filharmonía de Galicia, que permite ao alumnado aprender da man de músicos en activo, coñecer de preto a realidade dunha orquestra profesional e vivir experiencias que van moito máis alá das aulas ✨

Neste vídeo, alumnas e alumnos da EAEM cóntannos como viven esta experiencia, acompañados pola visión de Enrique Meyer Pleite, xefe de Estudos, e Aurora Díaz Varela, da área administrativa da RFG/EAEM.

Porque formar futuros profesionais tamén significa poñer o coñecemento, a experiencia e a música en común 💙🎶

31/07/2026

📣 A Escola de Altos Estudos Musicais abre unha convocatoria extraordinaria para o Curso Avanzado de Especialización Orquestral.

Ofrécense 2 prazas de violoncello, 1 praza de violín, 1 praza de contrabaixo e 1 praza de trompeta.

✨ Unha oportunidade única para continuar a túa formación da man do profesorado da Real Filharmonía de Galicia e doutros solistas de prestixio internacional, participando ademais na actividade artística da orquestra.

📝 Podes presentar a túa solicitude ata o 19 de setembro.

🔗 Consulta toda a información e inscríbete na nosa páxina web: www.eaem.es

23/06/2026

👉 Últimos días para inscribirse no Curso Avanzado de Especialización Orquestral 2026-2027!

O prazo para presentar solicitudes remata o 25 de xuño, incluído, para esta formación de posgrao orientada á preparación profesional xunto aos músicos da Real Filharmonía de Galicia 🎻

Non perdas a oportunidade de formar parte dunha experiencia formativa única.

➕ info e inscricións: www.eaem.es

Photos from Escola de Altos Estudos Musicais's post 16/06/2026

Durante os días 8, 9 e 10 de xuño, o alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral actuou no Paraninfo da Universidade de Santiago 🎻✨

Moitas grazas ao público que se achegou para acompañarnos nestes concertos de fin de curso e, sobre todo, parabéns ao estudantado do CAEO, que brillou nesta serie de actuacións tan especiais 👏

Algúns deles estarán, unha vez máis, xunto á Real Filharmonía de Galicia no concerto de presentación da vindeira tempada da orquestra, o próximo 18 de xuño no Auditorio de Galicia 🎶

Vémonos moi pronto! 💙

11/06/2026

O alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral estivo estes días ensaiando xunto á 🎶 Real Filharmonía de Galicia e ao seu novo director asistente, 🪄 César Ramos, para preparar un programa moi especial que levará a música sinfónica a diferentes espazos de Compostela ✨

Unha iniciativa que busca achegar a música á cidadanía a través de concertos gratuítos, abertos ao público e pensados para compartir a música máis alá dos auditorios 🎻🏘️

Nesta edición participarán como solistas:

🎼 Ana Lucía Pérez, óboe
🎵 Antonio Martín, clarinete
🩵 Manuel Veiga, profesor da EAEM e f***t da RFG
🎶 Alberto López, trompa
🎺 André Coutinho, trompeta
🌟 Nicolás García, contrabaixo

📅 𝗫𝗼𝘃𝗲𝘀 𝟭𝟭, 20:00 h
📍 Casa das Máquinas | Galeras

📅 𝗩𝗲𝗻𝗿𝗲𝘀 𝟭𝟮, 20:00 h
📍 Igrexa de Santa María da Mercé de Conxo

A entrada é libre ata completar a capacidade dos espazos 😉

Photos from Escola de Altos Estudos Musicais's post 10/06/2026

📸 Deixamos por aquí algunhas imaxes dos primeiros concertos de fin de curso 🎓 do alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral 🎶

📆 Esta semana aínda podes g***r das presentacións do estudantado do CAEO, hoxe, día 9 de xuño e mañá, día 10. 💌

📍Paraninfo da Universidade de Historia da USC | 19:30h
Entraba libre ata completar a capacidade

📲 Máis información na web da EAEM

Photos from Escola de Altos Estudos Musicais's post 05/06/2026

🥲 Onte vivimos o último concerto da temporada 𝗛𝗶𝘀𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮𝘀 da Real Filharmonía de Galicia, coa que celebramos os seus 30 anos de música compartida 💙

O alumnado do CAEO, xunto aos seus titores e titoras, volveu subir ao escenario do Auditorio de Galicia para pechar un ano de aprendizaxe, esforzo e moitas emocións.

Cada ensaio, cada concerto e cada experiencia compartida forman xa parte do camiño que están construíndo como músicas e músicos 🚀🎼

✨ Pero isto non remata aquí!
🗓️ Os próximos días 8, 9 e 10 de xuño agardámosvos nos concertos de fin de curso no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela.

E este verán… teremos máis sorpresas 👀☀️
Seguide moi atentos ás nosas redes sociais 📲😉

03/06/2026

🎼 Octavi Rumbau fálanos de 𝘐 𝘭𝘰𝘷𝘦 𝘴𝘰𝘶𝘯𝘥𝘴 𝘫𝘶𝘴𝘵 𝘢𝘴 𝘵𝘩𝘦𝘺 𝘢𝘳𝘦, a última creación do proxecto "Cometas", unha iniciativa coa que compositores e compositoras actuais achegaron a súa voz ao 🥳 30º aniversario da Real Filharmonía de Galicia!

Inspirada no universo sonoro de ✨ John Cage, a obra convértese nun espazo para escoitar dun xeito máis libre e máis presente 🎶

Este concerto será tamén o último encontro da temporada para o alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral xunto ao seu profesorado no Auditorio de Galicia 🥲

Un ano de aprendizaxe que nos lembra que seguimos medrando grazas ás novas xeracións, á creación actual e a todas as persoas que forman parte desta viaxe 💫

𝗩𝗮𝗿𝗶𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻𝘀 𝗱𝗮 𝗛𝗶𝘀𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮
🪄 Baldur Brönnimann
🎵 Santiago Cañón-Valencia

📍 Mércores 3 | Vigo | Teatro Afundación | 20.00h

📍 Xoves 4 | Compostela | Auditorio de Galicia | 20.30h
🗣️ 19.45h | Conversando con… Baldur Brönnimann, Santiago Cañón-Valencia & Octavi Rumbau

www.rfgalicia.org

Photos from Escola de Altos Estudos Musicais's post 28/05/2026

O CAEO celebra os seus Concertos de Fin de Curso no 📍 Paraninfo da USC 🎶

👉 Do 1 ao 10 de xuño, o alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecerá cinco concertos no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, todos ás 19.30 h.

🎻🥁 Violín, violonchelo, frauta, clarinete, trompa, óboe, trompeta, percusión e contrabaixo protagonizarán un ciclo no que soarán obras de Bach, Mozart, Brahms, Haydn, Sibelius, Prokófiev, Hindemith e moitos outros compositores.

Unha oportunidade para g***r do talento do alumnado do CAEO nun dos espazos máis emblemáticos da cidade.

📍 Paraninfo da USC
🗓 1, 2, 8, 9 e 10 de xuño de 2026
🕢 19.30 h

Entrada libre ata completar capacidade 😊

Máis info: https://eaem.es/es/noticias/el-caeo-celebra-sus-conciertos-de-fin-de-curso-en-el-paraninfo-de-la-usc/

Photos from Escola de Altos Estudos Musicais's post 08/05/2026

🥁✨ Dous días de aprendizaxe, técnica e moita música na EAEM!

As clases maxistrais de percusión con Juanjo Guillem deixáronnos unhas xornadas moi enriquecedoras xunto á alumna Lola Olmo.

A nosa maior ilusión é seguir compartindo experiencia, ideas e continuar medrando a través da música 🎶🚀

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Santiago de Compostela?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Página web

Dirección


Finca Vistalegre. Rúa Salvadas, S/n
Santiago De Compostela
15705