01/10/2026
En COGAMI Empresarial entendemos que facer empresa e xerar impacto social poden ir da man.
As nosas empresas continúan medrando e competindo en sectores moi diversos, ao tempo que impulsan a innovación, a sostibilidade e, sobre todo, a creación de oportunidades para as persoas con discapacidade.
Porque a Economía Social non consiste só en crear emprego: consiste en xerar valor para as persoas e para o conxunto da sociedade, reinvestindo ese valor para seguir avanzando.
👉 Coñece como COGAMI Empresarial fai da economía social unha ferramenta para transformar a realidade:
COGAMI Empresarial demostra cada día que a rendibilidade económica e o compromiso social poden avanzar da man. A través dun modelo empresarial baseado na Economía Social, o grupo crea emprego, impulsa a innovación, promove a sostibilidade e contribúe ao desenvolvemento económico de Galicia.