02/10/2026
Nova convocatoria das probas CELGA! 📣
Xa está aberto o prazo de inscrición para a segunda convocatoria de 2026 dos certificados de lingua galega CELGA 2, CELGA 3 e CELGA 4.
🗓️ Datas das probas:
· CELGA 4: 14 e 15 de novembro
· CELGA 3: 21 de novembro
· CELGA 2: 22 de novembro
📍 Poderás realizar as probas en Santiago de Compostela, Ponferrada ou Madrid.
✍️ O prazo de solicitude estará aberto ata o 7 de outubro e a inscrición realízase mediante o procedemento PL500C da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Se queres presentarte e necesitas organizar a preparación, escríbenos. Na Lorca Institute axudámoste a chegar á proba con método, práctica e máis seguridade.