Hispona Grupo de Investigación de Historia Política e dos Nacionalismos da Universidade de Santiago de Compostela.

O Grupo de Investigación HISPONA xurde na facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela hai xa algúns anos. Agora, comezamos unha nova andaina que nos gustaría partillar con todas e todos vós. Como o propio nome indica, o noso grupo ten dous eixos fundamentais de pescuda. Dunha banda, a historia política, entendida en senso amplo, na liña das correntes actuais da Historia cultural da política, mais tamén da Historia dos partidos políticos, as institucións e os movementos sociais, incluíndo o papel dos símbolos, as representacións e as culturas e identidades políticas, e igualmente algunhas novas pescudas orientadas cara á Historia sociocultural da guerra e da violencia política. Un segundo eixe de investigacións veu determinado pola concentración nos estudos sobre os nacionalismos, identidades nacionais e rexionais, e discursos territoriais na Galicia, España e Europa contemporánea. Así, pois, o grupo posúe unha vocación interdisciplinar, sobre todo no referido ó intercambio e uso de metodoloxías e marcos teóricos adoptados doutras ciencias sociais, nomeadamente a Socioloxía, a Antropoloxía e a Ciencia Política…

A través desta canle que agora ve a luz, gustaríanos compartir xa non só as actividades e eventos organizados polo grupo, senón todos acontecementos que, dalgún ou doutro xeito, consideramos que poden ser do interese de todas e todos aqueles vencellados ó mundo da Historia.

Un novo artigo de Núñez Seixas para a European Review of History: A regionalized rebirth? Early Spanish fascism and ethn...
01/10/2026

Un novo artigo de Núñez Seixas para a European Review of History: A regionalized rebirth? Early Spanish fascism and ethnonational diversity (1922–36)

State-led ultranationalism is widely regarded as a defining feature of fascism. However, the relationship between fascism and regionalism, and the ways in which fascist movements appropriated regio...

📰‼ «A penetración masiva en Ceuta consentida por Marruecos foi unha bomba contra Sánchez e a UE, e agora o dano xa está ...
24/09/2026

📰‼ «A penetración masiva en Ceuta consentida por Marruecos foi unha bomba contra Sánchez e a UE, e agora o dano xa está feito». O noso Xosé M. Núñez Seixas conversa sobre a recente crise migratoria, a polarización política, a xestión da memoria e o españolismo para Asturias Exterior-La Nueva España. 👇

'Aunque en el horizonte de Marruecos está que Ceuta y Melilla son marroquíes, yo creo que se mantendrá el statu quo actual: eecir que Marruecos va a invadir Ceuta y Melilla es política ficción, tampoco lo necesita tampoco, le basta con crear crisis de estas para obtener concesiones', afirma el ...

22/09/2026

Como cada ano, regresamos á illa de San Simón dentro do marco do ciclo “Seíam eu… en San Simón”, coa xornada “E agora que? O futuro da Memoria Democrática”.

Nesta ocasión debatemos sobre o que se fixo en canto á Memoria Democrática neste país. Para iso contaremos coa participación dunha serie de especialistas de diferentes ámbitos como Zoraida Hijosa Valdizán, Anxo M. Lorenzo Suárez, Guillerme Yeyo Pérez Agulla, Manuel A. Fernández Pita, Emilio Grandío Seoane, Paula Cadaveira, Nuria López e Claudia Varela.

Coordina Emilio Grandío Seoane.

📍Illa de San Simón, Redondela
🗓️02/10

Lembrade que ainda vos podedes apuntar as Xornadas que coordinamos en San Simón do venres 2 de outubro. Promovido polo C...
19/09/2026

Lembrade que ainda vos podedes apuntar as Xornadas que coordinamos en San Simón do venres 2 de outubro. Promovido polo Consello da Cultura Galega e o Concello de Redondela cun amplo programa cheo de reflexión e debate sobre o presente e o futuro dos traballos sobre a Memoria Democrática. Inscripción gratuita.

2 de outubro de 2026

15/09/2026

🗞️ Universidade de Santiago de Compostela | Avanza a colaboración entre a USC e a Secretaría de Estado de Memoria Democrática

O pasado sábado asinouse, en San Xerome, un protocolo xeral de actuación para establecer o marco de colaboración en materia de memoria democrática entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Secretaría de Estado de Memoria Democrática, representadas pola reitora da USC, Rosa M. Crujeiras, e polo secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez.

O protocolo permitirá impulsar a Cátedra de Memoria Democrática, que estará dirixida polo docente e investigador Emilio Grandío.

O acordo contempla a divulgación da investigación desenvolvida na USC, a transferencia de coñecemento e a organización de xornadas, conferencias e congresos, así como a elaboración de materiais e documentais sobre memoria democrática.

🔗 A nova completa: https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/avanza-colaboracion-usc-secretaria-memoria-democratica

‼️O vindeiro 2 de outubro, a Illa de San Simón acollerá unha xornada de reflexión e debate sobre o presente e o futuro d...
09/09/2026

‼️O vindeiro 2 de outubro, a Illa de San Simón acollerá unha xornada de reflexión e debate sobre o presente e o futuro da Memoria Democrática. Coordinará o noso Emilio Grandío.

Un encontro no que se falará de vítimas, lugares de memoria, educación e novas formas de facer partícipes da memoria ás xeracións actuais.

📍 Illa de San Simón (Redondela)
📅 2 de outubro de 2026
🎟️ Inscrición gratuíta | Prazas limitadas

Organizan o Consello da Cultura Galega e o Concello de Redondela.

🤾🏼‍♂️‼️ O noso Xosé M. Núñez Seixas reflexiona hoxe na súa tribuna de El País sobre o potencial nacionalizador do fútbol...
19/07/2026

🤾🏼‍♂️‼️ O noso Xosé M. Núñez Seixas reflexiona hoxe na súa tribuna de El País sobre o potencial nacionalizador do fútbol e a súa capacidade de xerar orgullo, e ao tempo, ser espello de profundas frustracións. Bótalle un ollo 👇🏼

Las pasiones nacional-futboleras afectan a la ciudadanía, generan orgullo y también son espejo de frustraciones profundas

📚‼️ O noso Antonio Muñoz Sánchez vén de participar na obra "Dictatorships and Democracies in Greece, Spain and PortugalT...
15/07/2026

📚‼️ O noso Antonio Muñoz Sánchez vén de participar na obra "Dictatorships and Democracies in Greece, Spain and Portugal
Transitions and their legacies, fifty years on", cun capítulo sobre as dimensións transnacionais e internacionais das transicións ibéricas. 👇

Half a century after the fall of the dictatorships in Greece, Portugal, and Spain, the meanings and legacies of Southern Europe’s democratic transitions remain contested. This volume revisits those transitions not as linear passages from authoritarianism to democratic “normality”, but as uneve...

MILLARS ofrece un dossier coa participación de varios membros do equipo RESHINT: ‘Fronteras, guerra y espías. Informació...
03/07/2026

MILLARS ofrece un dossier coa participación de varios membros do equipo RESHINT: ‘Fronteras, guerra y espías. Información e inteligencia en España’, coordinado por Julio Ponce e Javier Rodríguez.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para facilitar la navegación a los usuarios y ofrecerles una mejor experiencia y servicio. Si continúa navegando, entendemos que acepta la política de cookies de la Universitat Jaume I. Más información

Dirección

Santiago De Compostela

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Hispona publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría