Colegio La Inmaculada

Colegio La Inmaculada ¡Bienvenidos a la página del Colegio La Inmaculada! Somos un colegio de Infantil y Primaria en el

Os de 4º están a g***r do proxecto “Se ti, estrela”. Este proxecto nace para descubrir e poñer en valor a diversidade da...
05/10/2026

Os de 4º están a g***r do proxecto “Se ti, estrela”. Este proxecto nace para descubrir e poñer en valor a diversidade das persoas, porque cada un de nós é único, diferente e irrepetible.

Como peche deste camiño, tivemos a sorte de contar con Sandra e Ignacio, que compartiron connosco as súas experiencias nun coloquio que nos permitiu achegarnos á diversidade en primeira persoa.

As súas historias axudáronnos a comprender que as diferenzas non nos fan menos, senón que nos enriquecen, nos complementan e nos fan mellores a todos. Porque non se trata de encaixar, senón de ser nós mesmos, brillar coa nosa propia luz e deixar que os demais tamén o fagan.

Sé ti. Sé auténtico. Sé estrela.

Este curso estreamos un novo material para medrar, xogar e descubrir!No cole seguimos apostando por unha educación que e...
29/09/2026

Este curso estreamos un novo material para medrar, xogar e descubrir!

No cole seguimos apostando por unha educación que entende que os nenos e nenas tamén aprenden co corpo, co movemento, co xogo e coas emocións.

Este curso incorporamos novo material para desenvolver a Práctica Psicomotriz de Aucouturier, entre o que se atopa o noso esperado e xa famoso muro. Un recurso que nos permitirá crear novos retos, explorar, subir, baixar, saltar, construír, derrubar… e, sobre todo, g***r aprendendo.

Porque detrás de cada movemento hai unha aprendizaxe: coñecer o propio corpo, gañar autonomía, afrontar pequenos retos, desenvolver a confianza en un mesmo, expresar emocións e relacionarse cos demais.

Apostamos por espazos que respecten o ritmo de cada neno e nena e que convertan o xogo espontáneo nunha oportunidade para crecer.

E si… tiñamos moitísimas ganas de estrear o noso muro e as nosas pezas!
Seguimos construíndo unha escola onde aprender tamén significa moverse, explorar e g***r!

  Dámosche a benvida ao curso 2026-2027. En La Salle seguimos “construíndo un mundo máis fraterno”, enfocando a nosa mir...
18/09/2026

Dámosche a benvida ao curso 2026-2027. En La Salle seguimos “construíndo un mundo máis fraterno”, enfocando a nosa mirada para transformar a realidade desde a educación.

Os primeiros días de curso están cheos de reencontros, abrazos, novas ilusións e moitas sonrisas. As aulas volven encher...
17/09/2026

Os primeiros días de curso están cheos de reencontros, abrazos, novas ilusións e moitas sonrisas.

As aulas volven encherse de voces, os corredores de pasos e o patio de xogos e aventuras. Pouco a pouco, imos recuperando rutinas, coñecendo novos retos e poñendo en marcha todo o que nos espera neste novo curso. A maquinaria do cole volve estar a pleno rendemento! E detrás de cada aula, cada actividade e cada pequeno detalle hai un gran equipo que traballa con ilusión para que todo estea preparado.

Comezamos un novo curso xuntos, con enerxía, ilusión e moitas ganas de medrar e aprender.
Que bonito é volver!

A primeira semana de incorporación ao centro foi un tempo para reencontrarnos, preparar, compartir e ilusionarnos con to...
14/09/2026

A primeira semana de incorporación ao centro foi un tempo para reencontrarnos, preparar, compartir e ilusionarnos con todo o que está por vir.

As aulas comezan a coller vida, os espazos énchense de pequenos detalles e cada recuncho se prepara con agarimo para recibir os nosos nenos e nenas.

Tamén tivemos a oportunidade de descubrir o lema que nos acompañará durante este curso, unha nova invitación a camiñar xuntos, a medrar e a seguir construíndo escola desde o corazón.

Porque un colexio non son só as aulas, os proxectos ou as actividades. Un colexio é, sobre todo, un equipo. Un equipo que se apoia, que comparte, que aprende, que se coida e que traballa unido cun mesmo propósito: ofrecer o mellor aos nosos alumnos e alumnas.

Estes días lembráronnos, unha vez máis, que cando traballamos xuntos, todo cobra máis sentido.

Agora si… Estamos preparados para volver encher o cole de vida, aprendizaxes, risas, encontros e moitos momentos compartidos.

Benvido, curso 2026-2027!

Benvidos ao curso 2026-2027!Hoxe volvemos encher os corredores, as aulas e o patio de voces, sorrisos, reencontros e, so...
09/09/2026

Benvidos ao curso 2026-2027!

Hoxe volvemos encher os corredores, as aulas e o patio de voces, sorrisos, reencontros e, sobre todo, de ilusión.

Despois dun merecido descanso estival, comezamos un novo curso cargado de novos retos, aprendizaxes, experiencias e momentos para compartir. Un novo capítulo que escribiremos xuntos, facendo do noso cole, unha vez máis, un lugar onde medrar, aprender e ser felices.

Un día moi especial para todos e todas, pero especialmente para os nosos nenos e nenas de 3 anos, que hoxe dan os seus primeiros pasos na súa etapa escolar. Comeza para eles unha aventura chea de descubrimentos, amizades, xogos e aprendizaxes. Sabemos que haberá algunhas bágoas, moitos abrazos e infinitas emocións, pero tamén sabemos que, pouco a pouco, este cole converterase na súa segunda casa.

Aos que xa formades parte desta gran familia, grazas por seguir confiando en nós. E ás familias que vos incorporades este curso, benvidos á casa!

Grazas a todas e todos pola vosa confianza, implicación e compromiso. Porque educar é un camiño que percorremos xuntos, escola e familia, sempre coa mirada posta no máis importante: os nosos nenos e nenas.

Que este curso 2026-2027 veña cheo de ilusión, aprendizaxes, aventuras, amizade e moitos momentos para lembrar!

Comezamos! Que bonito é volver ter o cole cheo de vida!

Hai despedidas que se preparan e outras que nunca se chegan a estar preparados para vivir.Neste final de curso despedimo...
25/06/2026

Hai despedidas que se preparan e outras que nunca se chegan a estar preparados para vivir.

Neste final de curso despedimos aos nosos rapaces e rapazas de 6º, que comezan unha nova etapa chea de ilusión, pero tamén tivemos que dicirlle adeus a unha persoa que forma parte da historia, da alma e da vida diaria do noso cole desde hai 24 anos. Xubílase Pili e todavía nos custa dicilo en voz alta.
E dicimos “xubílase”, pero sabemos que hai persoas que nunca marchan de verdade dos lugares que axudaron a construír.

Durante todos estes anos, Pili foi moito máis ca a nosa limpadora. Foi unha presenza constante, discreta e imprescindible. Desas persoas que chegan moi cedo, que están sempre, que coidan cada recuncho sen buscar protagonismo e que conseguen facer sentir aos demais como na casa. Porque limpar tamén é coidar. E Pili coidou do noso cole con entrega, con responsabilidade e, sobre todo, con moitísimo corazón.

Quixemos sorprendela porque sabiamos que, coa súa eterna humildade, non quería actos, nin homenaxes, nin medallas. Pero hai persoas ás que o cariño lles chega igualmente, porque o teñen máis que merecido. E así foi. Recibímola cun corredor de flores e aplausos que falaban por si sós. O ximnasio encheuse de emoción, de sorrisos e de gratitude. Por un intre, todo o cole parou para dicirlle un máis que merecido grazas.

Escoitamos palabras de despedida e de agradecemento, compartimos lembranzas e emocións que foron aparecendo entre risas e bágoas. Houbo agasallos por parte do centro e tamén un fermoso recoñecemento da ANPA, porque cando alguén deixa pegada, esa pegada queda en toda a comunidade educativa.

E como non podía ser doutro xeito, rematamos celebrando. Bailando todos xuntos esa canción que a acompañou durante tantos anos, convertendo o adeus nun momento de festa, deses que quedan gardados para sempre na memoria. Porque hai persoas que non precisan grandes discursos para ser inesquecibles. Persoas que deixan marca nos xestos pequenos, no día a día, na forma de estar e de coidar dos demais.

Grazas, Pili, por cada mañá, por cada conversa, por cada sorriso, por cada detalle e por facer do noso cole un lugar mellor durante estes 24 anos. Desexámosche unha nova etapa chea de descanso, tempo para ti, alegría e moitos momentos fermosos.

As portas do cole quedarán sempre abertas para ti.

Esta foi, é e será sempre a túa casa!

Fai uns días pechouse unha etapa desas que quedan gardadas para sempre nun recuncho especial da memoria. A graduación de...
22/06/2026

Fai uns días pechouse unha etapa desas que quedan gardadas para sempre nun recuncho especial da memoria. A graduación de 6º de Primaria non foi só un acto; foi a celebración de tantos anos compartidos, de aprendizaxes, de medos superados, de risas nos corredores, de amizades que medraron co paso do tempo e de pequenos momentos que, sen sabelo, acabaron construíndo algo moi grande.

Ao longo da celebración acompañáronnos palabras cheas de emoción e significado. O xefe de estudos e o director puxeron voz ao orgullo de ver medrar unha promoción que deixa pegada no colexio. O presidente da Asociación de Antigos Alumnos lembroulles que, aínda que hoxe remata unha etapa, sempre formarán parte desta comunidade e que aquí quedará para sempre un anaco deles.

Tamén os propios alumnos, representando aos seus compañeiros e compañeiras, compartiron recordos, agradecementos e ilusión polo que está por vir. E unha familia puxo palabras a algo que todos sentíamos: a gratitude por estes anos nos que o colexio foi moito máis ca un lugar onde aprender; foi un espazo onde crecer, descubrir quen son e sentirse acompañados.

Como peche, chegou un dos momentos máis especiais: a imposición das becas. Un xesto sinxelo pero cargado de simbolismo, que recoñece todo o camiño percorrido e abre a porta ao que está por chegar. E despois, o vídeo resumo. Imaxes que fixeron sorrir, rir e tamén emocionarse. Fotografías e lembranzas que devolveron por uns minutos aqueles primeiros días no cole, as excursións, as festas, os proxectos compartidos e tantos momentos que xa forman parte da súa historia.

Hoxe non é un adeus. É un “ata sempre”. Porque os anos pasan, as etapas cambian, pero hai lugares que quedan para sempre dentro de nós. E este colexio será sempre un deses lugares.

Parabéns, promoción de 6º de Primaria. O mellor do camiño está aínda por escribir. Lembrade sempre que a porta da Inma nunca pecha, estaremos sempre para vós!

O alumnado de 6º viviu unha aventura inesquecible en Pena Aventura (Portugal), unha excursión que foi moito máis ca un d...
15/06/2026

O alumnado de 6º viviu unha aventura inesquecible en Pena Aventura (Portugal), unha excursión que foi moito máis ca un día de diversión: foi o peche dunha etapa chea de aprendizaxes, amizades, risas e momentos que quedarán para sempre na memoria. Días de convivencia, novos retos, tempo compartido e moitas moitas ganas de g***r e de estar xuntos.

Entre tirolinas, desafíos e aventuras compartidas, tamén houbo espazo para mirar atrás e decatarse de todo o camiño percorrido desde aquel primeiro día no cole. Porque ás veces medramos sen decatarnos… ata que chega un día como este.

Esta saída foi unha despedida para eles, pero tamén un comezo. O final dunha etapa que deixa pegada e o inicio de novos camiños que, sen dúbida, estarán cheos de ilusión.

Levades do cole moito máis ca cadernos e recordos: levades amizades, experiencias e unha parte de todos nós.

Seguide soñando, descubrindo e vivindo cada aventura que veña con valentía e ilusión. Comeza hoxe unha semana de despedidas e sorpresas para os nosos maiores!

Un final de curso que voou alto para os nosos maiores!Os mozos e mozas de 6º participaron esta semana nunha visita moi e...
12/06/2026

Un final de curso que voou alto para os nosos maiores!

Os mozos e mozas de 6º participaron esta semana nunha visita moi especial organizada por MeteoGalicia, na que puideron seguir o lanzamento dunha radiosondaxe e descubrir de primeira man como se estudan a atmosfera, o vento e o tempo.

O globo viaxou cara á provincia de Lugo impulsado polos ventos de oeste en capas altas, convertendo a actividade nunha experiencia inesquecible para pechar o curso con curiosidade, aprendizaxe e ilusión.

Grazas a MeteoGalicia pola acollida e por achegar a ciencia ao noso alumnado dunha maneira tan emocionante!

Dirección

Concepción Arenal, 11
Santiago De Compostela
15702

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 13:30
15:30 - 18:30
Martes 09:00 - 13:30
15:30 - 18:30
Miércoles 09:00 - 13:30
15:30 - 18:30
Jueves 09:00 - 13:30
15:30 - 18:30
Viernes 09:00 - 13:30
15:30 - 18:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Colegio La Inmaculada publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría