Colexio Compañía de María Santiago de Compostela

Colexio Compañía de María Santiago de Compostela "Benvid@s ao CPR Plurilingüe Compañía de María en Santiago. Impartimos EI, EP, ESO e BAC. A Compañía de María N.

Educación personalizada e inclusiva que promove a excelencia académica e humana. Desde 1759 formamos persoas con talento e valores para transformar o mundo!" O Colexio Compañía de María, sito na Rúa Ensinanza, 3 en Santiago de Compostela foi fundado no ano 1759 co desexo de dar resposta educativa as nenas de dita cidade, baixo a titularidade da Orde da Compañía de María, Nosa Señora. S., foi o primeiro instituto relixioso adicado á educación da muller, fundado en Burdeos en 1607 por Juana de Lestonnac (1556-1640), sobriña do humanista francés Miguel de Montaigne. A intuición educativa de Juana de Lestonnac foise concretando ao longo da historia de formas distintas. O seu principal obxectivo encamíñase, dende a orixe, cara á transformación da sociedade. A Compañía de María quere realizar un servizo de interese público, abrirse a un diálogo con outras instancias sociais e colaborar no proceso que ha de conducir á nosa sociedade a atopar a súa propia identidade. Colexio feminino dende os seus inicios ata o curso 1985-86 no que se incorporan nenos dando resposta aos novos tempos. A partir do curso 1987-88 o centro da resposta a nenos e nenas de Educación Especial, contando para iso con profesorado especialista. Hoxe en día damos resposta educativa dende Educación Infantil ata Bacharelato, tendo escolarizados 1160 alumnos que son acompañdos por un equipo de 90 educadores.

A través de Os Contos Musicais con Irina & Mimi, o alumnado de educación infantil (3 a 6 anos) mergullarase nunha aventu...
05/10/2026

A través de Os Contos Musicais con Irina & Mimi, o alumnado de educación infantil (3 a 6 anos) mergullarase nunha aventura interactiva que combina música en directo, narración e participación activa. Xunto a Mimi, o violín encantado, os máis pequenos afondan nos sons mentres xogan, imitan ritmos e espertan a súa imaxinación. Unha proposta pedagóxica e artística deseñada para transformar a música nunha historia que se pode tocar, sentir e compartir.

30/09/2026
✨ O equipo infantil feminino de fútbol sala disputou o XIII Memorial Rodrigo Maseda Lozano na Mariña Lucense.Foi o broch...
06/07/2026

✨ O equipo infantil feminino de fútbol sala disputou o XIII Memorial Rodrigo Maseda Lozano na Mariña Lucense.

Foi o broche de ouro a unha tempada para o recordo, xa que foi o primeiro ano no que o club contou cun equipo feminino en competición.

Aínda que o resultado era o de menos, acadamos un meritorio 4.º posto no torneo. Máis alá da clasificación, levamos connosco vivencias inesquecibles e momentos que, sen dúbida, permanecerán na memoria de todas durante estes tres días.

Grazas á organización pola invitación e pola excelente acollida, e parabéns a todos os equipos participantes polo gran ambiente vivido ao longo do torneo.

30/06/2026

Os Grupos Lestonnac viviron en Cangas un encontro cheo de convivencia, alegría e espírito de familia.
Alí xuntáronse os colexios da Compañía de María de A Coruña, Cangas, Vigo e Santiago, compartindo actividades, reflexións e momentos que fortalecen a súa identidade común.

💙 Foi unha experiencia que reforza lazos, impulsa valores e anima a seguir medrando xuntos no camiño de Xoana de Lestonnac.
Grazas a todas as persoas que o fixeron posible e ao alumnado por vivir o encontro con tanta ilusión.

🖤 Unidos con VenezuelaQueremos enviar todo o noso agarimo, solidariedade e condolencias ao pobo venezolano nestes moment...
26/06/2026

🖤 Unidos con Venezuela

Queremos enviar todo o noso agarimo, solidariedade e condolencias ao pobo venezolano nestes momentos tan difíciles, tras os dous terremotos que afectaron onte ao país.

Sentímonos especialmente preto de todas as familias, alumnos e compañeiros que teñen as súas raíces e aos seus seres queridos. Os nosos corazóns están con vós.

Un  abrazo cheo de forza e esperanza. 🇻🇪✨

23/06/2026

Este verán, viaxa sen saír da toalla! 📚✨

Chega o verán, o sol, a praia, a piscina e... moito tempo ceibe para g***r! Despois de todo un curso de esforzo e aprendizaxe, as vacacións son o momento perfecto para descubrir novas historias, vivir aventuras inimaxinables e, sobre todo, ler por pracer.

Para que os máis pequenos e pequenas sigan cultivando a maxia da lectura nestes meses de descanso, dende o cole preparamos unha coidada selección de recomendacións lectoras adaptadas a todas as idades:

💡 Un consello para as familias: Non hai obrigas nin présas.  Buscade un oco á sombra, abride un libro e... a g***r da viaxe!

Feliz verán 2026 e felices lecturas! 🌊📖

IE se puideras darlle ao teu fillo unha vantaxe para o seu futuro?Co Bacharelato Dual, poderá obter a dobre titulación o...
23/06/2026

IE se puideras darlle ao teu fillo unha vantaxe para o seu futuro?
Co Bacharelato Dual, poderá obter a dobre titulación oficial de España e os EE. UU. mentres estuda aquí, desenvolvendo habilidades que marcarán a diferenza mañá.

🇬🇧 Máis nivel de inglés
🌍 Mentalidade internacional
🎓 Un perfil académico máis competitivo
🚀 Máis oportunidades para o seu futuro

Queres saber como funciona e se é unha boa opción para a túa familia?

💻 Xornada informativa EN LIÑA
📅 25 de xuño
⏰ 19:30 h

Descubre:
🔑 Como acceder ao programa
🌟 As súas vantaxes reais
📈 Por que cada vez máis familias o elixen

⚠️ Prazas limitadas.
📝 Matricúlate agora en: https://www.academicaschools.es/inscripcion/ imos construír un futuro con máis oportunidades.

✨ Compartimos con vós a alegría do noso alumnado premiado na celebración dos Mellores Expedientes de Galicia nas probas ...
20/06/2026

✨ Compartimos con vós a alegría do noso alumnado premiado na celebración dos Mellores Expedientes de Galicia nas probas de acceso á Universidade (MEGAU).
💙 Agardamos que sigan ofrecendo o seu talento e esforzo ao servizo da sociedade e do ben común.🎉 Parabéns!

18/06/2026

Hoxe queremos compartir unha nova que nos enche de orgullo e emoción. Grazas á vosa xenerosidade na festa solidaria de Santa Xoana e no Día do Deporte FISC, logramos recadar un total de 13.157 €! 🌟

Esta cifra é moito máis ca un número: é unha mostra inmensa de solidariedade, empatía e traballo en equipo.

Grazas de corazón por demostrar, un ano máis, que xuntos somos capaces de transformar realidades e romper barreiras. A vosa colaboración fai que o mundo sexa un lugar mellor.

Seguimos camiñando e construíndo xuntos! 👣✨

Dirección

Rúa Da Ensinanza, 3
Santiago De Compostela
15703

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Colexio Compañía de María Santiago de Compostela publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Colexio Compañía de María Santiago de Compostela:

Atajos

Compartir

Categoría