01/10/2026
📖 Comezamos os contos deste curso cunha historia que seguro que vos soa... pero non como a coñeciades: ᴀ ᴠᴇʀᴅᴀᴅᴇɪʀᴀ ʜɪsᴛᴏʀɪᴀ ᴅᴇ ᴄᴀʀᴀᴘᴜᴄʜɪñᴀ 🐺❤️
Un conto popular de toda a vida ao que se lle dá unha nova volta, mantendo os seus personaxes e ese encanto dos contos da avoa, pero cun final inesperado e moi divertido 🤭
Os seus debuxos, feitos a base de garabatos que lembran aos das nenas e nenos, aínda o fan máis especial.
👀 Unha maneira moi bonita de aprender que non todo é o que parece, falar das relacións familiares e, por suposto, lembrar que hai que andar con coidadiño polo bosque! 🌳🐨