11/04/2019
Un estudo do Banco de Desenvolvemento de América Latina e un estudo do Observatorio Nin Unha Menos, din que o 100% das mulleres experimentaron acoso rueiro ao longo das súas vidas.
Na vía pública, o 70% das mulleres admitiron que recibiron comentarios acerca da súa aparencia, o 29% que foron tocadas con intencións se***is e o 37% que nalgunha ocasión un home lles mostrou as súas partes íntimas.
No transporte público o 89% das mulleres sufriron acoso no último ano. Un 54% recibiu comentarios verbais mentres esperaba na parada ou estación, un 34% expresou que foron manoseadas e un 22,8% que se viron expostas ao acoso dentro do tren.
Foi en 2014 cando unha muller de 24 anos, Verónica Lemi, creou a campaña “Si te incomoda leerlo, imagínate escucharlo, todos los días, cada vez que salís a la calle”
Tres anos despois, a organización internacional Stop Street Harassment creou a “Semana internacional contra o acoso rueiro”, que este ano cadra dende o 7 ao 13 de Abril.
Deixa un comentario coa frase máis repugnante que che dixeron na rúa.