IES Rosalía de Castro

IES Rosalía de Castro O Colexio de San Clemente de Pasantes, fundado en 1601, é actualmente o Instituto Plurilingüe Rosalía de Castro

08/10/2026
06/10/2026

Lembrando a II edición das xornadas "Compostela histórica"

O Rosalía, sede da cultura e o encontro de saberes.

Na semana pasada tivemos dúas intervencións dirixidas ao alumnado de 4ESO e 1BAC de moita importancia para a súa formaci...
06/10/2026

Na semana pasada tivemos dúas intervencións dirixidas ao alumnado de 4ESO e 1BAC de moita importancia para a súa formación como cidadanía activa, comprometida, respectuosa e educada:
Arelas, Proxecto DIVA
Concello de Santiago, Policía Local, Ocio nocturno

Moitas grazas ás persoas e institucións que o fan posible.


Un venres diferente entre xoias do noso patrimonio.Acompañado polas súas profesoras, o alumnado de 2º curso de AAVV e Xe...
06/10/2026

Un venres diferente entre xoias do noso patrimonio.

Acompañado polas súas profesoras, o alumnado de 2º curso de AAVV e Xestión de Eventos percorreu, nunha visita guiada, o monumental Mosteiro de San Martiño Pinario . Historia, arte e moito aprendizaxe en equipo para pechar a semana da mellor maneira.

Porque a mellor forma de aprender é vivindo a historia de preto.

Esta semana o alumnado dos ciclos de turismo miramos a cidade coma un ente arqueolóxico vivo.Un ano máis, botámonos á rú...
05/10/2026

Esta semana o alumnado dos ciclos de turismo miramos a cidade coma un ente arqueolóxico vivo.
Un ano máis, botámonos á rúa capitaneados polo Colectivo A Rúa. Nesta ocasión, o obxectivo era entender a cidade desde unha perspectiva moi especial: a través de algo tan inherente ao ser humano coma o feito de xogar.
Así foi como fomos descubrindo unha gran cantidade de xogos barrocos e outros segredos que agocha Santiago, pero só para aquelas persoas que a saben mirar.
Moitas grazas a Luis e ao por esta fantástica visita e polo voso incrible labor en prol da preservación e difusión.

Onte celebramos a xornada de convivencia e cohesión do novo alumnado de 1ESO.Foi un tempo de establecemento de vínculos,...
29/09/2026

Onte celebramos a xornada de convivencia e cohesión do novo alumnado de 1ESO.

Foi un tempo de establecemento de vínculos, descubertas e complicidades no entorno da Alameda.

Grazas ao profesorado que organizou e colaborou.

Noraboa, rapazada!

Visita do alumnado de 1ESO á Biblioteca Pública Ánxel Casal.Na contorna do Plan PLEA, o noso alumnado de 1ESO coñece unh...
23/09/2026

Visita do alumnado de 1ESO á Biblioteca Pública Ánxel Casal.

Na contorna do Plan PLEA, o noso alumnado de 1ESO coñece unha institución senlleira da cidade.

O equipo directivo recibiu a tarde do luns ás a familias e alumnado de 1ESO na "Xornada de benvida".Benvidas ao Rosalía!
09/09/2026

O equipo directivo recibiu a tarde do luns ás a familias e alumnado de 1ESO na "Xornada de benvida".

Benvidas ao Rosalía!

Unha das tradicións de setembro é a inmersión lingüística en Bournemouth (UK) para o alumnado da ESO.Velaquí algunhas im...
09/09/2026

Unha das tradicións de setembro é a inmersión lingüística en Bournemouth (UK) para o alumnado da ESO.
Velaquí algunhas imaxes que nos trasladan.

Grazas ao profesorado que os acompañou nos días previos ao inicio de curso!!

No mes de agosto, un grupo de alumnado do Bacharelato Internacional participou no Campus Internacional CLMNTK26 como par...
09/09/2026

No mes de agosto, un grupo de alumnado do Bacharelato Internacional participou no Campus Internacional CLMNTK26 como parte do seu programa CAS.

Agardando que nos conten a súa aventura.
Grazas ao profesorado que os acompañou ata Aveiro, Portugal!!

Dirección

Rúa San Clemente, 3
Santiago De Compostela
15705

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
16:00 - 22:00
Martes 09:00 - 14:00
16:00 - 22:00
Miércoles 09:00 - 14:00
16:00 - 22:00
Jueves 09:00 - 14:00
16:00 - 22:00
Viernes 09:00 - 14:00
16:00 - 22:00

Teléfono

+34881866556

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando IES Rosalía de Castro publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a IES Rosalía de Castro:

Atajos

Compartir