22/02/2017
Lembra que agora somos Espazocoop. Podes seguir as publicacións da unión de cooperativas e continuar en conexión con nós dándolle a gústame na nova páxina. Grazas!
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas é unha asociación que agrupa a cooperativas de Galicia. Representamos, defendemos e prestamos servizos ás cooperativas, apoiamos a súa consolidación e crecemento. Promovemos o emprendemento cooperativo. Damos a coñecer á sociedade o modelo de empresa cooperativa. Espazocoop segue os valores e principios do movemento cooperativo e da economía social e solidaria.
23/01/2017
Neste 2017 arrancamos como Espazocoop
Neste 2017, iniciamos unha nova etapa como Espazocoop unión de cooperativa galegas, somos unha nova entidade froito da fusión das asociacións de cooperativas Ugacota, Ucetag e Sinerxia, que despois…
28/12/2016
Onte en Santiago de Compostela o presidente Celso Gándara e o secretario Domenico Tinelli, de Espazocoop asinaban a escritura de constitución da nova entidade. Un novo ano, unha nova andaina, un novo espazo para as cooperativas galegas.
26/12/2016
No 2017 seguiremos traballando para consolidar as cooperativas e impulsar máis emprego cooperativo!
Proxecto Poises-Creces 2017 Galicia
A nova unión de cooperativas Espazocoop participará no próximo ano 2017 no proxecto POISES-CRECES de Coceta, cun orzamento comprometido de máis de oitenta e cinco mil euros en Galicia. Obxetivos qu…
20/12/2016
Celso Gándara, presidente da Unión de Cooperativas, participa no consello reitor de Coceta, representando a Ugacota.
Segundo o presidente de Coceta, Juan Antonio Pedreño Frutos, o 2017 será un ano cun grande impacto para a economía social: Cláusulas Sociais, Poises, Conferencia Europea de Economía Social en Madrid, Plan Estratéxico ...
20/12/2016
Capacitando en Emprendemento Cooperativo: a nosa compañeira Rosa Álvarez forma estes días a un grupo de persoas en situación de desemprego no Concello de Cariño. Amosará condicións e claves para emprender en colectivo.
20/12/2016
Velaí vai unha reportaxe gráfica do que aconteceu no seminario de economía social, novas economías e emprego, que fixemos colaborando co Concello da Coruña, no que contamos con representación da Confederación Empresarial Española da Economía Social Cepes; Comité Económico e Social Europeo (EESC - European Economic and Social Committee); Consumo Colaborativo en Español; Rede de Economía Alternativa e Solidaria Reas_Red; Instituto de Estudos Cooperativos LANKI de Mondragon Unibertsitatea; Coop57; Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega; Zocamiñoca S. c. Galega, e Monte Veciñal Comunal De Santiago de Covelo.
Grazas a todas e a todos por participar!!
19/12/2016
Compartimos a entrevista que EntreNós Dixital fai a Leire Uriarte, relatora do seminario de economía social que celebramos o pasado venres
“En Mondragón quizá fallou a transmisión de valores que agora estamos a recuperar”
Leire Uriarte Zabala, profesora da Facultade de Humanidades e Ciencias da Educación da Universidade de Mondragón
19/12/2016
Grazas ás relatoras, ás participantes, e ao Concello da Coruña por facer posible unha xornada de aprendizaxe e intercambio sobre Economía Social
Dez cousas que tes que saber si buscas emprego na economía social galega
A economía social na Galiza vai dar un paso adiante o próximo día 1 coa estrea de EspazoCoop, a plataforma que xuntará a 181 cooperativas do país. Nestas semanas abundan os encontros dun sector
19/12/2016
A UNESCO recoñece ás cooperativas como patrimonio inmaterial da humanidade
As cooperativas, a súa idea e a práctica dos intereses comúns organizados en cooperativas, foron incluídas na Lista do patrimonio cultural inmaterial da humanidade. A decisión foi adoptada polo Com…