07/10/2018
Hoxe levamos "A Tropa Trapalleira" a Ourense e o noso compañeiro Roi Méndez fixo esta entrevista para o diario La Región. Nós xa estamos de camiño, agardámosvos ás 12.00 h. no Auditorio Municipal.
Comedia para superar o conflito
"A Tropa Trapalleira" emprega un humor absurdo para invitar á reflexión sobre o ilóxico das guerras e a importancia do diálogo e da tolerancia
01/10/2018
Sabiades que A Tropa Trapalleira está de volta? Desta vez aterramos na cidade de Ourense (terra da chispa). Agardámoste o domingo 7 de outubro ás 12.00 h. na sala principal do Auditorio Municipal de Ourense.
Xa están á venda as entradas en: https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/teatro/auditorio-municipal-de-ourense/9095--a-tropa-trapalleira-de-bocaberta.html
22/03/2018
Onte tocou ir aos a celebrar cos compañeiros os éxitos do 2017. Parabéns a todos. Carmiña Miudiña tivo o seu momento de gloria. E Carla entregou uns premios
10/03/2018
Paola e Marco Gambini arrancan de novo cara Redondela con novas expresións na maleta. Porque Express Arte é un espectáculo vivo!
Esta parella artística ancorada esteticamente nos anos oitenta e con aires de orquestra desfasada, fará un percorrido en clave de humor a través de todas as artes.
Un espectáculo no que a Muralla de Lugo e o Acueduto de Burgos (que non de Segovia) conversan sobre as súas vidas ou no que dous vaqueiros do Oeste fan a súa particular versión do filme “O bo, o feo e o malo”.
14/02/2018
Que andaremos a argallar? Novos proxectos cheos de cor e aventuras que contar.
01/01/2018
Por aí vén o 2018!!! Desde BocAberta desexamos que este novo ano veña cargado de cousas boas pero sobre todo de moito TEATRO. Grazas por acompañarnos neste camiño un ano máis. FELIZ 2018!
24/12/2017
Desde Bocaberta desexamos que teñades unhas festas cheas de felicidade e que o 2018 veña cargado de cousas marabillosas.
03/12/2017
Hoxe estamos de feira,disfrutando do Paso obrigado polo posto de
24/11/2017
Fai 3 anos estreabamos en Compostela "Express Arte", o noso primeiro espectáculo.
coa bocAberta.
facendo teatro galego e en galego.
levando o teatro a pequenos lugares.
Grazas a vós, querido público. Sen ti, non somos nada.
04/11/2017
A do luns pasado en Ribadumia foi a última función da
Agora toca poñer o pixama e hibernar para repoñer forzas! Levamos con nós todos os vosos sorrisos! Agradecidos polo voso cariño.
30/10/2017
Hoxe ás 18:00 no Auditorio de Ribadumia rematamos a nosa xira de outono. Toca descansar e repoñer forzas.