10/06/2025
CURSO DE VERÁN USC. Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta ☠️
O día 26 e 27 de xuño os nosos compañeiros, Patricia Argüelles, Edgard Camarós, Dolores Dopico e Miguel Carrero, organizan un curso de verán no Museo A Domus do Mitreo (Lugo), financiado pola Deputación de Lugo
A continuación deixámosvos o programa.
Aqueles interesado teñen ata o 13 de xuño para matricularse.
Bulide que as prazas voan 🏃♀️
13/11/2024
O CISPAC contará cun novo Laboratorio de Computación, Teledetección e Modelado 3D 📸💻🖥
O noso compañeiro Miguel Carrero Pazos vén de gañar un dos proxectos de Equipamento Científico-Técnico (EQC2024), parte do Plan Estatal de Investigación Científica-Técnica e de Innovación
Podes leer toda a noticia no seguinte enlace 👇
O CISPAC contará cun novo Laboratorio de Computación, Teledetección e Modelado 3D - CISPAC
Miguel Carrero Pazos, investigador IP do CISPAC, ven de gañar un dos proxectos de Equipamento Científico-Técnico (EQC2024), parte do Plan Estatal de Investigación Científica-Técnica e de Innovación 2021-2023, da Axencia Estatal de Investigación, Ministerio de Ciencia Innovación e Universida...
05/11/2024
O GEPN-AAT e a área de Prehistoria da USC está de noraboa. Miguel Carrero ven de promocionar a Profesor Permanente Laboral (antigo Contratado Doutor), cun tribunal de oposición composto polos profesores Ramón Fábregas (USC), Mar Llinares (USC), Pablo Atoche (ULPGC), Ernestina Badal (UV), Augusto Farrujia (ULL)
14/10/2024
O pasado venres, o GEPN organizou sendas actividades nas que participaron o alumnado de 1° e 2° de primaria da Escola La Salle de Santiago de Compostela. As fotos reflicten o ben que o pasaron e todo o que aprenderon 😊
19/03/2024
Esta semana os nosos compañeiros Miguel Carrero Pazos e Alia Vázquez están nun Workshop sobre arte rupestre “New digital recording methods and recently developed theoretical approaches” que se celebra os días 19-20 de marzo na Humboldt Universität zu Berlín
03/01/2024
🤗 Vimos de publicar dúas novas contribucións sobre a arte parietal paleolítica do NW peninsular a través de Cova Eirós e estacións do norte de Portugal.
❗ O artigo 'El fin del estilo paleolítico: un caso de estudio en el Noroeste peninsular' -publicado na revista Munibe- xunto co capítulo 'The Palaeolithic Rock Art of Northern Portugal and Galicia' -dentro dunha obra colectiva publicada na editorial Routledge- fan unha posta ao día sobre as representacións de finais do Paleolítico en Cova Eirós e o val do Côa, amosando a existencia de convencións e recursos gráficos compartidos nesta rexión.
Universidade de Santiago de Compostela CISPAC Universidad
https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/galicia-norte-portugal-compartian-finais-paleolitico-corpus-artistico-revela-nexos-culturais?fbclid=IwAR1dPzQoQsz82SkiyWamaEsAl-fYUM-VZdpoKr2mOtVfcb5zreBz1_x0Kl4Oviedo IPHES - Institut Català de Paleoecologia Humana i Evolució Social Universidade de Coimbra
Galicia e o Norte de Portugal compartían a finais do Paleolítico un corpus artístico que revela nexos culturais | Universidade de Santiago de Compostela
Dúas investigacións descobren os paralelismos existentes entre representacións de máis de 9.000 anos de antigüidade en Cova Eirós (Triacastela, Lugo) e o val do Côa