Hoxe o APOI está de loito. Falta Dorothé Schubarth. Que a terra che sexa leve, Doriña!
APOI - Museo do Pobo Galego
O APOI dixitaliza, cataloga, estuda e difunde gravacións etnográficas de Galicia. Pódese acceder libremente á base de datos en apoi.museodopobo.gal
O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego desenvolve un programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión de gravacións etnográficas de Galicia. O enderezo da súa base de datos é: http://apoi.museodopobo.gal
17/07/2019
Falece Santiago Caneiro, mestre gaiteiro e referente da música tradicional | CRTVG Esta mañá morreu aos 58 anos de idade Santiago Caneiro Aneiros, mestre gaiteiro e referente da mú...
15/05/2018
Coa subida destes cortes da segunda recolla na casa de Manuel "da Carroceta" completamos as entradas da cinta nº 20 da colección de Juan Parga. Aquí tedes unha ligazón abreviada dos resultados dunha busca avanzada por 1. tipo de medio (vídeo); 2. lugar (Baralla) e 3. data (1995). https://bit.ly/2KWJhKN
Animádevos a facer as vosas buscas e envialas, ou compartilas en redes!
Novas incorporacións á base de datos na Rede. Gravacións de vídeo con baile e gaita en Baralla, en 1995, realizadas por Juan Parga e Cristina Vila.
Novo contido do Arquivo Dixital do Museo do Pobo Galego - Arquivo Dixital do Museo do Pobo Galego
25/04/2018
"Muiñeira de Barro" é o título da composición baseada na muiñeira ID #81 (http://apoi.museodopobo.gal/81/), creada por Javier María López e e o alumnado do Curso Maxistral da Central Folque. Esperamos que sigan saíndo cousas tan bonitas coma esta...!
Tocan mestres e alumnos do curso: Laura Souto: frauta; Martinho Cabarcos: sanfona; Maria G. Blanco: violino; Alba Maria: voz; Javier Maria Lopez: frauta e guitarra; Alejandro Vargas: piano; Pablo Perez: contrabaixo.
https://open.spotify.com/track/1o59n7ILqnCmfT6Qwf4imH
Muiñeira De Barro Escola de Música Popular e Avanzada · Song · 2017
19/04/2018
Saímos da casa para levar o proxecto do APOI ás casas dos demais. Onte, fenomenalmente acompañados por Gustavo Couto e a xente de Ultreia (OCT Ultreia), presentamos, gozamos con anacos de música e baile, amosamos como empregar a base de datos e debatemos ao final. Así moitas máis! ...et suseia
17/04/2018
Lembrade que mañá mércores 18, ás 21:00 estaremos presentando o APOI no local do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia (r/Pexigo de arriba, nº28 -- Compostela). A asistencia é aberta para todos os públicos, vide se queredes ver como funciona a base de datos e parte dos fondos de música e baile tradicional do arquivo!
PRESENTACIÓN!!!
O mércores día 18 de abril ás 21:00, teremos no local do OCT Ultreia a presentación da nova páxina web do APOI - Museo do Pobo Galego (Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade) do Museo do Pobo Galego.
Contaremos coa presenza de Sergio de la Osa, que nos explicará todos os detalles da nova web.
Aberto a todos os públicos. Animádevos!!
11/04/2018
O próximo mércores 18 de abril ás 21:00 presentaremos os fondos de música e baile da nova páxina web do APOI no local do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia (r/Pexigo de arriba, nº28 -- Compostela) e amosaremos como realizar buscas na base de datos. Aberto a todos os públicos!
PRESENTACIÓN!!!
O mércores día 18 de abril ás 21:00, teremos no local do OCT Ultreia a presentación da nova páxina web do APOI - Museo do Pobo Galego (Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade) do Museo do Pobo Galego.
Contaremos coa presenza de Sergio de la Osa, que nos explicará todos os detalles da nova web.
Aberto a todos os públicos. Animádevos!!
17/03/2018
Con fondo pesar temos que dar a nova do falecemento de Carlos García Martínez. Director desta entidade á que dedicou toda a súa vida, foi o principal valedor desta empresa colectiva na que hoxe sentímonos orfos e orfas.
Comprometido sempre co país, foi tamén patrón fundador da Fundación Castelao, da Fundación Pedrón de Ouro, académico correspondente da Academia Galega e presidente do Consello Galego de Museos. Estudoso da historia e da arqueoloxía de Galicia, recibiu o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo en 1999.
A capela ardente estará instalada no Museo do Pobo Galego desde mañá, domingo 18 de marzo ás 16h00 da tarde. O sepelio será en Sta. María de Figueiras (Santiago de Compostela), o luns 19 ás 17h00.
O acceso normal ao Museo interrómpese desde esta tarde. Reanudarase o martes ás 10h30.
14/03/2018
Aquí tedes todos os cortes musicais do vídeo de recolla a Maruja de Cataliña e Maruja do Americano en Santa Comba, 2013. Cantaron rumba, xotas, muiñeiras, tocaron pandeireta, lata de sardiñas, botella de anís, cunchas... (http://bit.ly/2pahFZd)
Gracias a Ismael Marcos e Francisco Manteiga por doar o material e documentalo; así pode agora estar a disposición de todos e todas nós! E a Antón Santamarina pola revisión da transcrición das letras, feita por Ismael Marcos.
Colección coinciden "Marcos-Manteiga" - Arquivo Dixital do Museo do Pobo Galego
13/03/2018
Último corte musical da recolla de Ismael Marcos e Francisco Manteiga:
Ritmos bailables - Arquivo Dixital do Museo do Pobo Galego Maruja de Cataliña amosa como se tocaban ritmos con outros instrumentos (botella de anís, cunchas) alén de coa pandeireta, coa que tocan no resto de cantigas desta recolla.
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Localización
Página web
Dirección
Museo Do Pobo Galego. Costa De San Domingos
Santiago De Compostela
15703
11/03/2023