A. C. Escola Viva Antes

A. C. Escola Viva Antes Terra dos puntos liberados, enraizada na memoria e fiada pola comunidade que con pés e maus bate, sobre a tradición que late.

Texemos puntos, voltas, coplas ou melodías a partir dos fíos da nosa tradición, construíndo con responsabilidade e agarimo.

✨ ACTUALIZACIÓN AULAS COMPLETAS! ✨Algunhas das aulas do horario deste curso xa cubriron todas as prazas 🙌🔴 PRAZAS ESGOTA...
16/09/2026

✨ ACTUALIZACIÓN AULAS COMPLETAS! ✨

Algunhas das aulas do horario deste curso xa cubriron todas as prazas 🙌

🔴 PRAZAS ESGOTADAS (podes anotarte á lista de agarda)

- BAILE: intermedio II, perfecc., intermedio I (20.30h)
- CANTO E PERCUSIÓN DE MAN: Intermedio I e II
- GAITA: horario completo

🟢 Aínda quedan prazas noutros grupos!

Se estabas pensando en apuntarte, consulta o horario e reserva a túa praza.

Grazas pola acollida! 💜

➡️ Actualizamos información das clases de gaita! Lembramos, comezo na semana do 14 de setembro. 📆🔜 E as clases de tambor...
31/08/2026

➡️ Actualizamos información das clases de gaita!
Lembramos, comezo na semana do 14 de setembro. 📆

🔜 E as clases de tamboril empezan o xoves 1 de outubro!


Dende A.C. Escola Vivantes! queremos dar o noso máis profundo pésame polo pasamento de Pablo, integrante de A. F. Cantig...
06/07/2026

Dende A.C. Escola Vivantes! queremos dar o noso máis profundo pésame polo pasamento de Pablo, integrante de A. F. Cantigas e Agarimos.

Todo o noso apoio e unha fonda aperta á súa familia, amizades e a toda a comunidade de Cantigas e Agarimos nestes momentos tan dolorosos. Que a terra lle sexa leve.

INTENSIVO DE VERÁN 🏖️‼️Se tes pensado romper a zapatilla nos torreiros do verán e xa dominas un pouquiño o baile solto, ...
01/07/2026

INTENSIVO DE VERÁN 🏖️‼️

Se tes pensado romper a zapatilla nos torreiros do verán e xa dominas un pouquiño o baile solto, este curso é para ti!!

📝Código e recursos básicos do baile tradicional galego para sobrevivir nas foliadas (nivel intermedio I)

🗓️6-7-8 de xullo, de 16.30 a 20.30h

➡️ Aquí vos mostramos parte do noso novo equipamento 🥁 para compartir con vós nas clases e obradoiros.Subvencionado pola...
15/04/2026

➡️ Aquí vos mostramos parte do noso novo equipamento 🥁 para compartir con vós nas clases e obradoiros.

Subvencionado pola

11/02/2026

O importante é quentar! 💪🤸🏽‍♀️🏋🏽‍♀️

🌟 As bolsas das cantareiras! 🎶🚀 Presentámosvos o noso novo "merchan", as bolsas das cantareiras ás que lle adicaron as L...
19/11/2025

🌟 As bolsas das cantareiras! 🎶

🚀 Presentámosvos o noso novo "merchan", as bolsas das cantareiras ás que lle adicaron as Letras Galegas '25 💙

➡️ Para facervos coa vosa tendes que ir ó enlace do formulario que está na bio 🔝

💫 Son case tan xeitosas coma as mulleres que nelas se mostran 😉

Agradecementos:

Pablo Quintana
Richi Casás
Serilúa

👣 Obradoiro de Baile de Terras de Soneira e maneo 📆 25 e 26 de outubro, de 10:30 a 13:30 📍Centro Don Bosco, rúa Belvís, ...
08/10/2025

👣 Obradoiro de Baile de Terras de Soneira e maneo

📆 25 e 26 de outubro, de 10:30 a 13:30

📍Centro Don Bosco, rúa Belvís, 2, Santiago de Compostela

📖 Impartido por Ramón do Serrador

📝 Inscricións no enlace da bio (Obradoiro de Baile de Terras de Soneira e maneo)

ℹ️ Máis info: [email protected]

Subvencionado pola Deputación da Coruña




Dirección

Centro Xuvenil Don Bosco
Santiago De Compostela
15704

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando A. C. Escola Viva Antes publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a A. C. Escola Viva Antes:

Atajos

Compartir