Escola Galega de Administración Pública - EGAP

Escola Galega de Administración Pública - EGAP EGAP Escola Galega de Administración Pública - EGAP
egap.xunta.es

A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, participou esta tarde na clausura...
29/09/2026

A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, participou esta tarde na clausura da XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Goberno Aberto, celebrado na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

Na súa intervención, Sonia Rodríguez-Campos puxo en valor a transparencia “como un elemento esencial para reforzar a confianza da cidadanía nas institucións” e destacou o papel da formación e da profesionalización do persoal empregado público “para avanzar cara a unha Administración máis moderna, íntegra e próxima”.

A XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Goberno Aberto reuniu durante dous días a máis de 300 persoas de 20 países e abordou ao longo das súas sesións cuestións como a relación entre transparencia e seguridade, o impacto da intelixencia artificial e das novas tecnoloxías no dereito de acceso á información, ciberseguridade e a desinformación, entre outras.

🔗 https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/028945/egap-reivindica-formacion-profesionalizacion-del-personal-publico-como-claves

A EGAP acolleu hoxe a inauguración do curso de alta especialización “Ordenación da economía e sectores regulados”, unha ...
17/09/2026

A EGAP acolleu hoxe a inauguración do curso de alta especialización “Ordenación da economía e sectores regulados”, unha actividade formativa dirixida a afondar nos principais instrumentos xurídicos, económicos e organizativos que articulan a intervención das Administracións públicas na actividade económica.

A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, sinalou durante a inauguración a importancia de contar con persoal empregado público con formación especializada para afrontar a crecente complexidade da regulación económica.

“A evolución dos mercados, a complexidade normativa e os novos retos aos que se enfrontan as Administracións públicas fan especialmente necesario contar con profesionais preparados para analizar e aplicar adecuadamente as diferentes ferramentas de regulación e intervención económica”, sinalou.

A actividade formativa, dirixida polo catedrático de Dereito Administrativo da Universidad de Salamanca, Ricardo Rivero Ortega, desenvolverase entre o 17 de setembro e o 22 de outubro cun total de 30 horas e 40 asistentes, nunha modalidade mixta que combinará unha sesión presencial na sede da EGAP, con posteriores sesións de telepresenza a través da aula virtual da Escola.

🔗 https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/028465/egap-analiza-los-retos-intervencion-publica-economia-los-sectores-regulados

A EGAP celebrou hoxe un interesante webinario impartido polo catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Se...
02/07/2026

A EGAP celebrou hoxe un interesante webinario impartido polo catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Sevilla, Jesús Jordano Fraga, no que se abordaron os principais retos xurídicos asociados á xestión dos desastres naturais e ás consecuencias derivadas das situacións de emerxencia.

Ao longo da sesión, analizouse o marco normativo aplicable fronte ás catástrofes naturais, con especial atención ao concepto de forza maior e á súa incidencia na responsabilidade patrimonial da Administración pública. Así mesmo, examináronse os supostos de concorrencia de causas en contextos de desastre natural, unha cuestión de especial relevancia á hora de determinar responsabilidades e avaliar os danos producidos.

O profesor Jordano Fraga tamén realizou unha revisión da xurisprudencia máis recente en España relacionada cos danos derivados de catástrofes e crises, achegando unha visión rigorosa e actualizada sobre a resposta do ordenamento xurídico ante fenómenos cada vez máis frecuentes e complexos.

Este webinario constitúe unha valiosa oportunidade para reflexionar sobre os desafíos que os desastres naturais presentan para as Administracións Públicas e para afondar no papel do Dereito Administrativo na prevención, xestión e reparación dos seus efectos.

Hoxe celebramos na EGAP a xornada "Claves actuais do emprego público no marco da boa Administración", un encontro que ab...
26/06/2026

Hoxe celebramos na EGAP a xornada "Claves actuais do emprego público no marco da boa Administración", un encontro que abordou os principais retos que afrontan as Administracións Públicas en materia de selección, avaliación do desempeño e estabilidade no emprego.

No acto de inauguración interviron a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos; a directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Nuria Aguilar, e o catedrático de Dereito Administrativo da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) e coordinador da xornada, Jesús Ángel Fuentetaja Pastor.

O presidente da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Luis Fernando de Castro Mejuto, pechou a xornada cun relatorio sobre as relacións laborais temporais na Administración.

https://egap.xunta.gal/fichanova/id/4997

22/06/2026

Este venres, 26 de xuño, terá lugar a xornada Claves actuais do emprego publico no marco da boa administración, co obxectivo de ofrecer unha visión integrada e renovada na interpretación e aplicación das institucións clásicas do emprego público.

👥 Actividade dirixida ao persoal empregado público e á cidadanía.

⏱️ 5 horas lectivas

📝 Inscrición dispoñible ata o 22 de xuño ás 23:59 horas

🔗Máis información sobre a convocatoria na nosa web: https://egap.xunta.gal/fichaxornada/index/PU26005

A EGAP celebrou hoxe o acto conmemorativo do Día das Letras Galegas cunha homenaxe á escritora e xornalista Begoña Caama...
21/05/2026

A EGAP celebrou hoxe o acto conmemorativo do Día das Letras Galegas cunha homenaxe á escritora e xornalista Begoña Caamaño.

Ao acto asistiron o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentin García; a vicepresidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra, e a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos.

Durante a xornada conmemorativa leváronse a cabo diversas actividades para dar a coñecer o legado da homenaxeada como o relatorio que impartiu o escritor e docente Ramón Nicolás Rodríguez, e unha actuación musical a cargo de Inma López Silva e Francisco Castro.

Ademais entregáronse os galardóns do concurso de literatura infantil e xuvenil organizado pola Escola con motivo do Día das Letras Galegas.

🔗 https://egap.xunta.gal/fichanova/id/4954

17/05/2026
‼️ Últimos días para participar no noso concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas. O próximo v...
05/05/2026

‼️ Últimos días para participar no noso concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas. O próximo venres 8 de maio rematará o prazo para presentar os traballos.

Un ano máis, convocamos o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas, dirixido aos nenos e ás nenas galegos con idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos e os 12 e os 14 anos.

ℹ️ Consulta as bases da convocatoria na nosa web:

👉 https://egap.xunta.gal/fichapremio/id/4911

Un ano máis, convocamos o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas, dirixido aos nenos e ás n...
27/04/2026

Un ano máis, convocamos o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas, dirixido aos nenos e ás nenas galegos con idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos e os 12 e os 14 anos.

ℹ️ Consulta as bases da convocatoria na nosa web:

👉 https://egap.xunta.gal/fichapremio/id/4911

👉A EGAP acolleu esta mañá o foro de debate “A reforma do sistema de financiamento autonómico e a súas posibilidades de m...
07/04/2026

👉A EGAP acolleu esta mañá o foro de debate “A reforma do sistema de financiamento autonómico e a súas posibilidades de mellora” co obxectivo de intercambiar ideas, opinións e propostas sobre o actual modelo e a súa reforma.

👩‍🦱 A directora da Escola, Sonia Rodríguez-Campos, destacou que nun contexto marcado pola incerteza e os cambios constantes, "é máis necesario ca nunca apostar por espazos de encontro como este, onde a pluralidade de perspectivas se converte nun valor e nun motor de avance”.

🗣️ O catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostela, Roberto L. Blanco Valdés, foi especialmente crítico co sistema de cotas, ao consideralo un privilexio dificilmente compatible co principio de igualdade entre cidadáns.“Se hai sistemas de cotas non hai solidariedade territorial ni solidariedade entre as persoas”.

🗣️ No debate sobre o financiamento autonómico, as reflexións do catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Santiago, César García Novoa, poñen o foco nunha idea clave: a autonomía financeira das comunidades non pode traducirse en desigualdade entre cidadáns.

👩‍🦱 A decana de Dereito e catedrática de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Salamanca, María Ángeles Guervós, sinalou que "é necesario un acordo multilateral de reforma do sistema de financiamiento autonómico. O novo modelo debe ter en conta a capacidade de xerar recursos de cada Comunidade autónoma e ser transparente".

🗣️ O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos López-Prado, clausurou o foro. Na súa intervención reivindicou os principios constitucionais de igualdade e solidariedade para o novo modelo do Sistema de Financiamento Autonómico (SFA), fronte ao criterio de ordenación dos ingresos, que “nunca ata o momento constituíra un dos seus principios reguladores”.

▶️ Miguel Corgos lembrou que hai consenso sobre a necesidade de reformar o actual modelo de financiamento, xa que provoca “un reparto insuficiente, desigual e pouco equitativo entre as CC.AA. de réxime común”.

🗣️ O responsable da Facenda galega abundou na idea de que se a proposta do Goberno central sae adiante, “Galicia tería o peor financiamento autonómico da historia”.

Máis información: https://egap.xunta.gal/fichanova/id/4908

Dirección

Rúa De Madrid, 2-4
Santiago De Compostela
15707

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 21:00
Martes 08:00 - 21:00
Miércoles 08:00 - 21:00
Jueves 08:00 - 21:00
Viernes 08:00 - 21:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Escola Galega de Administración Pública - EGAP publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir