Xardín da Infancia Raiola

Xardín da Infancia Raiola Escola Infantil de 0-6 anos con amplos espazos e zonas verdes, participativa e aberta ás familias.

A ROSALÍA As nenas e nenos de 6º fanlle a primeira ofrenda floral neste curso á MUSA DOS POBOS. Ela vainos acompañar na ...
15/09/2026

A ROSALÍA
As nenas e nenos de 6º fanlle a primeira ofrenda floral neste curso á MUSA DOS POBOS. Ela vainos acompañar na clase compartindo con nós a súa afouteza e o amor a nosa lingua e a nosa terra.VIVA ROSALÍA

FELIZ SEMANAEsta é a primeira semana completa con todo o alumnado nas nosas aulas.Aínda que va i moita calor xa se intúe...
14/09/2026

FELIZ SEMANA
Esta é a primeira semana completa con todo o alumnado nas nosas aulas.
Aínda que va i moita calor xa se intúe o outono e para aprender del preparámonos.
O outono é a estación na que celebramos o SAMAÍN e o MAGOSTO e que co seu paso tranquilo nos leva ao NADAL.
Agárdannos moitos días cheos de descubrimentos e felicidade.
BOA SEMANA A TODAS E TODOS!

FELIZ CURSOÁs pequeniñas e pequeniños do primeiro ciclo que xa estaban vindo á escola únenselles hoxe as nenas e nenos d...
09/09/2026

FELIZ CURSO
Ás pequeniñas e pequeniños do primeiro ciclo que xa estaban vindo á escola únenselles hoxe as nenas e nenos do segundo ciclo.
Queremos que todos eles e todas elas teñan un curso escolar cheo de días ledos nos que aprender e medrar.
FELIZ CURSO 26-27!

CURSO 2026-27Hoxe dá comezo o curso 2026/2027 para o profesorado.Durante o mes de agosto acontecerónse mellolaras de moi...
01/09/2026

CURSO 2026-27
Hoxe dá comezo o curso 2026/2027 para o profesorado.
Durante o mes de agosto acontecerónse mellolaras de moita importancia nas aula do 1º Ciclo.
Despois dese traballo, no día de hoxe, tócanos recolocar as aulas para recibir ao alumnado nas xornadas próximas e dar comezo ao período de adaptación.
Nese proceso colaboraremos coas familias para que sexa o máis amable e integrador posible.
Ánimo e feliz curso.

Tras as informacións que saen na prensa sobre o retraso do comezo do curso nas escolas infantís, dende Raiola queremos a...
20/08/2026

Tras as informacións que saen na prensa sobre o retraso do comezo do curso nas escolas infantís, dende Raiola queremos aclarar que na escola mantemos a data inicial de comezo do curso prevista para o primeiro ciclo. Polo tanto, vémonos o día 2 de setembro tal e como se vos informou na reunión.

Vémonos pronto, familias!

FINHoxe remata o curso 2025/2026.Pechamos as aulas do 1º Ciclo e o Campamento do 2º Ciclo.Este foi un ano tranquilo no q...
31/07/2026

FIN
Hoxe remata o curso 2025/2026.
Pechamos as aulas do 1º Ciclo e o Campamento do 2º Ciclo.
Este foi un ano tranquilo no que compartimos días especiais e vivimos con ledicia os días nos que as tranquilas rutinas nos deron seguridade.
Hoxe, agora, co traballo feito, no derradeiro día de curso dándovos as grazas por ternos elexido como a escola dos vosos nenos e nenas.
Ímonos descansar durante o mes de agosto, para voltar con ánimo renovado o setembro próximo.
A moitos e moitas vémosvos pronto e aos que xa non ides reenganchar en setembro MOITA SORTE E ATA SEMPRE.
Felices vacacións!!!

CASIÑA NOVANo alto do patio da figueira, nun recuncho moi xeitoso, temos unha casiña nova.É moi "cuqui", e nela xogan as...
23/07/2026

CASIÑA NOVA
No alto do patio da figueira, nun recuncho moi xeitoso, temos unha casiña nova.
É moi "cuqui", e nela xogan as nenas e nenos do campamento do 2º Ciclo á espera de que no inicio do curso 26/27 sexa un elemento de xogo que traia moita felicidade á totalidade do noso alumnado.
Xogar e aprender!!!

PAN CON TOMATE PARA A HORA DO PETISCOCon bo pan, tomates maduros e saborosos, unhas áreas de sal e unha pinguiña de acei...
22/07/2026

PAN CON TOMATE PARA A HORA DO PETISCO
Con bo pan, tomates maduros e saborosos, unhas áreas de sal e unha pinguiña de aceite de oliva faise o pan con tomate.
Comémolo só, con xamón, con queixo ou... co que nos pete!
É unha fórmula segura para renovar a enerxía ata a hora de xantar.
Bon proveito.

REMATANDO O CURSO 2026Esta mañá cedo activáronse as alarmas da escola! Había un pequeno lume que nos encheu de fume a es...
19/06/2026

REMATANDO O CURSO 2026
Esta mañá cedo activáronse as alarmas da escola! Había un pequeno lume que nos encheu de fume a escola.
Foi un simulacro pero as nenas e nenos fixérono xenial. Seguindo as indicacións das mestras, logrouse evacuar rápidamente todas as aulas de forma ordenada.
E aproveitando que este venres finaliza o curso escolar para o alumnado do 2º Ciclo, fixemos máis festa!
Música, xogos, petisco especial a media mañá, e auga para refrescarse da calor!

CÉ ORQUESTRA PANTASMACando César nos visita o éxito está asegurado. Nenas e nenos, grandes, medianos e pequenos, bailan ...
19/06/2026

CÉ ORQUESTRA PANTASMA
Cando César nos visita o éxito está asegurado.
Nenas e nenos, grandes, medianos e pequenos, bailan ao animado son dunhas melodías cheas de encanto.
César é un artista que nos engaiola e co que cada visita é unha gran FESTA.

Dirección

Rúa Raiola N° 2 (barrio Do Castiñeiriño)
Santiago De Compostela
15702

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Xardín da Infancia Raiola publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir