12/11/2025
A vindeira semana terá lugar na Facultade de Filoloxía da USC unha nova edición do simposio do Instituto da Lingua Galega, que neste ano 2025 está dedicado ás oportunidades e riscos da intelixencia artificial e a lingua galega. A inscrición permanece aberta ata o 13 de novembro.
📍Podedes encontrar tanto o programa como a información sobre os participantes no evento na páxina web do ILG: https://ilg.usc.gal/gl/actividades/simposio-ilg-2025
18/06/2025
Mañá comeza o "Congreso Internacional 1950-2010: seis décadas de literatura e sociedade en Galiza". Podedes consultar o programa completo desta reunión científica, que se desenvolverá ao longo dos días 19 e 20 de xuño no salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC, na páxina web do ILG: https://ilg.usc.gal/gl/actividades/congreso-internacional-literatura-sociedade.
07/04/2025
Es estudante de Filoloxía? Queres falar coas máquinas en galego?
O Validatón 2025 é unha competición aberta ao alumnado das titulacións de Filoloxía en que poderá contribuír á creación de recursos para o galego en Common Voice, plataforma pública de datos de voz alimentada por persoas voluntarias de todo o mundo. O obxectivo deste proxecto colaborativo é crear grandes corpus de datos orais que poidan ser empregados para adestrar modelos de recoñecemento da fala en distintas linguas, entre elas o galego. O prazo de inscrición remata o 10 de abril ás 12 h. Anímate a participar! Haberá agasallos sorpresa e premios en metálico para a persoa gañadora de cada categoría.
Podes consultar toda a información nesta ligazón: https://ilg.usc.gal/gl/actividades/validaton-2025
02/04/2025
O vindeiro xoves 3 de abril, no salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC, terá lugar a presentación do libro Manual of Galician Linguistics, editado por De Gruyter. No acto, que comezará ás 12:30 horas, intervirán Ernesto González Seoane e Xulio Sousa, editores do volume e docentes do Departamento de Filoloxía Galega da USC, xunto co tamén profesor desta universidade Víctor Longa. Agardámosvos!
26/11/2024
📇📚Os días 27 e 28 de novembro terá lugar na Facultade de Filoloxía da USC unha nova edición do simposio do Instituto da Lingua Galega, que neste ano 2024 leva por título "Cultura Impresa: materialidades, paradigmas e retos epistémicos".
📍Tanto o programa como a información sobre os participantes no evento están dispoñibles na páxina web do ILG: https://ilg.usc.gal/gl/actividades/simposio-ilg-2024
21/11/2024
🔵📅Ata o vindeiro 15 de xaneiro, podedes visitar na Facultade de Filoloxía a exposición "Castelao, de Sempre en Galiza ao Consello de Galiza (1934-1944)", comisariada polo profesor Henrique Monteagudo, director da Cátedra Castelao da Universidade de Santiago de Compostela, recentemente creada.
Tedes toda a información sobre a iniciativa na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/nace-catedra-castelao-iniciativa-usc-proxectar-figura-autor-cultura-galega-cara-futuro.
Nace a Cátedra Castelao como iniciativa da USC para proxectar a figura do autor e a cultura galega cara ao futuro | Universidade de Santiago de Compostela
Coincidindo coa presentación institucional estreouse na Facultade de Filoloxía a exposición ‘Castelao, de Sempre en Galiza ao Consello de Galiza (1934-1944)’
07/11/2024
📅📍 Este venres 8 de novembro, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, celebrarase a III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico, organizada polo Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC e o Centro de Linguas, Literaturas e Culturas (CLLC) da Universidade de Aveiro. Esta terceira edición continúa a ter como principal obxectivo promover e difundir traballos que se enmarquen no campo da variación e o cambio lingüístico. Podes consultar toda a información sobre o evento, así como o programa completo das sesións, na páxina web do ILG: https://ilg.usc.gal/gl/actividades/III-xornada-variacion-cambio.
20/09/2024
O martes 24, ás 16:00 e no salón de graos da Facultade de Filoloxía, terá lugar a xornada Lingua e Matemáticas, coa intervención de Saúl Buján, Clara Lago, Alba Aguete e Francisco Estévez e cun obradoiro de María José Ginzo. Anímate a asistir!
20/09/2024
O vindeiro luns 23 de setembro (12:00, Salón de actos), no marco da celebración do 50 aniversario da Facultade de Filoloxía, inaugurarase un ciclo de oito conferencias a cargo de exdecanos e decanos do centro coa intervención de Ramón Lorenzo, que estará acompañado de Ana Boullón e Dolores Vilavedra.
04/07/2024
Xornada sobre A intelixencia artificial: un novo desafío para o ensino da lingua, literatura e cultura galegas na educación secundaria, organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG) e coordinada por Francisco Dubert e Elisa Fernández Rei.
Este evento terá lugar o vindeiro martes 9 de xullo na sede do CCG a partir das 16:00 h.
24/06/2024
A intelixencia artificial: un novo desafío para o ensino da lingua, literatura e cultura galegas na educación secundaria
9 de xullo de 2024
16:00 horas
Consello da Cultura Galega
Organiza: Consello da Cultura Galega. Sección de Lingua, Literatura e Comunicación
A irrupción a finais do ano 2022 de ferramentas de intelixencia artificial xerativa, como ChatGPT e outras moitas, está a revolucionar o xeito en que o estudantado realiza as tarefas, mais tamén a maneira en que o profesorado avalía os traballos ou como usa estas ferramentas para a proposta de actividades ou para o reforzo da aprendizaxe. Pola súa parte, o galego atópase nunha situación de minorización tamén no ámbito tecnolóxico, de xeito que moitas das ferramentas que a comunidade educativa ten ao seu alcance non están en galego nin están contextualizadas ou referenciadas na cultura galega.
Esta actividade pretende reflexionar sobre os desafíos que traen canda si estas tecnoloxías, especialmente a intelixencia artificial, e sobre o impacto que teñen na docencia de lingua, literatura e cultura galegas no ensino medio. Tamén se procura identificar as oportunidades que nos ofrecen e propoñer, de ser posible, algunhas claves para afrontar unha realidade que xa temos dentro das aulas.
Participan:
Lorena Casal, Grupo de Investigación de Tecnoloxía Educativa da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e secretaria do Instituto de Ciencias da Educación da USC
Ana Pérez Rico, Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG)
Fernando González Bao, Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI)
María José Malmierca, Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)
Fátima Leira Beloso, profesora no IES Canido de Ferrol
Francisco Dubert García (Instituto da Lingua Galega, USC)

PROGRAMA
https://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_ac_2024_intelixencia-artificial-ensino-def2.pdf
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN
https://consellodacultura.gal/evento.php?id=201914
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN
A intelixencia artificial: un novo desafío para o ensino da lingua, literatura e cultura galegas na educación secundaria
9 de xullo de 2024