06/10/2026
MODA | TEMPEST – Sixing Xu @
É unha colección unisex que nace inspirada no ciclo vital dunha tormenta, desde a serenidade inicial ata a súa máxima intensidade e o posterior regreso á calma.
TEMPEST explora a relación entre as identidades masculina e feminina, entendidas como forzas opostas pero inseparables. A proposta aposta por unha moda sen xénero, na que a comodidade, a liberdade de movemento e a expresión da identidade persoal son elementos fundamentais.
A colección está composta por cinco looks —Aroma, Breeze, Transition, Storm e Destruction/Calm—, cada un asociado a unha fase diferente da tormenta. As siluetas oversize, os volumes amplos, as mangas estruturadas e as formas soltas constrúen unha proposta contemporánea e dinámica.
A experimentación cos materiais e coas técnicas artesanais ten un papel fundamental no proxecto. Tecidos como a popelina, a la merino, o alpaca con seda, a antelina ou o vichy combínanse con tecidos reflectantes e técnicas de tinguidura e feltrado manual.
A obra do pintor J. M. W. Turner, especialmente as súas representacións da paisaxe e das tormentas, serve como inspiración para trasladar á colección o movemento, a atmosfera e a forza dos fenómenos naturais.
Créditos:
Diseño e dirección creativa: Sixing Xu
Fotografía: Miguel Morón
Modelos: Anxela Janeiro, Boyang Huang, Daniel Zapico e Paula González Brenlla
TFE 2019