05/08/2026
A investigación é unha ferramenta clave para facer medrar a Educación Social.
Celebramos esta iniciativa da Universidade de Vigo, que ofrecerá mentoría investigadora a profesionais da Educación Social da man de profesorado universitario xubilado. Unha excelente oportunidade para compartir experiencia, fortalecer a investigación e seguir construíndo coñecemento desde a profesión.
Parabéns á Facultade de Educación e Traballo Social - Campus Ourense pola iniciativa e a todas as persoas e entidades implicadas!
👉 Máis información: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/profesorado-universitario-xubilado-dara-mentoria-investigadora-profesionais-educacion-social
Profesorado universitario xubilado dará mentoría investigadora a profesionais da educación social
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia presentaron este martes o novo Programa de mentoría investigadora de profesorado universitario xubilado con profesionais da educación social. A iniciativa busca activar unha r...
05/08/2026
Reservade datas!
📅 A piques de rematar o mes de xullo, o grupo de investigación SEPA-interea xa está a pensar nas próximas actividades. Coa vista posta no vindeiro curso académico, o grupo prepara o I Seminario Educar e Participar para transformar. O tecido asociativo como elemento clave da acción comunitaria.
💡 Que papel xogan as asociacións na transformación social? Como se constrúen procesos de participación comunitaria desde o local? Que relación ten todo isto coa Pedagoxía Social?... Estas e outras cuestións serán abordadas neste seminario.
👉 Moi pronto haberá máis novidades. De momento, reservade estas datas: 20, 21 e 22 de outubro de 2026.
🌞 Bo verán e merecido descanso!
05/08/2026
🎓 Xa está aberta a convocatoria da 13ª edición do Concurso TFG.eduso!
Se defendiches o teu Traballo de Fin de Grao en Educación Social durante o curso 2025/2026, esta é unha oportunidade para dar visibilidade ao teu traballo e recoñecer a túa achega á profesión.
https://portelounico.ceesg.gal/es/novas/2011
17/07/2026
👉 Lembramos que a oficina do CEESG permanecerá pechada por vacacións do persoal do 20 ao 31 de xullo.
Os trámites colexiais poden iniciarse en calquera momento a través do Portelo Único do CEESG.
Para calquera outra cuestión, podes contactar por correo electrónico e responderemos o antes posible unha vez se retome a actividade.
16/07/2026
Tras a corrección da Resolución de elección de destinos definitivos publicada no DOG do 14 de xullo, presentamos un novo escrito solicitando a revisión dunha decisión que afecta ás prazas da especialidade de Educación Social.
Consideramos necesario garantir que a configuración dos postos responda ás funcións reais desenvolvidas, á experiencia profesional acumulada e ao papel esencial da Educación Social nos servizos públicos.
Se es unha persoa afectada por esta elección de destino, podes presentar tamén o teu escrito. Na nosa web tes dispoñible un modelo para facelo.
15/07/2026
📚 Nova oportunidade de formación con desconto para persoas colexiadas 👀
Esta formación 100 % en liña permíteche especializarte ao teu ritmo, cunha duración de 100 horas e ata 12 meses para completala.
As persoas colexiadas no CEESG contan **10€ de desconto** na matrícula empregando o código GESTION10 (comprobarase a efectiva colexiación)
Organizado por Talentia formación
👉 Toda a información sobre o curso aquí:
https://talentiaformacion.com/cursos/curso-universitario-de-especializacion-en-coordinacion-gestion-y-direccion-de-centros-y-servicios-sociales/
Curso Universitario de Especialización en Coordinación, Gestión y Dirección de Centros y Servicios Sociales - Talentia Formación
Conviértete en el cambio que las entidades necesitan formándote en Coordinación, Gestión y Dirección de Centros y Servicios Sociales.
14/07/2026
📢 O CEESG e Centro Estudio Oposiciones veñen de asinar un acordo de colaboración grazas ao cal as persoas colexiadas no CEESG poderán beneficiarse dun 15 % de desconto na preparación das oposicións de Educador/a Social da Xunta de Galicia.
O seu método inclúe:
✅ Clases en liña retransmitidas en directo.
✅Todas as clases dispoñibles gravadas ata o final da preparación.
✅Preparación de todos os temas (lexislación e específicos) e envío ao teu domicilio en formato impreso.
✅Tests con autocorrección na aula virtual e posibilidade de ver o progreso.
✅Avaliacións e simulacros cando se achegue o exame.
✅Preparación de todos os exercicios.
✅Sesións de coaching motivacional e de técnicas de estudo.
✅Resolución de consultas e dúbidas.
✅Actualizacións sen custo.
👉 Se queres aproveitar esta vantaxe exclusiva para as colexiadas/os, contacta directamente con Centro Estudio Oposiciones en:
604 001 567
[email protected]
🔗
Oposición Educador Social Xunta de Galicia
Curso de oposición Educador Social Xunta de Galicia. Curso 100% actualizado. Acceso inmediato. Solicita información sobre nuestro curso.
10/07/2026
👉 O pasado martes, o CEESG foi convidado a asistir no Parlamento de Galicia á sesión na que se aprobou o Ditame de novas propostas a prol da integración das persoas con discapacidade.
Proposta de medidas orientadas a avanzar na inclusión e na garantía dos dereitos das persoas con discapacidade. Un compromiso que conecta directamente coa esencia da educación social: xerar oportunidades, favorecer a autonomía e impulsar a participación plena das persoas na sociedade.
https://f.mtr.cool/antggwzuni
10/07/2026
👉 Seguimos descubrindo o programa do V Seminario Internacional de Educación Social. Hoxe fixámonos no obradoiro ‘Coidamos e coidámonos’.
A práctica profesional na Educación Social implica presenza constante, escoita, implicación e xestión emocional. E isto ten impacto directo nas e nos profesionais.
Este obradoiro propón abrir un espazo para compartir experiencias, revisar rutinas profesionais e explorar estratexias de autocoidado no traballo socioeducativo.
A encargada de dinamizar este obradoiro será Noelia Rodríguez Álvarez, educadora social cunha ampla experiencia no ámbito da acción socioeducativa e como formadora.
10/07/2026
👉 Resumo de solicitude realizada á Xunta en torno á oferta de destinos definitivos da especialidade de Educación Social publicada no DOG do pasado 7 de xullo:
O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG) trasladou á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a súa preocupación pola configuración da oferta de destinos definitivos da especialidade de Educación Social publicada no DOG do pasado 7 de xullo.
Desde o CEESG consideramos necesario revisar a planificación dos recursos humanos para garantir que as prazas estruturais vacantes sexan ofertadas e cubertas de maneira estable, evitando que postos necesarios para o funcionamento dos servizos públicos continúen dependendo de fórmulas temporais de cobertura.
Así mesmo, solicitamos a revisión daqueles postos que aparecen vinculados simultaneamente ás especialidades de Educación Social e Traballo Social.
A estabilidade dos equipos de Educación Social é fundamental para garantir a continuidade da acción socioeducativa, a atención integral ás persoas e familias e a calidade do sistema público de Servizos Sociais.
A planificación dos recursos humanos ten consecuencias directas na capacidade da Administración para acompañar, previr e protexer. Fortalecer a Educación Social significa fortalecer os servizos públicos e a garantía de dereitos da cidadanía.
Información completa na sección Novas da web
https://f.mtr.cool/ylyelggghj
(acceso limitado a colexiadas/os)