05/10/2026
Detrás de cada aula también queda unha historia 📚
Nos fondos do AHUS consérvanse documentos que permiten achegarnos á traxectoria do profesorado da Universidade de Santiago ao longo do tempo: expedientes, follas de servizo, nomeamentos, certificacións e outros rastros da súa vida académica.
Documentación que hoxe nos permite coñecer mellor quen ensinou na Universidade, como se desenvolveu a súa carreira e como foi cambiando tamén a propia institución.
Con motivo do Día Mundial das e dos Docentes, queremos lembrar que a historia da USC tamén se constrúe a través das persoas que ensinaron nela.
Porque detrás das materias, das aulas e das xeracións de estudantes, quedan nomes, percorridos e documentos que forman parte da memoria universitaria 📜🏛️