23/01/2025
Noraboa a Victoria Otero Espinar!! Orgullosos de tí!
📚 Victoria Otero Espinar, nova presidenta da Real Sociedade Matemática Española 📚
A matemática e catedrática da USC, Victoria Otero Espinar, Medalla do Concello de Ames 2022, foi elixida presidenta da Real Sociedade Matemática Española (RSME), relevando a Eva Gallardo. A nova Xunta de Goberno, encabezada por Otero, tomará posesión o próximo xoves, 23 de xaneiro.
🔬 Cunha traxectoria brillante no ámbito da investigación e da docencia, Victoria liderará a RSME, sumando este cargo a unha extensa carreira como investigadora e promotora da excelencia matemática.
🗣️ O alcalde de Ames, Blas García, felicitouna pola súa elección, destacando:
"Para o Concello de Ames é un orgullo contar con veciños e veciñas que destacan no seu ámbito. Victoria rompe moldes e representa o talento e esforzo que nos enorgullecen como comunidade."
🌟 Desde Ames, seguimos celebrando os seus éxitos!
🔗MÁIS INFO NESTA LIGAZÓN: https://lc.cx/PzG0um