24/11/2021
Estas marabillosas imaxes que vos traemos hoxe, mándannolas as compañeiras do que nos convidan á manifestación que terá lugar mañá, 25de Novembro, saíndo da Facultade de Ciencias da Educación ás 18:30h e facendo recorrido ata a Praza 8 de marzo.
Loitemos xuntas contra as violencias patriarcais! ✊💜
17/04/2021
Onte, 16 de Abril, foi o Día Internacional contra a Escravitude Infantil e dende AEES queremos denunciar a actualidade desta situación.
A pesar das diferentes cartas de dereitos universais recoñecidas a nivel internacional (como a Convención de Dereitos da Infancia de 1989, ou a propia Declaración Universal de Dereitos Humanos de 1948) onde se recolle a protección á infancia tamén neste ámbito, seguimos a ver como as cifras de escravitude infantil seguen a ser desorbitadas, indignas dunha sociedade cívica.
Moitos dos produtos que consumimos, foron elaborados por man de obra escrava, a maioría mulleres e crianzas.
✊ Na nosa man está mudar esta situación.
📢 Somos cómplices da escravitude se consumimos os produtos que desta veñen.
Botádelle unha ollada as imaxes, onde falamos de onde provén este día e vos facemos algunha recomendación audiovisual!
📢 NON Á ESCRAVITUDE! TAMPOUCO Á INFANTIL!