Espazo de Lecer María Miramontes

Espazo de Lecer María Miramontes

Compartir

Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Espazo de Lecer María Miramontes, Escuela, Rúa das Fontes do Sar, Santiago de Compostela.

O Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes acolle espazos de xogo libre, espontáneo e creativo proporcionando aos nenos e nenas comprendidas entre os 2 e os 12 anos, espazos acondicionados para o xogo, e a lectura.

Photos from Espazo de Lecer María Miramontes's post 19/08/2026

O día de hoxe foi tan especial que tiñamos que compartilo con vos ‼️💫

Resulta que os/as habitantes da Cidade Miramontes tivemos a sorte de poder visitar o Multiusos Fontes do Sar para ver un adestramento do Monbus Obradoiro 🏀

Como parte da visita, puidemos ver as instalacións, falar co adestrador, saudar aos xogadores e velos practicando as súas xogadas ⛹️

Desde o Espazo, queremos agradecer enormemente ao corpo técnico, xogadores e toda a equipa que compón a familia do Obradoiro e nos acompañou na visita de hoxe polo seu tempo e agarimo, facendo deste día un recordo inesquecible para a rapazada ♥️

Seguimos dándoo todo‼️🌇

Photos from Espazo de Lecer María Miramontes's post 14/08/2026

Hoxe botamos o peche á Quenda 4 na Cidade Miramontes 🌇

Nestas dúas semanas, curtas pero intensas, fixemos un montón de xogos e actividades chulísimas grazas á nosa alcaldesa Alba‼️ Entre moitas cousas, tivemos a nosa propia IA na cidade, e preparámonos para vivir o fenómeno do eclipse 🌙

Grazas unha vez máis ás familias que nos acompañades e confiades en nós nestes días. Agardamos que sigades tendo un verán memorable, e pola nosa parte, a Cidade Miramontes continúa ♥️

Photos from Espazo de Lecer María Miramontes's post 31/07/2026

E nun abrir e pechar de ollos, chegamos á metade do verán e rematamos a Quenda 3 na Cidade Miramontes ‼️

Foron 15 días 🗓️ cheos de diversión e alegría nos cales, da man da alcaldesa Kiya, aprendemos a coidarnos loitando contra os virus 🦠 e a comer rico e saudable 🥗 con eventos tan increibles como o noso Miramontes Food Fest 🤤

E hoxe, coa emoción do último día, despedímonos das nenas e nenos que nos acompañaron neste tempo e que fixeron desta cidade un fogar 🏡

Grazas a todas as familias pola confianza e o agarimo que nos amosades ♥️, que teñades un moi bo verán 🏖️

Seguimos traballando na Cidade Miramontes 🌇

Photos from Espazo de Lecer María Miramontes's post 15/07/2026

Despois de 15 días incribles 🗓️ despedimos a Quenda 2 das Vacaludos de Verán na Cidade Miramontes ‼️

Da man da alcaldesa Tania, as nenas e nenos fixeron un montón de actividades para explorar o mundo da arte 🎨 e dos deportes ⚽️ e tamén colaboraron para resolver un roubo e un apagón 💪🏻

Ademais, realizamos varias saídas colaborando con entidades e xente do barrio, nas que a rapazada aprendeu e desfrutou a tope 🎉, como á horta de Fontiñas, ao ou ao 🥳

Grazas a todas as familias por confiar en nós neste tempo e ás nenas e nenos por facernos desfrutar tanto 🥰
Que teñades un moi bo verán, continúan as aventuras na Cidade Miramontes 🌇

Photos from Espazo de Lecer María Miramontes's post 30/06/2026

Despedimos a Quenda 1 das Vacaludos de verán, e que rápido nos pasou‼️

A Cidade Miramontes 🌆 comezou a andar coas eleccións da alcaldesa Paula, que apostou por traer o circo ao Espazo 🎪

Nestes días, as nenas e nenos fixeron un montón de xogos circenses, molláronse para aguantar a calor 🥵, pasearon e desfrutaron dunha festa para arrancar o verán con enerxía 💪🏻🎉🥳

Agardamos que desfrutárades deste tempo con nós e desexámosvos un verán para o recordo! ❤️

Photos from Espazo de Lecer María Miramontes's post 20/05/2026

No último sábado temático celebramos no Espazo de Lecer a nosa festa dos Maios 🌼🌿, unha xornada chea de xogos, probas e moita diversión arredor dunha das tradicións máis bonitas da primavera! ☀️✨

Ao longo da tarde, os nenos e nenas tiveron que superar diferentes retos para conseguir as flores necesarias coas que decorar o noso Maio 💐. Entre pistas, xogos e traballo en equipo, fomos enchendo de cor e alegría cada recuncho 🌸🎶

O resultado? Un día inesquecible no que non faltaron as risas, a emoción e o espírito festeiro que tanto nos gusta compartir 💚🌷

Queremos agradecer especialmente a colaboración de , porque sen a súa axuda esta actividade non sería posible 🤝✨

Grazas tamén a todas as familias por acompañarnos unha vez máis e facer destes sábados momentos tan especiais! 🌼

06/04/2026

Deixámosvos por aquí o último cartel dos sábados temáticos deste curso‼️ non tedes excusa para gardar os días na vosa axenda 🗓️ 😜

👀 Recordade que é imprescindible apuntarse nos formularios da nosa web e que estes se abren o luns desa mesma semana ata completar aforo.

Photos from Espazo de Lecer María Miramontes's post 19/02/2026

Damos por rematadas as Vacaludos de Entroido‼️🎭

Nesta ocasión foron 2 días cheos de xogos, xincanas e moita troula 🎤🎉🎊

Agardamos que o pasarades ben‼️

Photos from Espazo de Lecer María Miramontes's post 18/02/2026

Rematos o Entroido deixándovos un pequeno resumo do que foi o desfile e a festa do pasado sábado coa colaboración de e Movemento Pola Paz.

As rúas das Fontiñas enchéronse de amor❤️💞💚e pasámolo en grande ‼️

Grazas a todos/as os participantes 🥰

10/02/2026

FESTA DE ENTROIDO ‼️

O sábado 14 de febreiro teremos en Fontiñas a nosa Festa de entroido 🎉. Se o tempo o permite, percorreremos o barrio co noso desfile e remataremos en Área Central cunha gran festa a cargo de 🎶

➡️ Temática: O amor 🫶
➡️ Hora: 17:00 🕢

Grazas a .mpdl por colaborar na organización, programación e desenvolvemento desta festa 💪🏻

Non esquezades anotarvos na nosa web 💻

¿Quieres que tu escuela/facultad sea el Escuela/facultad mas cotizado en Santiago de Compostela?

Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.

Localización

Categoría

Dirección


Rúa Das Fontes Do Sar
Santiago De Compostela
15707

Horario de Apertura

Lunes 16:00 - 20:00
Martes 16:00 - 21:00
Miércoles 16:00 - 20:00
Jueves 16:00 - 20:00
Viernes 10:30 - 13:30
16:00 - 20:00
Sábado 10:30 - 13:30
16:00 - 20:00