05/10/2026
Moitas das ideas que temos sobre o que significa ser muller ou home apréndense desde a infancia.
«As nenas son máis tranquilas», «os nenos non choran», «as mulleres coidan mellor»… Son frases que escoitamos tantas veces que poden chegar a parecernos naturais.
Pero os estereotipos inflúen na maneira na que pensamos, actuamos e nos relacionamos. Cuestionalos permítenos abrir novas posibilidades e construír relacións máis libres e igualitarias.
Identificar é o primeiro paso. Cuestionar, unha forma de cambiar.
A igualdade tamén se aprende. E podemos comezar cada día.
Descubre máis recursos e información na web do CIM Compostela.
cimcompostela.santiagodecompostela.gal