Facultade de Ciencias da Comunicación - USC

Facultade de Ciencias da Comunicación - USC Benvidx á Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela 🗞📺🎥

📢 Margarita Ledo Andión, que foi decana e profesora da FaCom, será homenaxeada o vindeiro 29 de outubro no ciclo "De pio...
08/10/2026

📢 Margarita Ledo Andión, que foi decana e profesora da FaCom, será homenaxeada o vindeiro 29 de outubro no ciclo "De pioneiras e andainas", organizado desde 2009 polo Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega.

💬 Xornalista, escritora e cineasta, Margarita Ledo é unha figura fundamental do xornalismo e da cultura galegas.

🗓️ 29 de outubro
🕤 09:45 h
📍 Sede do Consello da Cultura Galega
📢 Inscrición aberta
🔗 Toda a información e o programa:: https://f.mtr.cool/qq08182qw2

07/10/2026

🖋️ Raúl Novoa estudou Xornalismo (🎓 2019) na e despois realizou un máster de documental e xornalismo transmedia na UC3M. A súa traxectoria profesional comezou realizando prácticas durante a carreira. Despois as do mestrado en TVE e no Diario.es, xornal no que tamén estivo contratado. A continuación traballou para outros xornais e algunha empresa de comunicación. Posteriormente fíxose freelance e realizou artigos de investigación como o que escribiu para o Corporate Europe Observatory sobre o lobby eléctrico e a súa influenza sobre as decisións da UE. Colabora cos xornais 'El País' (nos seus distintos formatos), Diario.es e 'O Salto' e outros medios.

📺Ademais de xornalista independente, tamén é guionista dun documental sobre o 15M e dirixiu outro documental. Na actualidade traballa como guionista do programa 'Lo de Évole'.

👣 A súa vén marcada polas grandes amizades, a colaboración cos primeiros medios durante as prácticas e toda a formación da carreira, especialmente as materias de 3º e 4º curso, clave para a especialización xornalística.

🔥O de Novoa é múltiple:
1️⃣Botádelle cara e contactade cos medios cos que vos gustaría colaborar e non teñades medo de falar coa xente. Ningún medio vos vai ir buscar á vosa casa.
2️⃣Buscade novas ao voso redor e vendede temas que sexan tan bos que non os poidan rexeitar.
3️⃣Sede valentes e deixade fóra todas as vosas inseguridades.

🫂Graciñas pola visita, Raúl!

📢 Anota na axenda! O 15 de outubro, ás 13:00h, a FaCom acolle a conferencia “Os 1.000 días que cambiaron o mundo: a emer...
06/10/2026

📢 Anota na axenda! O 15 de outubro, ás 13:00h, a FaCom acolle a conferencia “Os 1.000 días que cambiaron o mundo: a emerxencia das IA” impartida por Carlos A. Scolari, Catedrático de Teoría e Análise da Comunicación Dixital Interactiva da Universitat Pompeu Fabra (Barcelona).

📖 Carlos A. Scolari é autor de numerosos libros relacionados coa comunicación dixital e acaba de publicar "Homo Mediaticus. Una historia de la humanidad: del "Hastag" neandertal al Ipod (Ariel).

📍 Visionado 1 da Facultade.
🎟️ De balde ata completar aforo.

🌱 Novo  🎞️ Presentamos 'Mar de Ida e Volta', unha reportaxe multimedia elaborada por María Rey, Iria Pombo e Carla Tilve...
05/10/2026

🌱 Novo

🎞️ Presentamos 'Mar de Ida e Volta', unha reportaxe multimedia elaborada por María Rey, Iria Pombo e Carla Tilve.

🌎 O proxecto tece un relato sobre a emigración coas experiencias vividas por galegos no século XX e máis concretamente, polos migrantes en calidade de refuxiados que chegaron a Galiza a raíz da denominada “crise migratoria” acontecida no 2024.

💡 Desde a perspectiva do xornalismo social, non busca responder unicamente ó “que” dun suceso migratorio, senón afondar nas causas e consecuencias de marchar e en como repercute ó resto da sociedade.

🔗 Podes coñecer o proxecto e ver máis detalles a través da súa ficha na Sementeira: https://www.asementeira.gal/proxecto/mar-de-ida-e-volta/


30/09/2026

🎬 Elena Vázquez Ortuño graduouse recentemente en Comunicación Audiovisual (🎓 2026). Neste tempo aproveitou as convocatorias de prácticas e todos os proxectos de compañeiros para aprender e traballar en distintos formatos audiovisuais. Este verán foi meritoria de dirección nunha serie de ficción que gravou a produtora Outro S.L. para a TVG e iso permitiulle traballar nunha produción profesional e poñer en práctica todos os coñecementos aprendidos ao longo da carreira.

📱 Por iso o de Elena é múltiple:
1️⃣ Apuntádevos a todas as oportunidades que vos xordan (concursos, bolsas, prácticas...), para iso estade moi atentos ao correo institucional e ás redes sociais da .
2️⃣Animádevos a participar nos proxectos dos vosos compañeiros, 'porque moitos dos proxectos máis chulos xorden precisamente da colaboración entre amigos'

👭 Por iso a súa está marcada polas amizades e o espírito colaborador entre todas elas.

🫂Graciñas, Elena, pola visita e por estes útiles FaComsellos!

🌱 Novo  🎬 Presentamos 'ORB', unha curtametraxe de animación cartoon creada por Gael Trujillo Quiroga.👁️ Un pequeno ser e...
28/09/2026

🌱 Novo

🎬 Presentamos 'ORB', unha curtametraxe de animación cartoon creada por Gael Trujillo Quiroga.

👁️ Un pequeno ser entra nunha caverna para roubar un tesouro vixiado por un orbe xigante. O que comeza como unha infiltración discreta acaba converténdose nunha persecución por unha cova na que as paredes parecen non deixar de observar.

✨ Cunha estética 2.5D escura, modelos low-poly e ferramentas de control elásticas, 'ORB' combina a expresividade e a esaxeración da animación tradicional cunha proposta tridimensional.

🔗 Podes coñecer o proxecto e ver máis detalles a través da súa ficha na Sementeira: https://www.asementeira.gal/proxecto/orb/


Hoxe damos un paso adiante como equipo decanal, coa mirada posta nunha idea que queremos que nos acompañe durante todo e...
23/09/2026

Hoxe damos un paso adiante como equipo decanal, coa mirada posta nunha idea que queremos que nos acompañe durante todo este camiño: FaCom somos todXs 🫱🏽‍🫲🏾. Unha comunidade diversa, plural e dinámica que medra cando somos capaces dialogar e construír xuntXs. A nosa facultade é, sobre todo, as persoas que a forman.

Comeza agora unha etapa de traballo, diálogo e compromiso co futuro 🌱💡🎯. Temos moitos retos por diante e tamén moitas oportunidades para seguir facendo de FaCom un espazo aberto, innovador e conectado coa sociedade. Farémolo en equipo, contando con todXs vós e coa vontade de avanzar xuntXs. Comezamos!

23/09/2026

📣 Irene Aba e Iria Souto forman parte do novo equipo de Alumnado Titor do curso 2026/2027 ao que poderedes acudir para pedirlles consello, realizarlles consultas ou resolver dúbidas.

📮 Poderedes contactalas a través dos seus correos electrónicos (dispoñibles na intranet) para consultarlles calquera dúbida ou solicitarlles unha titoría.

O equipo de titoras está conformado por:
🎬 Irene Aba Fernández (CAV)
📺Eva García Roo (Dobre Grao en Xornalismo e CAV)
📺María García Rey (Dobre Grao en Xornalismo e CAV)
📻Iria Souto Barros (Xornalismo)
📺Leticia Yáñez Carpinteiro (Dobre Grao en Xornalismo e CAV)
Vaia equipazo! Graciñas polo voso traballo! 🙌

Novo   🌱🏳️‍🌈 Presentamos 'Delante del armario', un documental interactivo sobre as persoas maiores LGTBIQ+ creado no mar...
21/09/2026

Novo 🌱

🏳️‍🌈 Presentamos 'Delante del armario', un documental interactivo sobre as persoas maiores LGTBIQ+ creado no marco da materia Narrativas Dixitais do Grao en Xornalismo.

🎥 A partir dos relatos das persoas participantes, o documental percorre as súas traxectorias vitais, visibiliza as dificultades ás que se enfrontan e promove o respecto e a aceptación da comunidade LGTBIQ+.

👥 O documental foi realizado por Elena Gómez, Rocío Maquieira, Carla Márquez, Marcos Diego, María Brines, Lucía Company e Chiara Lamela.

🔗 Podes acceder ao proxecto a través desta ligazón á Sementeira: https://www.asementeira.gal/proxecto/delante-del-armario/

📚 A Biblioteca da Facultade organiza a primeira edición dos Cursos de Competencias en Información do curso 2026/27, reco...
21/09/2026

📚 A Biblioteca da Facultade organiza a primeira edición dos Cursos de Competencias en Información do curso 2026/27, recoñecidos cun crédito ECTS.

🎓 Podes escoller entre dúas modalidades:

🔹 Nivel básico, dirixido principalmente ao estudantado dos primeiros cursos de grao.
• Matrícula ata o 25 de setembro.
• Desenvolvemento do 1 de outubro ao 5 de novembro.

🔸 Nivel avanzado, orientado ao estudantado dos últimos cursos e centrado na realización do TFG.
• Matrícula ata o 2 de outubro.
• Desenvolvemento do 8 de outubro ao 19 de novembro.

🆓 A matrícula é gratuíta e debe formalizarse a través da Secretaría Virtual.

🔗 Consulta na ligazón as instrucións detalladas para formalizar a matrícula: https://nubeusc.sharepoint.com/sites/BibliotecaUniversitaria/SitePages/Formaci%C3%B3n-para-alumnado-de-Grao.aspx

ℹ️ Para resolver calquera dúbida, podes consultar a páxina web da USC ou dirixirte ao persoal da Biblioteca.

Dirección

Avda De Castelao, S/n. Campus Norte
Santiago De Compostela
15782

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Facultade de Ciencias da Comunicación - USC publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Facultade de Ciencias da Comunicación - USC:

Atajos

Compartir

Categoría