Politécnico de Santiago

Politécnico de Santiago Centro Integrado de Formación Profesional. Red Estatal de Centros de Excelencia FP.

🤝 COÑECENDO O COOPERATIVISMO DESDE SANTIAGOO alumnado de 2º CS de Química e Saúde Ambiental (QUISAUAMB) e 2º CS de Labor...
04/10/2026

🤝 COÑECENDO O COOPERATIVISMO DESDE SANTIAGO

O alumnado de 2º CS de Química e Saúde Ambiental (QUISAUAMB) e 2º CS de Laboratorio de Análise e de Control de Calidade (LACO) do CIFP Politécnico de Santiago participou na 5ª edición do Roteiro Cooperativo, unha proposta diferente para coñecer de preto o cooperativismo e a economía social na cidade de Santiago de Compostela.

🚶‍♀️🚶‍♂️ A través dunha ruta guiada, o alumnado achegouse a diferentes cooperativas compostelás, coñecendo os seus proxectos, a súa actividade e as posibilidades que ofrece o modelo cooperativo como fórmula de autoemprego colectivo e emprendemento.

Nesta edición visitamos:

🎬 Numax , cooperativa cultural e cinematográfica.
🧘‍♀️ Almazen de Ioga, centro de ioga.
🛍️ Creativas Galegas, tenda de marcas culturais galegas.
🎨 Cestola, cooperativa de muralismo, pintura e ilustración.

👏 Grazas a todas as cooperativas participantes por compartir os seus proxectos e experiencias co noso alumnado!

📌 Actividade realizada no marco do Convenio de Colaboración 2026 entre o Concello de Santiago de Compostela, a través do programa municipal Feito en Santiago, e a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.

Héctor Sánchez Bellón, medalla de excelencia en WorldSkills Shanghai 2026!O noso alumno acadou este importante recoñecem...
28/09/2026

Héctor Sánchez Bellón, medalla de excelencia en WorldSkills Shanghai 2026!
O noso alumno acadou este importante recoñecemento tras superar as nove esixentes probas da especialidade de Tecnoloxía do Automóbil, nas que demostrou os coñecementos e as habilidades adquiridas durante meses de intensa preparación.
Parabéns a Héctor polo seu esforzo e excelente traballo! O noso agradecemento tamén a todo o equipo docente implicado e, especialmente, aos seus titores, José Manuel Grille Martínez e Roberto Gesto Novo.
Un logro que xa forma parte da historia do CIFP Politécnico de Santiago.
Próxima parada: EuroSkills Düsseldorf 2027!

Héctor Bellón continúa a súa aventura nos WorldSkills Shanghai 2026!O noso alumno afronta hoxe tres novos retos: revisió...
25/09/2026

Héctor Bellón continúa a súa aventura nos WorldSkills Shanghai 2026!
O noso alumno afronta hoxe tres novos retos: revisión de compoñentes do motor, comprobacións do cambio automático e diagnose da xestión do motor.
https://youtube.com/shorts/PGIUMZ1Qt7Y?
Desde o CIFP Politécnico de Santiago enviámoslle todo o noso apoio e ánimo nesta competición internacional.
Moita forza, Héctor!

O CIFP Politécnico de Santiago vén de asinar en Shanghai dous acordos de colaboración co Shanghai College of Science and...
25/09/2026

O CIFP Politécnico de Santiago vén de asinar en Shanghai dous acordos de colaboración co Shanghai College of Science and Technology e co Shanghai Institute of Commerce & Foreign Languages.
Estas alianzas permitirán promover intercambios, fomentar a colaboración académica e desenvolver actividades conxuntas de innovación.
Seguimos abrindo portas á cooperación internacional!

Héctor Sánchez Bellón xa está a competir nas WorldSkills Shanghai 2026, representando a España na especialidade de Tecno...
23/09/2026

Héctor Sánchez Bellón xa está a competir nas WorldSkills Shanghai 2026, representando a España na especialidade de Tecnoloxía do Automóbil.
Comezan catro intensos días de probas nos que demostrará os seus coñecementos e destrezas fronte a competidores de numerosos países.
Moita sorte, Héctor!

Mañá, Héctor Sánchez Bellón, alumno do noso centro, inicia a súa participación nas WorldSkills Shanghai 2026, onde repre...
22/09/2026

Mañá, Héctor Sánchez Bellón, alumno do noso centro, inicia a súa participación nas WorldSkills Shanghai 2026, onde representará a España na modalidade de Tecnoloxía do Automóbil.
Héctor competirá con participantes de numerosos países nunha das competicións internacionais de formación profesional máis importantes do mundo.
Desde o CIFP Politécnico de Santiago desexámoslle moita sorte nesta extraordinaria experiencia.
Moito ánimo, Héctor!

26/06/2026
🏆🎉 ¡DOBRE RECOÑECEMENTO NA GALA FINAL  ! 🎉🏆O talento, a innovación e o traballo en equipo do noso alumnado e profesorado...
12/06/2026

🏆🎉 ¡DOBRE RECOÑECEMENTO NA GALA FINAL ! 🎉🏆

O talento, a innovación e o traballo en equipo do noso alumnado e profesorado volveron brillar con luz propia na gran final de InnovaTech FP 2026. ¡Traemos para o CIFP Politécnico de Santiago dous premios de empresas líderes nos seus sectores! 🚀💪

Queremos darlle os parabéns aos dous equipos galardoados:

🔹 PREMIO Reto Applus+

O equipo do proxecto eDualFlow desenvolveu un sistema pioneiro para a medición continua de caudais en colectores de saneamento, combinando sensores radar e visión artificial para mellorar a precisión e eficiencia da monitorización. 📡💧

• Coordinadora: Lidia Caamaño García (Dpto. de Electricidade e Electrónica).
• Alumnado: Carlos Caneda Villanueva, Enmanuel Martínez Da Silva, David Iglesias Pallas e Verónica Calviño Gamallo.

🔹 PREMIO Reto FINSA

O noso equipo foi recoñecido por unha proposta innovadora e sostible que transforma as lascas de madeira nun material de carbono reutilizable con múltiples aplicacións: filtros de auga, electrodos para baterías e mellora de solos agrícolas. 🪵🌱

• Coordinador: Jorge Prieto Carpinteiro (Depto. de Química).
• Alumnado: Matías Temperán Fajundes, Sara García García, Manuel Santomil Sanjurjo e Adrián Bello Gil.

👏 ¡Parabéns a todas e todos! Grazas polo voso esforzo, compromiso e por demostrar a capacidade que ten a FP para dar resposta a retos reais das empresas a través da tecnoloxía.

💙 ¡Tremendamente orgullosos do talento que se forma cada día no CIFP Politécnico de Santiago!

👇 Déixalles un parabéns nos comentarios! 💬

Dirección

Rúa Rosalía De Castro, 133
Santiago De Compostela
15706

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 21:30
Martes 08:30 - 21:30
Miércoles 08:30 - 21:30
Jueves 08:30 - 21:30
Viernes 08:30 - 21:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Politécnico de Santiago publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría