Colegio La Salle Santiago de Compostela

Colegio La Salle Santiago de Compostela Cuenta oficial del Colegio La Salle Santiago. Red de Obras Educativas del Sector Valladolid-Distrito ARLEP.

Colegio La Salle en Santiago de Compostela. Educando desde 1953.

🎉 73 anos construíndo xuntos! ⭐Hoxe celebramos 73 anos de historia no Colexio La Salle Santiago de Compostela. 73 anos e...
02/10/2026

🎉 73 anos construíndo xuntos! ⭐

Hoxe celebramos 73 anos de historia no Colexio La Salle Santiago de Compostela. 73 anos educando, acompañando e compartindo momentos que forman parte da vida de tantas xeracións.

💙💛 Parabéns a toda a familia lasaliana!

🏆🌈 Unha visita moi especial ao noso cole!Onte tivemos a enorme sorte de recibir a Alejandra Neira Domínguez , que o pasa...
30/09/2026

🏆🌈 Unha visita moi especial ao noso cole!

Onte tivemos a enorme sorte de recibir a Alejandra Neira Domínguez , que o pasado sábado se proclamou campioa do mundo. 🏆🚴‍♀️

Poucos días despois de conquistar o maillot arco da vella, Alejandra volveu ao seu cole para compartir connosco esta alegría. Foi un momento moi especial para todo o alumnado e para toda a comunidade educativa.

Grazas, Alejandra, por volver á túa casa e por inspirarnos co teu esforzo, ilusión e traballo! 💙

Estamos moi orgullosos de ti! 🌈🏆

Primeras reunión de familias de Infantil e Primaria🌟Que ganas tiñamos de volver vernos! O luns foi a quenda de Educación...
30/09/2026

Primeras reunión de familias de Infantil e Primaria🌟

Que ganas tiñamos de volver vernos! O luns foi a quenda de Educación Infantil, co encontro das familias de 4 e 5 anos (5º e 6º de Infantil), e o martes reuníronse as familias de 2º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

En ambos os encontros, a dirección do centro e as xefaturas de estudos déronlles a benvida e compartiron as primeiras orientacións para este novo curso, presentando o lema que nos acompañará: “Construír un mundo máis fraterno”.

Tamén contamos coa participación de PROYDE e da AFA La Salle Santiago , lembrándonos que familias, alumnado e escola somos pezas imprescindibles para construír xuntos.

Grazas a todas as familias por formar parte desta construción! 💙

O Equipo de Proyde de La Salle Santiago xa está en marcha!Xa estamos inmersas no curso 2026/27, e todas as persoas que f...
28/09/2026

O Equipo de Proyde de La Salle Santiago xa está en marcha!

Xa estamos inmersas no curso 2026/27, e todas as persoas que formamos parte do Equipo de Proyde comezamos a planificar todo o que temos por diante este ano.

Adiantámosvos xa o nome da campaña pola que traballaremos durante estes meses:

HAI UN PUPITRE AGARDANDO
ESE LUGAR PODERÍA SER O SEU, PERO ESTÁ NA RÚA.

Esta frase recórdanos que non todos os nenos e nenas teñen as mesmas oportunidades para aprender, medrar e imaxinar.

Falaremos en concreto de Abiyán, en Costa de Marfil, onde se estima que ao redor de 15.000 menores atópanse nesta situación, privados moitas veces do máis básico.

Ao longo do curso iremos lanzando diferentes propostas e actividades en prol desta campaña.

Contamos contigo!

Comezamos un novo curso! 💙Nos primeiros días de clase tivemos tempo para coñecernos, compartir, escoitarnos e, sobre tod...
24/09/2026

Comezamos un novo curso! 💙

Nos primeiros días de clase tivemos tempo para coñecernos, compartir, escoitarnos e, sobre todo, para reflexionar sobre o lema deste ano: «Construír un mundo máis fraterno». 🤝🌍

Porque un mundo máis fraterno comeza nas pequenas cousas: acoller, respectar, axudar, coidar, compartir e poñernos no lugar dos demais. 💫

Xuntos e xuntas queremos facer da nosa aula un lugar onde todas as persoas teñamos cabida e onde cada xesto conte. 🫶

Comezamos o curso construíndo fraternidade! 💙✨

  Dámosche a benvida ao curso 2026-2027. En La Salleseguimos “construíndo un mundo máis fraterno”, enfocando a nosa mira...
24/09/2026

Dámosche a benvida ao curso 2026-2027. En La Salle
seguimos “construíndo un mundo máis fraterno”, enfocando a nosa mirada
para transformar a realidade desde a educación. A fraternidade, a fe e o
servizo marcan a misión herdada do noso fundador san Xoán Bautista de La
Salle.
Dámosche a benvida ao curso 2026-2027. En La Salle seguimos
“construíndo un mundo máis fraterno”, enfocando a nosa mirada para transformar a
realidade desde a educación. ConstruyendoUnMundoMásFraterno SomosLaSalle
MiraMásAllá

ADEUS, INFANTIL DE 3 ANOS!Hai un ano chegaban ao cole con bágoas nos ollos. Hoxe marchan correndo cara ao patio, xa conv...
21/06/2026

ADEUS, INFANTIL DE 3 ANOS!
Hai un ano chegaban ao cole con bágoas nos ollos. Hoxe marchan correndo cara ao patio, xa convertidos en parte do cole, e despídense deste primeiro chanzo coa ilusión posta en catro anos. Antes de marchar, quixeron deixar pegada, e deixáronla coas súas propias mans: encheron bandexas de pintura de mil cores e, un a un, foron estampando a súa man no papel, cada un coa súa cor e o seu nome ao lado, até converter un simple tronco nun árbore enorme cheo de vida.
Á vez, prepararon a benvida para os máis pequenos que o ano que vén ocuparán as súas clases: sentados no chan, coloreron letra a letra un cartel ben grande que di BENVIDOS. Así quedou listo o agasallo perfecto, un árbore de mans con nomes e un corazón debuxado con agarimo, agardando para recibir aos novos nenos e nenas.
Para despedir a etapa coma se merece, non faltou unha merenda especial entre amigos, con froita fresca e moitas risas. Porque, aínda que cambien de clase, sempre queda algo dese primeiro ano: as primeiras amizades e a certeza de que, no cole, sempre hai sitio para medrar con cariño. Boa viaxe a catro anos, equipiño!

O TEMPO PASA RÁPIDOE parece que foi onte cando comezamos o curso e xa está a piques de rematar.Nas clases de infantil 4 ...
21/06/2026

O TEMPO PASA RÁPIDO
E parece que foi onte cando comezamos o curso e xa está a piques de rematar.
Nas clases de infantil 4 anos estamos a lembrar todos eses momentos polos que damos as GRACIAS,
todas as persoas, actividades, emocións… tamén recibimos a visita dos nenos das aulas de tres anos
para darles testemuña do vivido e subimos a visitar ás aulas de 5 anos onde nos recibiron con moito
agarimo.
En nada, xa voltamos de novo, cheos de enerxía, emoción e ganas de vivir novas aventuras!

Dirección

Praza De San Xoán Bautista La Salle
Santiago De Compostela
15704

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 21:00
Martes 08:00 - 21:00
Miércoles 08:00 - 21:00
Jueves 08:00 - 21:00
Viernes 08:00 - 21:00
Sábado 09:00 - 14:00

Teléfono

+34981584611

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Colegio La Salle Santiago de Compostela publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Colegio La Salle Santiago de Compostela:

Atajos

Compartir

Categoría