17/07/2026
🚀 O teu futuro profesional comeza aquí!
📢 Aínda estás a tempo de matricularte na FP Dual Intensiva no IES A Pontepedriña.
👉 Escolle a formación que mellor se adapta a ti:
🛒 Ciclo Medio de Comercialización de Produtos Alimentarios
📈 Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais
💼 Prácticas remuneradas en empresas de referencia do sector.
🤝 Formación en contornas reais de traballo.
🎯 Unha aprendizaxe orientada á empregabilidade e ás necesidades das empresas.
Se buscas unha formación práctica, con experiencia profesional desde o primeiro día e altas posibilidades de inserción laboral… esta é a túa oportunidade!
📩 Contacta connosco e infórmate das prazas dispoñibles.
30/06/2026
🎓✨ O teu futuro comeza aquí!
📢 Aínda estás a tempo de solicitar praza no ciclo de FP de Comercio e Márketing do IES A Pontepedriña
💙 No IES A Pontepedriña contamos cunha ampla oferta de Formación Profesional.
👉 Non deixes pasar esta oportunidade e solicita a túa praza!
24/06/2026
✨ Hai persoas que deixan unha pegada imborrable. ✨
María Carbajo e Sandra Fernández, do Departamento de Lingua Castelá, pechan este curso unha etapa de catro anos no noso centro. O alumnado de 4º ESO quixo despedilas cunha emotiva homenaxe chea de cariño e agradecemento.
Grazas pola vosa dedicación, polas ensinanzas e por todos os momentos compartidos. Desexámosvos a mellor das sortes nesta nova etapa profesional.
💙 Sempre formaredes parte da nosa comunidade educativa. Moita sorte no voso novo camiño!
17/06/2026
Aberto prazo de solocitudes! Aquí a nosa oferta educativa!
Especial mención á nosa oferta de FP dual intensiva con prácticas remuneradas!
11/06/2026
📚✨ A túa FP, o teu futuro!
No IES A Pontepedriña contamos cunha ampla oferta de Formación Profesional na familia de Comercio e Márketing, adaptada ás necesidades do mercado laboral e con diferentes modalidades de estudo.
🔹 CB Servizos Comerciais
🔹 CM Actividades Comerciais
🔹 CM Comercialización de Produtos Alimentarios (Dual Intensiva)
🔹 CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais (Dual, Dual Intensiva e Distancia)
🔹 CS Transporte e Loxística (Dual Intensiva e Distancia)
🔹 CS Comercio Internacional (Dual e Distancia)
🔹 CS Márketing e Publicidade (Distancia)
🎓 Fórmate nun centro con experiencia e aposta por unha ensinanza conectada co mundo empresarial.
📍 IES A Pontepedriña
Rúa Amor Ruibal, 28 · Santiago de Compostela
📞 881 86 71 52
📧 [email protected]
🚀 Descubre todas as posibilidades da FP e constrúe o teu futuro profesional con nós.