Copegal Asociación a prol da creación do Colexio Oficial de Pedagoxía e Psicopedagoxía de Galicia
(1)

Continuamos compartindo noticias nas que as nosas compañeiras forman parte da noticia.Pedagoxía nos medios e en acción.N...
18/09/2026

Continuamos compartindo noticias nas que as nosas compañeiras forman parte da noticia.
Pedagoxía nos medios e en acción.
Norabóa polo traballo! Orgullo de compañeiras 😍

El taller de Sonia Camino y Rocío Paramá invitó a reflexionar sobre los bulos y la desinformación en redes sociales

Coñecede o percorrido profesional da nosa socia e compañeira Pedagoga, Manuela... Moita pedagoxía agora na Unidade Contr...
17/09/2026

Coñecede o percorrido profesional da nosa socia e compañeira Pedagoga, Manuela...

Moita pedagoxía agora na Unidade Contra a Violencia sobre a Muller.

Unha gran profesional da que podemos aprender moito!

Un orgullo para a nosa rede e para a nosa comunidade!

Norabóa Manuela!

Accede á noticia completa no primeiro comentario

As conclusións do informe PISA 2025 deixan Galicia nunha situación preocupante fronte aos seus resultados anteriores, en...
09/09/2026

As conclusións do informe PISA 2025 deixan Galicia nunha situación preocupante fronte aos seus resultados anteriores, en especial no ámbito da comprensión lectora, aínda que tamén nas competencias matemáticas e científicas. A profesora titular da área de Pedagoxía e Didáctica da UDC Montserrat Castro Rodríguez indica que entre os factores que están en xogo no rendemento das aulas galegas cóntanse a falta de recursos humanos, a presión familiar e académica por acadar certos resultados a un ritmo determinado e, sobre todo, o uso dunha metodoloxía mecánica que leva a ver a aprendizaxe como unha tarefa instrumentalista.

A profesora da UDC Montserrat Castro considera que as metodoloxías empregadas fomentan unha lectura instrumentalista en vez dunha comprensiva

"Comeza un novo curso e con el novos camiños para a Pedagoxía Galega."Para COPEGAL, estar preto do alumnado tamén signif...
08/09/2026

"Comeza un novo curso e con el novos camiños para a Pedagoxía Galega."

Para COPEGAL, estar preto do alumnado tamén significa acompañalo no importante tránsito da universidade á profesión.

E onte, novamente, tivemos a oportunidade de estar co alumnado de 4º do Grao de Pedagoxía da USC na presentación do novo curso universitario.

Desde 2023 estamos a desenvolver itinerarios de formación e orientación laboral para facilitar a incorporación das futuras pedagogas e pedagogos ao mundo profesional, achegándoos aos diferentes ámbitos de traballo e ás competencias que hoxe demanda a profesión.

Agradecidas á Facultade de Ciencias da Educación e ao seu equipo pola súa invitación e por contar con nós un ano máis.

💙 COPEGAL ao lado das futuras pedagogas e pedagogos.

* Se queres unirte á nosa rede, contacta a través do noso mail
[email protected]

01/09/2026

Hoxe, 1 de setembro, o profesor Miguel A. Santos Rego inicia unha nova etapa na súa longa traxectoria académica como Profesor Emérito da Universidade de Santiago de Compostela.

Un novo capítulo que permitirá seguir contando coa súa experiencia, coñecemento e compromiso coa universidade, coa investigación e coa educación, ámbitos aos que dedicou boa parte da súa vida profesional.

Parabéns por este recoñecemento máis que merecido e os mellores desexos nesta nova etapa na USC.

Compartimos unha moi boa nova das nosas compañeiras de Andalucía. Norabóa polo traballo!Un paso moi importante, o recoñe...
15/08/2026

Compartimos unha moi boa nova das nosas compañeiras de Andalucía.
Norabóa polo traballo!
Un paso moi importante, o recoñecemento da pedagoxía no traballo coas persoas maiores.
Sodes un referente e desexamos que Galicia poida continuar os vosos pasos 😊

Importancia de las pruebas de evaluación de competencias clave para el acceso a la formación de los certificados profesionales

Este martes inaugurouse a 21.ª edición do curso de verán da USC "Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0: vio...
07/07/2026

Este martes inaugurouse a 21.ª edición do curso de verán da USC "Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0: violencia sexual, redes sociais, intelixencia artificial e coeducación".

Entre os asistentes ao acto figuraban o alcalde de Lalín, José Crespo; a deputada de Igualdade e Benestar Social da Deputación; Paula Bouzós e a profesora da USC e codirectora do curso, Milena Villar Varela. Tamén estiveron presentes o concelleiro de Igualdade, Avelino Souto; a codirectora do curso e técnica de Igualdade do Concello de Lalín, Susi Payo; e a anterior directora do curso, a nosa compañeira María José Méndez Lois.

Este curso según palabras do alcalde "non sería posible sen que o departamento municipal de igualdade o deseñase. Xa van 20 anos e a necesidade de seguir falando de igualdade permanece constante.

Tamén a norabóa ao noso compañeiro Celso Taboada Lorenzo polo traballo e a continuidade deste foro de formación tan necesario

El alcalde, José Crespo, destacó en la inauguración del curso de verano la importancia de actualizar protocolos y de la continua reflexión

A Xunta de Galicia ten aberto o prazo do *Programa EMEGA 2026*, unha liña de axudas destinada a impulsar o emprendemento...
07/07/2026

A Xunta de Galicia ten aberto o prazo do *Programa EMEGA 2026*, unha liña de axudas destinada a impulsar o emprendemento feminino, apoiar a consolidación de empresas lideradas por mulleres e favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

📌 O programa inclúe diferentes modalidades:

🔹 EMEGA Emerxe: para a posta en marcha de novas iniciativas empresariais promovidas por mulleres.

🔹 EMEGA Impulsa: dirixida á consolidación, mellora e fortalecemento de empresas xa constituídas por mulleres.

🔹 EMEGA Innova: destinada a proxectos innovadores, con compoñente científico, tecnolóxico ou orientados á mellora da competitividade empresarial.

🔹 EMEGA Concilia: axuda complementaria para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das promotoras e das persoas traballadoras.

📅 O prazo de solicitude permanece aberto ata o 3 de agosto de 2026.

O emprendemento na Pedagoxía e na antiga titulación de Psicopedagoxía é tamén unha forma de innovar, responder ás necesidades da sociedade e xerar un impacto positivo.

💡 *Emprender tamén é transformar a sociedade a través do coñecemento, a innovación, a tecnoloxía e o compromiso social. Porque á Pedagoxía empresarial tamén existe e cada vez son máis as profesionais que se animan a xerar e xestionar o coñecemento a través da empresa.

Se tes dúbidas podes contactar con nós
[email protected]

Información sobre o procedemento 👇

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=SI429A

12/06/2026

🎓 En el día de ayer, la Universidade de Vigo ha investido al pedagogo António Nóvoa; autor de la obra publicada en Narcea: "Profesores. Liberar el futuro" como doctor honoris causa, reconociendo una trayectoria ejemplar dedicada a repensar la educación desde los derechos humanos, la democracia y la justicia social.

En su discurso, Nóvoa lanzó un mensaje claro:
👉 La educación debe devolver a la juventud la esperanza en el futuro.
👉 No basta con denunciar los problemas: hay que proponer, construir y crear nuevas posibilidades.
Defendió la educación como un bien común y como un proceso transformador que va más allá de los resultados: es el camino, la reflexión y el aprendizaje compartido lo que realmente nos forma.
¡Enhorabuena profesor Nóvoa!

💡 Accede a la nota de prensa en: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/antonio-novoa-convertese-32o-doutor-honoris-causa-uvigo-reivindicando-educacion-liberdade-esperanza

Na UNED Pontevedra.3 de xuño de 2026De 18:30 a 20:30 h.As familias, o profesorado e as forzas da orde desempeñan un pape...
01/06/2026

Na UNED Pontevedra.
3 de xuño de 2026
De 18:30 a 20:30 h.

As familias, o profesorado e as forzas da orde desempeñan un papel fundamental na prevención, detección e resposta a estes comportamentos.

Esta actividade ten como obxectivo proporcionar ferramentas claras e actualizadas para comprender que é o ciberacoso, como detectalo, como actuar desde a perspectiva das familias, os centros educativos e a sociedade civil, e que mecanismos legais existen para protexer as vítimas.

Página web de Actividades y cursos de la UNED

Dirección

Profesor Vicente Fraiz Andón. (Facultade De Ciencias Da Educación, Campus Vida)
Santiago De Compostela
15782

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Copegal publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a Copegal:

Compartir