19/07/2024
Compartiendo experiencias sobre Infraestructura Verde con los compañeros de Murcia y Extremadura. Enhorabuena por el gran trabajo que estáis haciendo en Murcia. Gracias por la invitación Cruz!
Directora Xeral da Axencia de Desenvolvemento Rural na Xunta de Galicia
19/07/2024
Compartiendo experiencias sobre Infraestructura Verde con los compañeros de Murcia y Extremadura. Enhorabuena por el gran trabajo que estáis haciendo en Murcia. Gracias por la invitación Cruz!
25/04/2024
"Ourense Rural é vida" é un proxecto ourensán que xorde da necesidade de motivar un desenvolvemento rural a todos os niveis.
En San Xoán de Río, destacamos as ferramentas da Lei de recuperación como factores clave para a dinamización do rural galego mediante a innovación.
24/04/2024
reuniunos hoxe de novo, no concello lucense de Cospeito, para tratar os instrumentos de recuperación.
Falamos da potencialidade da Lei de recuperación con representantes de Portugal, avanzando na mobilización de terras en conxunto.
17/04/2024
Esta mañá acompañei á Conselleira do Medio Rural, ao Presidente da Deputación de Ourense, á Xornada sobre territorios rurais intelixentes celebrada no Centro de Loita Integral contra o lume de Toén.
Dende a Xunta de Galicia apostamos polo progreso e por un futuro sustentable coa aplicación de solucións innovadoras nas aldeas modelo, como concepto de territorio rural intelixente 🌱
09/04/2024
Castroverde é un concello lucense profundamente agrogandeiro, razón de máis para apostar por ferramentas que favorezan o seu despegue socioeconómico.
Hoxe falamos cos veciños da potencialidade da concentración de , cuxa posta en marcha permitirá mobilizar 494 hectáreas neste termo municipal.
04/04/2024
Hoxe reunímonos con algúns veciños e veciñas da localidade ourensá de Baños de Molgas para tratar o inicio dos traballos da parcelaria de Almoite.
Estes labores permitirán mobilizar de xeito efectivo preto de 300 hectáreas de superficie beneficiando un total de 435 titulares.
03/04/2024
Moitas infraestruturas galegas posúen un valor patrimonial por ter un marcado significado sociocultural. Deste feito é proba a importancia que posúe para o Concello de Ordes o local social de Bailía, cuxas obras acaban de rematar levando aparellado un investimento de 48.000 euros.
Neste eido, onte asinabamos un convenio para mellorar outro local social, neste caso, localizado no concello ourensán de Oímbra. Este proxecto contará con outros 48.000 euros cuxo principal obxecto é a rehabilitación da infraestrutura en beneficio da calidade de vida dos veciños.
27/03/2024
A Xunta inicia os traballos da parcelaria de Cristimil, no Concello de Lalín, que suporán a reestruturación de 456 hectáreas de 234 persoas propietarias.
A reestruturación parcelaria neste concello está a mobilizar máis de 9.700 hectáreas cun investimento que xa supera os 19 M€ 💪🏼
22/03/2024
Esta mañá, en Salceda de Caselas, presentamos a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa 2023-2027 e da nova marca corporativa do GDR Condado Paradanta.
Traballamos cos GDR para fortalecer o tecido socioeconómico das zonas rurais e fomentar o emprego
19/03/2024
🗣️ Segunda xornada da conferencia , na que interviñen para poñer o foco nas aldeas modelo galegas como exemplo de “smart villages”.
Tiven oportunidade de poñer de relevo todo o traballo que se está a desenvolver nas 21 aldeas modelo de Galicia, así como os catro proxectos piloto de plans de dinamización.
18/03/2024
Hoxe asistimos á 1ª xornada de , espazo no cal pretendemos promover o fomento das aldeas intelixentes en comunidades rurais.
A nosa intención é poñer de relevo a traxectoria destas aldeas en Galicia, vinculándoas á implementación da e á recuperación da terra, dando voz a Galicia 📣
21/02/2024
📤 Destinamos 3 M€ para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo.
Así, reforzamos os servizos públicos e dotacións básicas proporcionados á poboación rural destes núcleos rurais 🔗 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240221/AnuncioO90-281223-0001_gl.html