03/02/2023
Dende o Espazo Miramontes queremos convidarvos ao desfile rechamangueiro en familia que organizamos, en colaboración con diferentes entidades do barrio de San Pedro e das Fontiñas, con motivo das festas de . É imprescindible a inscrición na nosa web.
O obxectivo principal é pasar unha tarde de lecer en familia, adecuada á cativada non sendo un percorrido moi longo, e rematando cunha festa cargada de bailes e música🕺🏻🎶 .
O desfile partirá do centro sociocultural das Fontiñas e rematará en Área Central entrando ao centro pola rúa París (Alcampo).
No noso centro poderedes elaborar complementos para os vosos disfraces os días 4 e 11 de febreirode 2023 de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 previa inscrición.