06/10/2025
Este ano case se nos pasa!, estamos en outubro, xa comenzou o reto .
Abrimos o Taller para que as persoas que vos guste o debuxo, teñades un espacio onde poidades vir a debuxar, entintar, compartir trucos e darse ánimos. Son xornadas de debuxo de balde para persoas adultas e moz@s a partir de 12 anos.
Seguindo as directrices do reto Inktober, non importa estilo, nin se pensas que debuxas ben ou mal, ¿te mola debuxar?, pois anímate e ven, é unha excusa perfecta para practicar, divertirse e aprender entre tod@s.
CANDO: Os luns do mes de outubro, 🕛 horario de 19 a 21h
ONDE: Taller de Artes Plásticas Ana Lombao en Área Central
CÓMO: Ven coa túa libreta e ferramentas de debuxo favoritas. Recoméndase anotarse no ☎653096628 por temas de aforo.
Qué é o Inktober?: Literalmente é "Tinta en Outubro", o reto consiste en facer un debuxo cada día do mes de outubro seguindo os temas propostos.
Regulamento:
1. Fai un debuxo co tema elexido por Inktober para ese día (ou outro tema calquera.)
2. Técnica, a que queiras, lápiz, tinta, acuarela, dixital...✏️✒️🖌💻
3. Compárteo nas redes. Instagram é a favorita. Usa os hashtags e
4. Repite o proceso tantas veces como queiras.
, , , , , , , , ,