24/09/2026
🎶 Nace ‘Sons de Peto’, un ciclo que levará á Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela unha programación de formatos reducidos pensada para explorar outras maneiras de escoitar, compartir e vivir a música na Igrexa da !
➡️ O ciclo basearase en propostas acústicas e semiacústicas, cunha capacidade máis reducido do habitual e unha especial atención á relación entre as persoas creadoras e o público. ‘Sons de Peto’ convida artistas da escena galega a presentar os seus traballos desde perspectivas diferentes ás habituais e a experimentar con outros modos de interpretar e compartir as súas creacións. O resultado son propostas pensadas para favorecer unha escoita máis próxima e directa e para poñer en valor, ao mesmo tempo, a singularidade arquitectónica e acústica da Igrexa da Universidade. O nome do ciclo toma como referencia a idea dos libros de peto e trasládaa ao ámbito musical: actividades e concertos de dimensión reducida que permiten establecer unha relación máis directa entre o que acontece no escenario e as persoas que o comparten.
📆 A primeira programación do ciclo inclúe o concerto de Abril, o mércores 7 de outubro ás 20.30 horas; o obradoiro de canto con Guadi Galego ‘Pélago. Contos oníricos’, o sábado 17 de outubro, de 10.30 a 14.00 horas; e o concerto de Laura LaMontagne ‘A vida fóra dos versos’, o mércores 11 de novembro ás 20.30 horas. O obradoiro de canto con Guadi Galego será de balde, con inscrición previa a través da web da USC, no apartado de Cultura, ata o 2 de outubro.
➕ Info na ligazón ás novas da nosa bio