Estimadas familias,
Recordámosvos que a Asemblea ordinaria da Asociación de pais e nais do colexio Nosa Sra. Dos Remedios, celebrarase hoxe luns 7 de novembro ás 17:00 en primeira convocatoria e ás 17:15 en segunda.
Os puntos do día serán:
1. Renovación da Xunta Directiva.
2. Aprobación das contas da Asociación se procede.
3. Actuacións levadas a cabo dende a última Asemblea.
4. Rogos e preguntas.
A Asemblea terá lugar nas propias dependencias do centro educativo.
Contamos coa vosa presenza.
ANPA do Colexio Nosa Señora dos Remedios
Benvidas e benvidos ao novo punto de encontro da nosa ANPA. Este é un lugar para comunicar, informa
24/10/2022
A Xunta Directiva da ANPA únese a celebración que terá lugar no colexio o próximo xoves 27 de Outubro por mor do Magosto e do Samaín.
Ademais, no noso afán de colaborar coas actividades propostas polo centro, queremos anunciarvos que dita celebración contará coa actuación de DJ Moncho. Queremos que esa tarde se converta nunha xornada de reencontros para toda a comunidade educativa, con castañas, música e ganas de pasalo ben.
🎉🎉🌰🌰🎤🎤🎉🎉
Esperamos poder contar coa vosa presenza!
12/05/2022
Recordámosvos que está aberto o prazo de admisión para o obradoiro "Construción de títeres con materiais de reciclaxe" que se impartirá o próximo 16 de maio de 17:30h a 19:00h.
- O taller está dirixido a tódalas familias do centro (todo neno ou nena participante estará acompañado/a dun adulto).
- O número mínimo de participantes para a realización do obradoiro é de 7 familias.
- O número máximo de participantes é de 40 persoas (contando menores). No caso de superarse dita cifra, as solicitudes ordenaranse polos seguinte criterios:
o Pertenza á AMPA.
o Data de inscrición.
Para poder participar será necesario inscribirse mediante un formulario web. Os datos necesarios serán os seguintes:
• Nome do participante
• Correo electrónico de contacto.
• Idade dos alumnos do núcleo familiar que participarán na actividade.
A inscrición deberá levarse a cabo antes do 15 de maio. Bastará con cubrir os datos anteriores no seguinte formulario:
https://forms.gle/76Gho4y6r3uvKuQa9
O obradoiro serán impartido por Borja Insua, de Títeres Alakrán. Borja estudou o Ciclo Superior de Escultura na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Mestre Mateo en Santiago de Compostela e en Barcelona especializouse na técnica de fío no grupo–taller de marionetas do mestre titiriteiro Pepe Otal. Foi un dos membros fundadores do colectivo Bulubús, que aglutinou a máis de 30 compañías de todo o mundo, participando no Festival Internacional de Títeres de Bilbao. Ademais, ten impartido cursos de construción e manipulación de títeres en Galicia, Bilbao, Cuba e México.
Esperamos que resulte do voso interese.
Obradoiro de Construción de Títeres O presente formulario ten como obxetivo a inscrición no obradoiro de construción de títeres que se celebrará no centro educativo o día 16 de Maio. IMPORTANTE: Necesítanse un mínimo de 7 familias para que o obradoiro se leve a cabo. Os datos necesarios para dita inscrición serán os seguintes...
11/05/2022
Dende a Xunta Directiva compartimos o pesar de toda a comunidade educativa polo falecemento da profesora Susan. O noso máis sincero pésame a todos os seus coñecidos e familia. D.E.P.
30/03/2022
Dende fai uns meses coláronse no centro uns personaxes moi peculiares que están sendo a ledicia dos máis pequenos (e os non tan pequenos). ¿Oístes falar deles? Hoxe queremos presentárvolos.
Ao longo do curso puidemos comprobar que o uso dos monicreques dou lugar a un gran número de actividades por parte do equipo de profesorado, que os empregaron tanto con fins lúdicos coma complemento das actividades do currículo educativo. Por exemplo, amosamos unha fotografía dos alumnos de 4º de primaria que se axudaron dos monicreques para facer unha exposición oral na que debían dar a coñecer ao seu personaxe e describilo.
En xeral, a experiencia con este tipo de material foi moi gratificante polo que estamos seguras de que este traballo non remata aquí.
A compra das marionetas foi realizada pola ANPA grazas a unha subvención da Deputación da Coruña.
Cultura da Deputación da Coruña
30/03/2022
Fai uns días falabámosvos do uso que dende o centro estaban a realizar dos Kamishibai. Hoxe queremos presentarvos á persoa que os fabricou. Trátase de Borja Insua Lema, de Títeres Alakrán. Este ano tivemos a gran sorte de poder contar con el para a realización de diversas actividades, coma os obradoiros de construción de títeres con materiais de reciclaxe, a representación de títeres para o alumnado da ESO e a fabricación tanto dos Kamishibai como do teatrillo de títeres estreado en ditos obradoiros. Moitas grazas pola túa colaboración Borja!
Todas estas actividades e a compra dos materiais correspondentes (incluídos os Kamishibai e o teatrillo) foron posibles grazas a unha subvención da Deputación da Coruña.
Cultura da Deputación da Coruña
30/03/2022
Gran traballo. Parabéns rapaces!
Cultura da Deputación da Coruña
20/03/2022
Non só os alumnos de primaria fixeron uso dos kamishibai. Os alumnos de cuarto da ESO utilizárono tamén para diversas representacións poéticas. No seu caso, foron eles mesmos os encargados de realizar as ilustracións das láminas A3 usadas nas interpretacións. Mirade que auténticas marabillas realizaron.
Todo o material utilizado foi mercado pola ANPA grazas a unha subvención da Deputación da Coruña.
Cultura da Deputación da Coruña
20/03/2022
Estamos encantadas de ver o uso que dende o centro se lles está a dar aos Kamishibai. Coa adquisición deste tipo de material pretendiamos desenvolver habilidades de comunicación en diferentes linguaxes e formas de expresión. O Kamishibai é un xeito orixinal e divertido de contar historias que cativa a nenos e adultos e que conta tamén con varias vantaxes:
• O marco centra a atención do neno polo que coa lectura de contos neste formato é máis sinxelo atraer e manter a atención dun grupo numeroso.
• Esperta a imaxinación e a fantasía entre os oíntes.
• Os nenos participan nun espectáculo colectivo, o que fomenta a diversión e a colaboración en conxunto.
• Contribúe a fomentar o gusto pola lectura e a escritura.
• Permite aos nenos asumir o papel non só de oíntes, senón tamén de intérpretes e creadores.
• É moi axeitado no tratamento integrado de diferentes idiomas.
• Axuda a recuperar a tradición oral e facilita enormemente o contar historias a outras persoas.
Estes Kamishibai foron adquiridos grazas a unha subvención da Deputación da Coruña.
Cultura da Deputación da Coruña
09/12/2021
Recordámosvos que mañá terá lugar o primeiro dos obradoiros de construción de títeres con materiais de reciclaxe. Aínda quedan prazas dispoñibles polo que non dubidedes en anotarvos. Bastará con cubrir o seguinte formulario:
https://forms.gle/eAb3MrT2MjEphALW6
¡Esperámosvos!
Obradoiro de Construción de Títeres O presente formulario ten como obxetivo a inscrición nun dos obradoiros de construción de títeres que se celebrarán no centro educativo os días 10 e 17 de decembro. Os datos necesarios para dita inscrición serán os seguintes: - Data na que desexa asistir ao obradoiro. Ofrécense dúas datas d...
05/12/2021
Queremos invitarvos ao obradoiro para as familias que se realizará no marco do proxecto Incentivando a expresión oral galega a través da expresión artística subvencionado pola Deputación da Coruña. O taller leva por título Construción de títeres con materiais de reciclaxe e impartirase os venres 10 e 17 de decembro de 17:30h a 19:00h.
- Os talleres están dirixidos a tódalas familias do centro (todo neno ou nena participante estará acompañado/a dun adulto).
- O número mínimo de participantes para a realización de cada obradoiro é de 7 familias.
- O número máximo de participantes por obradoiro é de 40 persoas (contando menores). No caso de superarse dita cifra, as solicitudes ordenaranse polos seguinte criterios:
o Pertenza á AMPA.
o Data de inscrición.
Para poder participar será necesario inscribirse mediante un formulario web. Os datos necesarios serán os seguintes:
• Data na que desexa asistir ao obradoiro (a seleccionar entre o 10 ou o 17 de decembro).
• Nome do participante
• Correo electrónico de contacto.
• Idade dos alumnos do núcleo familiar que participarán na actividade.
A inscrición deberá levarse a cabo antes do xoves 9 ou 16 de decembro respectivamente. Bastará con cubrir os datos anteriores no seguinte formulario:
https://forms.gle/eAb3MrT2MjEphALW6
Os obradoiros serán impartidos por Borja Insua, de Títeres Alakrán. Borja estudou o Ciclo Superior de Escultura na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Mestre Mateo en Santiago de Compostela e en Barcelona especializouse na técnica de fío no grupo–taller de marionetas do mestre titiriteiro Pepe Otal. Foi un dos membros fundadores do colectivo Bulubús, que aglutinou a máis de 30 compañías de todo o mundo, participando no Festival Internacional de Títeres de Bilbao. Ademais, ten impartido cursos de construción e manipulación de títeres en Galicia, Bilbao, Cuba e México.
Cultura da Deputación da Coruña
Haga clic aquí para reclamar su Entrada Patrocinada.
Localización
Categoría
Contacto la escuela/facultad
Página web
Dirección
Calle De Las Huerfanas, Nº 5
Santiago De Compostela
15703