CCOO-ENSINO Federación de Ensino de CCOO. Loitamos pola mellora das condicións laborais do persoal docente e laboral, polo estudantado e por un ensino de calidade.

Loitamos para mellorar as condicións laborais do persoal docente e de apoio educativo, polo presente e futuro do alumnado e por un ensino de calidade. ÚNESTE A NÓS PARA DEFENDER OS NOSOS DEREITOS CON CCOO?

📚 Feliz Día da Educación Social!Hoxe recoñecemos o labor das persoas que acompañan, apoian e constrúen futuros.✊ Educar ...
02/10/2026

📚 Feliz Día da Educación Social!

Hoxe recoñecemos o labor das persoas que acompañan, apoian e constrúen futuros.

✊ Educar tamén é transformar.

🟥 Por que CCOO? Balance do noso traballo en defensa do persoal do ensino concertadoPublicamos o balance da acción sindic...
02/10/2026

🟥 Por que CCOO? Balance do noso traballo en defensa do persoal do ensino concertado

Publicamos o balance da acción sindical de CCOO Ensino en defensa das traballadoras e traballadores do ensino concertado.

Para seguir avanzando necesitamos máis forza nos centros. Nas seguintes eleccións sindicais, cada delegada e cada delegado conta.

👇 Consulta o balance completo

📄 Por que CCOO? Balance do ensino concertado (https://ccooensino.gal/wp-content/uploads/2026/10/20260922-Por-que-CCOO-Balance-concertada.pdf)

📩 Queres presentarte ou coñecer a situación do teu centro? Escribe a [email protected]

02/10/2026

🟥 18 sesións no ensino secundario: as titorías

Este setembro o profesorado de secundaria baixou a 18 sesións lectivas. Pero se es titor ou titora, hai máis: impartirás como máximo 17 sesións de clase.

E ollo, esa hora non é o que xa tiñas:

❌ Non é a sesión de titoría co alumnado.
❌ Non é a hora de atención ás familias.
✅ É tempo para sacar adiante toda a burocracia e o traballo que leva ser titor ou titora.

Benefícianse todas as titorías de ESO e bacharelato. E no caso da FP, como ata agora, poderán ter reducións aínda maiores.

🌐 Toda a información na nosa web. (https://ccooensino.gal/acordo-sobre-medidas-de-mellora-do-bulo-ao-dato/)

✅ Grazas ao acordo de CCOO Ensino. Se tes algunha dúbida co teu horario, contáctanos.

🟥 Eleccións sindicais 2026 · Docentes de ensino público non universitarioOnte, 30 de setembro, arrincou o proceso electo...
01/10/2026

🟥 Eleccións sindicais 2026 · Docentes de ensino público non universitario

Onte, 30 de setembro, arrincou o proceso electoral do persoal docente non universitario de Galicia:

👥 O profesorado elixirá os seus representantes nas Xuntas de Persoal das catro provincias.
🗓 A campaña electoral comezará o 17 de novembro e culminará coa xornada de votación o 3 de decembro de 2026

👉 Consulta a nosa guía cos momentos clave, as instrucións e os prazos do proceso (https://ccooensino.gal/eleccions-sindicais-pnu-2026/)

👉 Ademais, presentamos o balance da nosa acción sindical 2022-2026 (https://info.ccooensino.gal/balancePNU-EESS2026-web)

Fronte á confrontación continua e sen solucións, defendemos un sindicalismo que consegue melloras negociando e que se mobiliza cando non hai vontade de negociar.

Tes dúbidas sobre o proceso? Escríbenos. 💬

🟥 Últimas prazas!A memoria democrática tamén se traballa con perspectiva de xénero ✊🏽⚡️👩‍🏫 Ferramentas interdisciplinare...
30/09/2026

🟥 Últimas prazas!

A memoria democrática tamén se traballa con perspectiva de xénero ✊🏽⚡️

👩‍🏫 Ferramentas interdisciplinares para traballar a Memoria Democrática das mulleres: resistencia antifranquista e represión sexuada

Unha formación de 20 horas para abordar na aula a memoria das mulleres que resistiron ao franquismo e as formas específicas de represión que sufriron.

📅 Do 1 de outubro ao 12 de novembro
💻 Modalidade síncrona

ℹ️ Información
📄https://fe.ccoo.es/f6b68f4f8ce7c5883beb7ed3fe01a981000063.pdf

📝 Inscrición
🔗 https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeV-YbeEZ3Y62Md8JzgjnUg0-w17koAjWTn7-ZSxscVqwlSDQ/viewform

🟥 Denunciamos a improvisación da Xunta na elección de destinos tras anos de atraso na estabilizaciónHai apenas unhas hor...
30/09/2026

🟥 Denunciamos a improvisación da Xunta na elección de destinos tras anos de atraso na estabilización

Hai apenas unhas horas denunciabamos que a Xunta daba só tres días para elixir destino. Agora sabemos que a resolución publicada contén erros e terá que ser rectificada.

Falamos dunha decisión que pode determinar onde vai traballar unha persoa de maneira definitiva. Por iso esiximos información fiable, tempo suficiente e un procedemento claro e con garantías.

Despois de anos de atraso, o mínimo é facer as cousas ben.

🌐 Máis información na web:
🔗 https://ccooensino.gal/denunciamos-a-improvisacion-da-xunta-na-eleccion-de-destinos-tras-anos-de-atraso-na-estabilizacion/

30/09/2026

🚨Non imos tragar coa cortina de fume argallada pola Xunta: o seu plan contra o 'absentismo' só pretende agochar a persecución das persoas enfermas e a inxección nas empresas de diñeiro público sen contraprestacións.

➕ Un diálogo social sen a maioría sindical é un simulacro para lexitimar medidas contra a saúde da clase traballadora. Mentres tanto, non se abordan as causas estruturais das baixas médicas.

👉 Para CCOO resulta especialmente sintomática do verdadeiro obxectivo do plan a introdución do concepto de «uso responsable» do sistema de protección, que converte o dereito á saúde nun privilexio condicionado ao comportamento do titular.

🔴 Se o obxectivo é mellorar a saúde laboral, o plan debe ser retirado para comezar unha negociación real.

⏳ ANOS PARA A ADMINISTRACIÓN. TRES DÍAS PARA AS PERSOAS.A Xunta leva anos arrastrando os procesos de estabilización e ag...
30/09/2026

⏳ ANOS PARA A ADMINISTRACIÓN. TRES DÍAS PARA AS PERSOAS.

A Xunta leva anos arrastrando os procesos de estabilización e agora pretende que o persoal afectado resolva en só 3 días hábiles unha elección de destinos para determinar o seu posto definitivo.

📌 Entre as persoas afectadas están o persoal de limpeza e cociña (AP), da escala de auxiliar de cociña (C2) e da especialidade de cociña (C1) que traballa nos centros educativos.

Todo isto cun procedemento obrigatoriamente electrónico, malia que a propia lexislación galega obriga a combater a fenda tecnolóxica e as exclusións xeográficas, xeracionais, económicas ou sociais.

❌ O prazo para rematar estes procesos vencía o 31 de decembro de 2024.
❌ Estamos a finais de setembro de 2026.
❌ E despois de todo este atraso, quen ten que correr agora é o persoal.

A urxencia acumulada pola Administración non pode trasladarse ás persoas traballadoras.

✊ Desde CCOO Ensino reclamamos a ampliación inmediata do prazo.

Despois de anos esperando pola estabilización, 3 días para elixir destino non son aceptables.

👇 Comunicado íntegro, na web:

🌐 https://ccooensino.gal/a-xunta-traslada-ao-persoal-do-pae-as-presas-acumuladas-durante-anos-nos-procesos-de-estabilizacion/

📚 Curso en liña (50 h) | 50 prazasTransformar para educar. Normativa, organización e innovación educativa en infantil e ...
29/09/2026

📚 Curso en liña (50 h) | 50 prazas

Transformar para educar. Normativa, organización e innovación educativa en infantil e primaria.

Se es profe de infantil ou primaria, este curso axúdache a poñerte ao día no que máis se usa no centro e na aula:

✅ marco normativo e documentos de centro
✅ organización, coordinación e xestión (PE, NOFC, PAT, PXA…)
✅ protocolos (absentismo, acoso, protección de datos, NEAE, etc.)
✅ atención á diversidade e inclusión
✅ metodoloxías activas + avaliación formativa e competencial
✅ plans e programas da Consellería (PLAMBE, E-Dixgal, Polos Creativos, Proxecta+, etc.)

🗓 Do 15 de marzo ao 25 de abril
💻 Moodle
⏳ 50 horas
🎟 50 prazas (por orde de inscrición)
💶 De balde para persoas afiliadas a CCOO
💶 100€ para persoas non afiliadas
✍️ Homologado

👇 Toda a información e inscrición, na web

🌐 web (https://ccooensino.gal/transformar-para-educar-infantil-primaria-2026-27/)

🟥 Comité Intercentros de Saúde Laboral: arrincamos compromisos, pero o radon e o amianto seguen sen resposta suficienteO...
28/09/2026

🟥 Comité Intercentros de Saúde Laboral: arrincamos compromisos, pero o radon e o amianto seguen sen resposta suficiente

O Comité reuniuse o 24 de setembro tras a denuncia de CCOO Ensino ante a Inspección de Traballo. Levamos as principais demandas en prevención e estes son os resultados:

✅ Novidades
👉 Anuncio da Consellería dun curso obrigatorio de prevención de riscos laborais, homologable e puntuable, para o persoal funcionario en prácticas a partir do próximo curso.
👉 Avance cara á homologación de toda a formación en prevención, incluídos os cursos de Cualtis.
👉 Campañas de seguridade viaria e de hábitos saudables, e máis reunións telemáticas para reducir desprazamentos.
👉 Enquisa inicial sobre riscos psicosociais nas revisións das avaliacións de riscos.
👉 Máis axilidade nas avaliacións de riscos e nos trámites de risco durante o embarazo.
👉 A Consellería estudará a nosa proposta para que as substitutas na semana 37 de embarazo non teñan que desprazarse para tomar posesión.

❌ O que segue sen resposta suficiente
👉 Radon: a Consellería non prevé comezar as medicións ata febreiro de 2027. Para nós é inaceptable.
👉 Amianto: non facilita os plans de retirada. Seguiremos reclamando información e planificación.
👉 Periodicidade: os comités non poden reunirse a golpe de denuncia.

🌐 https://ccooensino.gal/ccoo-ensino-esixe-avances-reais-en-prevencion-e-arrinca-compromisos-a-conselleria-no-comite-intercentros/

Dirección

Santiago De Compostela
15707

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CCOO-ENSINO publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Escuela/facultad

Enviar un mensaje a CCOO-ENSINO:

Compartir